Publicacións

Mostrando publicacións desta data: abril, 2026

Como achegarnos a Rosalía? Un verdadeiro reto que parte da nosa visión da literatura e de Galicia, a día de hoxe.

Imaxe
  Como nos achegamos á figura de Rosalía de Castro en 2026?  Non cabe ningunha dúbida de que Rosalía segue viva , pero como podemos demostralo, só cunha idea clara que é a de interpretala desde nós, desde a época na que vivimos, ela morreu fai 141 anos, non hai tanto tempo, a súa forma de sentir a vida, de analizar os problemas de Galicia e, en especial, das súas mulleres, ás que escolle como suxeitos do seu dicir. Como podes demostralo? Eis logo o gran reto que tes por diante. Comecemos pola súa biografía, polos seus dicires que son os seus escritos.  As distintas interpretacións que se fixeron da obra de Rosalía, depende de cada época que vai interpretar aos protagonistas de cada momento non tanto por como foron, senón polas claves do presente, por iso é válido tentar un achegamento desde a mirada de hoxe, procurando unha crítica tendente a non caer nas interpretacións do pasado, esas que pasra hoxe xa non valen e, se cadra nunca foron quen de ofrecer un retrato fiel ...

SARMIENTO E OS PRECURSORES DO REXURDIMENTO

Imaxe
 Sarmiento e os chamados precursores do Rexurdimento. Contou Rosalía Unha historia na que se mestura a Rosalía de Castro de verdade con unha das súas novelas máis estrañas:       O cabaleiro das botas azuis Resumimos o argumento desta novela:. Un home, con afán de fama e recoñecemento póstumo, invoca ás musas para que lle inspiren unha nova fórmula poética. No seu lugar acode a Novidade, quen o tomará como o seu protexido e  convérteo no duque da Gloria, unha insólita personaxe, que coa súa extraordinaria vestimenta (botas azuis e bastón con axouxere), chegará á corte escandalizando e atraendo a curiosidade de todos. A súa misión será a de deixar en evidencia, mediante a ironía e a burla, á sociedade madrileña, dominada pola hipocrisía e a vanidade, así como, tamén, á ripia literatura que se comercializaba na época. Considerada pola crítica a máis interesante das novelas de Rosalía e subtitulada como «cuento extraño», constitúe unha enigmática fantasía satí...