PLAN LECTOR 3ª Avaliación (TEATRO): CRIATURAS de Roberto Vidal Bolaño.
ANTES DE LER: A obra de teatro titulada CRIATURAS de Roberto Vidal Bolaño...
REFLEXIONEMOS...
QUE DEBEMOS VER CANDO SE REPRESENTA UNHA OBRA DE TEATRO?
Un xénero literario peculiar porque ten o obxectivo de se representar, un xénero que se identifica formalmente polos diálogos dos ersonaxes e as acoutacións ou aclaracións que se inclúen para poñela en escena.
O xénero dramático é polo seu contido o que expresa conflitos, desacordos, ideas contrapostas, diversas formas de pensar que se enfrontan e que poden rematar en desgraza (traxedia) ou felizmente (comedia).
ACTIVIDADES: Formulemos unha serie de preguntas tras a represetación da última obra da Aula de Teatro do San Narciso.
1- Mirando a ilustración que acompaña ao dítico co que se presenta a obra, cal cres que será o conflito que se plantea nesta representación?
A obra que vistes representada pola Aula de Teatro do Sei San Narciso, titúlase:
FOBOS, unha viaxe baixo o poder das egolatrías
Leamos o seguinte texto que nos fala desta obra:
A Aula de Teatro San Narciso 2026 estreou o seu novo espectáculo na XXVIII Mostra de Teatro de Ensino Secundario do Morrazo celebrada en Cangas o pasado día 29 de abril. Esta obra aborda retallos de actualidade coa idea de erradicar a xenreira das nosas vidas. Catulo, un autor latino escribiu hai dous mil anos:
“Odio e amo, se preguntas por que o fago, non o sei,
pero sinto que ocorre e me torturo.”
2- As obras adoitan tocar temas de carácter universal, preocupacións que nos afectan a todas as persoas no mundo. Saberás indicar cal é a idea que serve de motor desta obra?
Fobos significa “odio” en grego. A nova creación da nosa Aula de Teatro trata sobre este tema universal, motor desta obra na que profundamos á vez na súa causa fundamental, os egoísmos, iso que seguro vos soará, o de non importarnos o que lle pase ao outro, de non pensar nos demais. Denuncia, análise e crítica contra os odios ademais dunha aposta polo amor como antídoto esencial ante a barbarie irracional que nos rodea, á dese home que vén sendo un lobo para o propio ser humano.
Caemos na conta axiña de que lamentablemente moitas veces as persoas son coma ovellas inocentes, obedientes e incapaces de ser persoas de verdade e opoñerse ás circunstancias que lles fan dano que as ataca e destrúe. Propoñemos un percorrido pola falta de empatía na historia, o individualismo e insolidariedade, as desigualdades e a ambición de poder da sociedade actual, sinalamos algo tan evidente como que nas redes sociais triunfan as mentiras. Moitas veces fronte as inxustizas somos débiles cando a única fortaleza que nos garante non ser un rabaño dócil é a necesaria reafirmación da diversidade que caracteriza e identifica á verdadeira humanidade. Esta obra pretende non perder as palabras, facer fincapé no esforzo e a loita por poñermos a pé, deixar de andar a catro patas para rachar co silencio que nos converte nun conxunto submiso de ovellas, para facermos un oco de dignidade neste mundo ferido e difícil no que vivimos.
3- Como explicarías ti a seguinte expresión: O home é un lobo para o propio ser humano?
4- Que significa en galego a palabra grega "fobos"?...Seguro que escoitaches falar de varios tipos de fobias existentes. Enuncia ou localiza alomenos 7 deses "fobos" dos que aparecen explícitamente na obra.
5- Cales son as causas que orixinan ou provocan estes odios?
Rematemos coa lectura:
Fobos é pois unha viaxe con intención e memoria que retrata logo este aspecto tan negativo da sociedade actual como é o malquerer e a indiferenza cara aos demais, perdendo esoutro valor tan humano que é o agarimo e o amor ao próximo. Pasamos pola aversión ao diferente tanto polas súas ideas e crenzas, como pola súa orixe, pola súa desfavorable situación económica, polo simple feito de ser muller e non un home, pola súa forma de entender o cariño e a sexualidade, por desexar ser en liberdade e sentir, vivir ou dicir. Fobias todas elas moi presentes no mundo de hoxe, tremendamente arraigadas e contra as que cómpre procurar reflexión e resposta contundente. Aí está o conflito dramático que poñemos en escena. De aí que usemos o valor didáctico e simbólico da famosa fábula de Pedro e o lobo para combater tanto cúmulo de odio, procurar albiscar ese mundo mellor para a humanidade que se asenta sobre algo tan simple e complexo á vez como son a empatía, a irmandade e o amor.
6- De que dous recursos didácticos se bota man nesta obra? Encóntraslle algunha relación coa imaxe inicial, a das ovellas?
Coñeces a Martin Niemöller (1892-1984) foi un prominente pastor luterano de Alemaña. Na década de 1920 e os primeiros anos da de 1930, simpatizou coas ideas nazis e apoiou movementos políticos de estrema dereita, pero despois de que Adolf Hitler subiu ao poder en 1933, Niemöller volveuse un forte crítico da interferencia de Hitler na igrexa protestante. Pasou os últimos oito anos do dominio nazi, de 1937 a 1945, en prisións e campos de concentración. Niemöller quizá sexa máis coñecido pola súa declaración na postguerra: “Primeiro viñeron polos socialistas, e gardei silencio...”. Este texto utilizaríao logo o autor Bertolt Brecht nunha famosa obra de teatro.
7- Houbo sete escenas nas que soaba unha mesma melodía tocada por Alejandra en directo co seu violonchelo, intenta reflexionar sobre o que tiñan en común?
8- Lembra e describe brevemente dúas escenas que tratan da educación nesta obra, establece os contrastes máis significativos entre ambas.
9- Enumera agora tres momentos da obra, distintas escenas, nas que se denuncie a desigualdade entre xéneros, cantas es capaz de lembrar? Con que recursos dramáticos se evidencian ditas desigualdades?
10- A escena final acumula distintas simboloxías e recursos teatrais. Pensa cales es quen de interpretar explicándoos coas túas palabras.


Comentarios
Publicar un comentario