Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Setembro, 2020

O nacemento da lingua e as súas raíces

Imaxe
  Toda lingua, como ser vivo que é ten unha data de nacemento.  Nace da interacción da Natureza e unha comunidade humana asentada nunha terra, semella no seu proceso de nacemento en certa forma a unha planta que nace dunha semente ( a do latín para o caso do galego-portugués), máis que un parto animal, (de aí a importancia do lugar da terra onde nace). Saber que unha lingua, coma unha árbore centenaria, leva nas súas costas unha longa historia anterior ao nacemento e que as súas raíces se afunden séculos e séculos atrás é de vital importancia para valorar o proceso creador do que somos portadores e o que suporía a súa desaparición.  Fíxate nos conceptos básicos de: - ESTRATO: Latín, a lingua base denominada habitualmente nai do galego, o máis parecido a unha semente. A esencia do galego un 80% do seu léxico é latino. - SUBSTRATO: A pegada no galego das linguas previas á chegada do latín. - SUPERESTRATO: A pegada no galego das linguas posteriores ao asentamento do latín, pero previas ao

ASUME A TÚA RESPONSABILIDADE

Imaxe
  O lema deste ano co que imos traballar e que ademais nos vai servir de motor ao longo do curso é: ASUME A TÚA RESPONSABILIDADE!   Trátase realmente de CONSTRUÍR A NOSA RESPONSABILIDADE. A responsabilidade de todos como un labor individual á vez de colectivo. Implica ter clara a igualdade de dereitos, a importancia dos deberes nun mundo complexo rico en diversidade. Somos diferentes en cultura, pero abordamos unha tarefa esencial en común a de compartir un planeta e manter viva a nosa identidade.   Apelar á sensatez nestes tempos de pandemia non pode facer invisible outras cousas das que tamén somos responsables. Bótalle unha ollada ao vídeo: Responde as seguintes cuestións sobre o vídeo procurando argumentar como corresponde a un alumno/a de 3º da ESO: Cantas linguas hai no mundo? Imos perdendo ou gañando linguas? Por que son tan fráxiles as linguas? Por que é imprescindible "espertar"? E xa postos dado que estamos pendentes da COVIB-19 falemos de CONTAXIO: Hai