Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Marzo, 2020

Para celebrar o Día mundial do Teatro

Imaxe
Agora que estamos a pasar unha terrible praga pode ser un bo momento para che propor unha actividade sobre esta obra de teatro de Roberto Vidal Bolaño: Despois de ver o vídeo realizaremos a lectura dalgunha das escenas desta obra do PDF  antes de responder ao seguinte cuestionario: 1- Como se chama a obra sobre a que estamos traballando? 2- Por que cres que leva este título? 3- A meirande parte dos personaxes desta obra que son?       E que sagrada misión teñen? 4- <b>O xénero teatral formalmente identifícase porque establece un diálogo</b> (entre os personaxes ou entre un actor/actriz ou actores/actrices e o público). <b>En canto ao contido defínese por presentar un conflito</b> (un enfrontamento de ideas) que ás veces se resolve felizmente, outras remata en desgraza. Na presente obra, cal cres que é o principal conflito que se presenta? 5- Esta obra é unha traxedia ou unha comedia? Por  que? 6- Esta obra ten unha temática crítica. <i><b&

DOS SÉCULOS ESCUROS E DO REXURDIMENTO, QUE HAI DE CERTO?

Imaxe
Esquema escolar da evolución da nosa literatura e os seus períodos Falaremos nesta entrada destes tres conceptos:  Tradición Oral, Séculos Escuros e Rexurdimento,  estes dous últimos hoxe cuestionados. Imos tentar deixar as claves deste debate á vez que os estudamos porque son os que habitualmente se estudan nos libros de texto de literatura galega. A entrada anterior rematabamos facendo referencia a profunda relación que ten Sarmiento e a súa obra tanto filolóxica como literaria coa tradición oral galega. Este será o punto de partida desta nova entrada para fortalecer a idea dun continuum, dun fío condutor que permite dalgún xeito afirmar cada vez con maior contundencia que ás veces as etiquetas non responden á realidade, son xeneralizacións imprecisas, pero que sen lugar a dúbida esas etiquetas axudan a estudar e ir comprendendo o noso pasado, esa ferramenta necesaria para entender quen somos. QUE NOS CONTAN OS LIBROS DE TEXTO AO USO? O Rexurdimento é un proceso oumoveme

SARMIENTO O PRIMEIRO POETA DA NOSA LITERATURA CONTEMPORÁNEA

Imaxe
 Para celebrar o Día mundial da poesía imos neste mes de marzo, falar do Padre Martín Sarmiento como fundador da literatura galega contemporánea cun longo poema composto de 1200 coplas.   Sarmiento naceu precisamente un 9 de marzo de 1695 en Vilafranca do Bierzo, aínda que viviu a súa  infancia e adolescencia en Pontevedra.  Aos 15 anos ingresa na orde dos bieitos que vestían de negro e marchará a Madrid  momento a partir do cal vai vivir recluído case permanentemente nunha cela (en distintos mosteiros benedictinos da Península). Tan só realizaría,  ao longo da súa dilatada vida, tres viaxes a Galicia que van marcar un antes e un despois na súa traxectoria.  Na viaxe de 1745 vai iniciar unha relación coa súa lingua materna que conduce, sen el ser plenamente consciente, a estudar, investigar sobre o galego ata ser considerado Pai da Filoloxía Galega. Mais  tamén escribirá unha obra Coloquio en 1200 coplas galegas que, a pesar de non ser editada nunca en vida,  sabemos que circul