PROBA DE SETEMBRO


Preparar a proba escrita prevista para 1 de setembro ás 10.00 horas sobre:

1-       GRAMÁTICA: 
- Tipos de palabras (anexo do 1º (páx.94-103) e 2º trimestre: 190-191).
- Colocación de pronomes átonos e conxugación de verbos (na libreta ou no blog).

Exercicios prácticos sobre: 
- A colocación pronomes átonos (repaso 2 ªavaliación no blog). 
- Verbos irregulares (ver páx. do anexo ao tomo do terceiro trimestre ou no noso blog ). 
- Adverbios, preposicións e conxuncións (anexo do 3º trimestre).

2-       LITERATURA: 
- Períodos da literatura galega (tema 1 do libro). No blog: Substrato e Superestrato do galego.
- Lírica MEDIEVAL. No libro páx. 26, 27 e 28/ 46, 47 e 48/ 66, 67 e 68/ 86,87 e 88 e no blog: 
- Tradicional e trobadoresco
- Cantigas de amigo
- Cantigas de amor
- Cantigas de escarnio e maldicir
- Cantigas relixiosas
- Xéneros menores
- DOS SÉCULOS ESCUROS AO REXURDIMENTO.- No libro páxinas: 164-165/ 218,219.220/ 238, 239, 240 e no blog onde atendemos máis aos comentarios de textos destes autores:
SARMIENTO
- ROSALÍA
- PONDAL. 

3-     COMENTARIO E EXPRESIÓN: 
- Textos medievais e/ou de diversa índole (monográfico do libro páx. 196-197. Neste blog podes ver varios comentarios nos enlaces anteriores).
- Recursos literarios (páx. 288-289) e monográficos sobre o comentario do libro páx. 196-197? no 2º trimestre, páx. 292-293 do 3º trimestre e, como xa indicamos máis arriba no propio blog),

 4-  LECTURA e COMPRENSIÓN LECTORA:

-  O contador de estrelas de Jaureguízar (Resumos a entregar no día da proba e poderá haber algunha pregunta da lectura de comprensión lectora no caso de tela pendente).


5- SOCIOLINGÜÍSTICA,   LECTURA e COMPRENSIÓN LECTORA :
En galego por que non? de M Núñez Singala. Lectura e traballo coas actividades a entregar no día da proba que incluirá unha pregunta sobre esta lectura.
Actividades a realizar sobre este libro nos seguintes enlaces:
     - Capítulo 3
     - Capítulo 4 e 5 
     - Capítulo 6
     - Capítulo 7, 8 e 9

Comentarios

Publicacións populares deste blog

TRADICIONAL E TROBADORESCO

COMENTAR UNHA CANTIGA MEDIEVAL

CONTIDOS 2ª AVALIACIÓN