Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta UNIDADE CERO

UNIDADE O: PANORAMA DA HISTORIA DA NOSA LINGUA

Imaxe
I- AS RAÍCES DA NOSA LINGUA  II- O NACEMENTO, ESPLENDOR MEDIEVAL E DECADENCIA DO GALEGO. III- DOS SÉCULOS ESCUROS  AO REXURDIMENTO E O NACIONALISMO IV DO FRANQUISMO Á ACTUALIDADE V- COMO NACE UNHA LINGUA

NO CAMIÑO, A EMPATíA. ( Unidade 0. Curso 2026/27)

Imaxe
                                                                           Cadea humana no Grove 12-11 2012                                                                                                (Foto de Vítor Mejuto)  Que che suxire esta fotografía?  Que están facendo? Quen a protagoniza? Que expresan para ti?  A ver se acertas que pode simbolizar. Algunha vez te preguntaches por que vivimos en sociedade? Por que o ser humano non pode vivir aillado e de costas ao outro? Cal é a clave para vivir en colectivo?  A resposta está na identid...

UNIDADE 0/ Repaso do Panorama da Historia da Lingua

Imaxe
Como nace unha lingua? AS RAÍCES DA LINGUA NACEMENTO, ESPLENDOR E DECADENCIA MEDIEVAL DOS SÉCULOS ESCUROS E REXURDIMENTO AO NACIONALISMO   DO FRANQUISMO Á ACTUALIDADE Traballo no Día Europeo das Linguas

A MEMORIA DE NOSO: Para que serve a memoria?

Imaxe
Yolanda Castaño ante unha imaxe de Rosalía de Castro Por que falamos da memoria? Falamos da memoria porque é unha ferramenta da humanidade altamente necesaria, para progresar, e o progreso sen coñecemento faise unha tarefa imposible.  Porén non hai memoria sen curiosidade ou afán de saber de nós, ese espello do ser que é a identidade. Como andas de afán por saber?                                                                     E s ti una persoa curiosa?  Todas as persoas somos seres curiosos, temos afán de saber, porque sempre hai preguntas por responder se desexamos medrar.  O afán de saber como se produce?   Pois imos ilustralo cun coitelo que corta ou non, porque está, ou non, ben afiado. Se non temos coitelo, na prehistoria non o tiñan, cortaban con pedras pulidas, logo foron atopando e ...

LITERATURA NAS RÍAS: Eu tamén navegar

Imaxe
Escollemos catro textos de distintas épocas representativos da nosa cultura e o mar para establecer semellanzas e diferenzas, coa idea de comentalas e poñelas en común para poder tirar algunha conclusión neste limiar do curso.   De Martín Códax.     Ondas do mar de Vigo,       se vistes meu amigo? e ai Deus, se verrá cedo?         Ondas do mar levado,   5     se vistes meu amado?        e ai Deus, se verrá cedo?   Se vistes meu amigo, o por que eu sospiro?   e ai Deus, se verrá cedo?   10     Se vistes meu amado, o por que hei gram coidado?        e ai Deus, se verrá cedo?       Na tradición oral   O mar tamén é casado, o mar tamén ten muller   é casadiño coa area, dálle bicos cando quer.   Para ser bon mariñeiro hai que nacer en Marí...

UNIDADE CERO: A RÍA DA EXISTENCIA (curso 24-25)

Imaxe
  Benvidas/os ao curso 24-25. O lema deste curso é A ría da existencia. Dáse a circunstancia que o lugar onde vivimos ten como referencia espacial unha terra na que o mar está moi presente. A ría condiciona logo o noso ser, a nosa identidade. Por iso comezamos este curso no que seguimos preguntándonos quen somos, que é o que nos caracteriza, mirando ao noso mar.  E se falamos de personalidade a lingua tenche moito que ver tamén, bótalle un ollo e estes vídeos: Mais lembra que a lingua como vés tamén está fortemente ligada a terra e, no noso caso, ao mar. 1- Que expresións propias do Morrazo que non coñecías aparecen no vídeo. Toma nota e procura unha versión escrita que explique o seu contido. 2- Unha vez que viches os dous vídeos cres que a lingua que falamos no Morrazo está ligada ao mar e as rías nas que vivimos? 3- Cres que falan distinto noutras comarcas de Galicia? Por que cres que se producen estas diferenzas? 4- En que e diferenza o galego normativo e o galego do M...

UNIDADE CERO: GALICIA, O TEATRO ONDE ACTUAMOS

Imaxe
   Sen deixar de pensar na nosa Rosalía, comecemos este curso con dúas cuestións a tocar nesta UNIDADE CERO.                                                                                                          GALICIA, O TEATRO ONDE ACTUAMOS                                                                            Benvidos ao curso 2023-24 de Lingua e Literatura Galegas. Un curso máis procuramos un lema para o curso que nos axude a comezar o curso marcando un obxectivo. ...

ASUME A TÚA RESPONSABILIDADE

Imaxe
  O lema deste ano co que imos traballar e que ademais nos vai servir de motor ao longo do curso é: ASUME A TÚA RESPONSABILIDADE!   Trátase realmente de CONSTRUÍR A NOSA RESPONSABILIDADE. A responsabilidade de todos como un labor individual á vez de colectivo. Implica ter clara a igualdade de dereitos, a importancia dos deberes nun mundo complexo rico en diversidade. Somos diferentes en cultura, pero abordamos unha tarefa esencial en común a de compartir un planeta e manter viva a nosa identidade.   Apelar á sensatez nestes tempos de pandemia non pode facer invisible outras cousas das que tamén somos responsables. Bótalle unha ollada ao vídeo: Responde as seguintes cuestións sobre o vídeo procurando argumentar como corresponde a un alumno/a de 3º da ESO: Cantas linguas hai no mundo? Imos perdendo ou gañando linguas? Por que son tan fráxiles as linguas? Por que é imprescindible "espertar"? E xa postos dado que estamos pendentes da COVIB-19 falemos de CONTAXIO: ...

26 de setembro Día Europeo das Linguas

Imaxe
Lembra este poema de Manuel María neste Día Europeo das Linguas: O idioma é a chave coa que abrimos o mundo: o salouco máis feble, o pesar máis profundo. O idioma é a vida, o coitelo da dor, o murmurio do vento, a palabra de amor. O idioma é o tempo, é a voz dos avós, ese breve ronsel que deixaremos nós. O idioma é un herdo, patrimonio do pobo, maxicamente vello, eternamente novo. O idioma é a patria, a esencia máis nosa, a creación común meirande e poderosa. O idioma é a forza que nos xungue e sostén se perdemos a fala non seremos ninguén. O idioma é o amor o latexo, a verdade a fonte da que agroma a máis forte irmandade. Renunciar ao idioma é ser mudo e morrer, precisamos a lingua se queremos vencer. Cuestións sobre o poema: - Que recursos literarios destacarías? - Atendendo ao seu contido procura argumentos para explicar  se corresponde a un momento de liberdade ou de escravitude  pa...

A LIBERDADE NA HISTORIA DA NOSA LINGUA (I)

Imaxe
Liberdade... xa o dicía a nosa Rosalía nun momento no que era difícil erguer a voz para falar da liberdade. Imos estudar a relación da liberdade coa lingua galega tomando como punto de partida este texto: "Só cantos de independencia e liberdade balbuciron os meus beizos aínda que ao meu redor sentirá dende o berce xa, o ruido das cadeas que debían aprisionarme para sempre, porque o patrimonio da muller son as cadeas da escravitude. Eu, sen embargo, son libre, libre como os paxaros, como as brisas, como os árabes no deserto e o pirata no mar. Libre é o meu corazón, libre a miña alma, e libre o meu pensamento que se ergue ata o ceo, e descende ata a terra, soberbio como Luzbel, e doce como unha esperanza. Cando os Señores da terra me ameazan cunha mirada, ou queren lixar a miña fronte cunha mancha de oprobio, eu ríome coma eles rin, e fago, en apariencia, a miña iniquidade máis grande que a súa iniquidade. No fondo, non obstante, o meu corazón é bo, pero non acato os...

A ALBA DA LIBERDADE

Imaxe
Este é o lema do que partimos no presente curso. Falamos de  Libertade un concepto que en Galicia e na súa literatura está intimamente asociado a palabras como alba .  Recollida talvez no albor dos tempos coa claridade do día, o latín a lingua nai, trouxo o étimo ata este extremo occidental da península ata facerse totalmente propio. Desde a Idade Media na que nacen as nosas Letras, alba está presente como fórmula trobadoresca e como son para os nosos oídos. Logo de estar na boca de labregos e de reis, cando Galicia era Reino, a alba dos novos tempos trouxo días bos e días malos para esta terra. E como cada idioma precisa dun territorio, as luces e as sombras propias da historia provocaron zonas avesedas, hai quen fala de séculos escuros como trebóns ata que alguén na súa cela accendeu o candil á espera do que sabe que a semente precisa tempo. Tras sementar na terra agardou pola luz. Non tardaron en xermolar as alboradas que Rosalía cantou entre as primeiras para anuncia...