Publicacións

Mostrando publicacións desta data: maio, 2026

CONTIDOS DA TERCEIRA AVALIACIÓN

 A 3ª avaliación contará cunha proba escrita 21 de maio, unha serie de comentarios de textos dos autores do Rexurdimento que realizaremos despois da proba escrita e unha lectura do Plan Lector dun texto teatral  coa súa correspondente proba de comprensión e análise do texto.   LITERATURA  DOS SÉCULOS ESCUROS AO REXURDIMENTO. SARMIENTO No libro as páxina 214.  OS PRECURSORES DO REXURDIMENTO páxina 193.  Sarmiento, Xoán M. Pintos, Francisco Añón e Antonio Fdez Morales. ROSALÍA DE CASTRO   no libro de texto páxinas 240, 241 e 242, ademais ler os textos dos exercicios das páxinas 243 á 247. - Estrutura e temáticas do seus libros - Lingua e estilo EDUARDO PONDAL E CURROS ENRÍQUEZ no libro de texto leremos as biografías, pero estudamos singularmente: Obra literarria, lingua e estilo. Principais eixes temáticos e ideolóxicos nas páxinas seguintes: - para Eduardo Pondal 288, 289 e 290 (ademais ler os textos dos exercicios páxinas 291 á 295) - para Curro...

BEGOÑA CAAMAÑO AS LETRAS DO 2026

Imaxe
  O Día das Letras Galegas celebrouse por vez primeira un 17 de maiod e 1963, xusto cena anos despois da saída da imprenta do primeiro libro en galego de Rosalía de Castro, titulado Cantares Gallegos.    Esta ano 2026 homenaxeamos neste Día das Letras a Begoña Caamaño. (1964-2014)  Procuramos unha breve biografía na que destacamos tres facetas a de xornalista a prolo do galego, a de activista feminista e escritora que recrea a mitoloxía grega e céltica.  Reportaxe TVIGO ACTIVIDADES:  0-  Procura unha boa biografía sobre Begoña Caamaño. 1- Que sabes do argumento da Odisea de Homero, considerada a primeira novela da Literatura Occidental escrita hai 2600 anos na Grecia antiga?.                              Escribo para pensar o mundo que eu quero   (Begoña Caamaño) DA MITOLOXÍA GREGA  Tras resumir o argumento da Odisea de Homero, considerada a primeira novela da litera...

PLAN LECTOR 3ª Avaliación (TEATRO): CRIATURAS de Roberto Vidal Bolaño.

Imaxe
  ANTES DE LER: A obra de teatro titulada CRIATURAS de Roberto Vidal Bolaño... REFLEXIONEMOS...  QUE DEBEMOS VER CANDO SE REPRESENTA  UNHA OBRA DE TEATRO? Un xénero literario peculiar porque ten o obxectivo de se representar, un xénero que se identifica formalmente polos  diálogos  dos ersonaxes e as  acoutacións ou aclaracións  que se inclúen para poñela en escena.  O xénero dramático é polo seu contido  o que expresa  conflitos , desacordos, ideas contrapostas, diversas formas de pensar que se enfrontan e que poden rematar en desgraza (traxedia) ou felizmente (comedia). ACTIVIDADES:  Formulemos unha serie de preguntas tras a represetación da última obra da Aula de Teatro do San Narciso.  1- Mirando a ilustración que acompaña ao dítico co que se presenta a obra, cal cres que será o conflito que se plantea nesta representación?  A obra que vistes representada pola Aula de Teatro do Sei San Narciso, titúlase:    ...