UNIDADE CERO: GALICIA, O TEATRO ONDE ACTUAMOS

 



 Sen deixar de pensar na nosa Rosalía, comecemos este curso con dúas cuestións a tocar nesta UNIDADE CERO.
                                                                                    GALICIA, O TEATRO ONDE ACTUAMOS
                                                                          

Benvidos ao curso 2023-24 de Lingua e Literatura Galegas.

Un curso máis procuramos un lema para o curso que nos axude a comezar o curso marcando un obxectivo.

 

Aquel país das marabillas do curso pasado no presente convértese logo nun teatro onde actuamos unha metáfora onde desenvolveremos traballaremos coas semellanzas que nos permiten identificar a Galicia cun teatro.

 

Muitas veces escoitamos falar do teatro da vida como unha metáfora do vivir, da existencia, pois nela lévase a cabo o noso día a día, os nosos conflitos diarios, coas nosas carencias e cos nosos logros, o espazo concreto de contacto que compartimos cos outros, onde expresamos como verdadeiros personaxes protagonistas portadores de sentimentos de tristura e de ledicia. Ese teatro é un verdadeiro espello do que realmente somos e que se concreta en actos, pois a nosa personalidade depende de como actuamos e nos movemos no mundo.                                                                                                                                                           

No teatro a lingua de noso é esencial, dun xeito ou doutro, é un espazo delimitado e cargado de códigos onde o fundamental é a comunicación. Galicia tamén é un teatro que, como toda cultura nos manifestamos ante o mundo xa que somos nosoutros os seus actores e actrices. Neste teatro representamos unha obra que se chama Galicia, que resulta ser unha representación única e irrepetible, como calquera outra representación dramática.


ACTIVIDADES:

1- En que idioma está a ilustración desta entrada, escríbea en galego na túa libreta como cita inicial do curso.

2- O título ou lema da unidade é unha metáfora, tamén hai metáforas na cita. Que é unha metáfora? Na cita de Charles Chaplin ademais se evocan dous tópicos literarios moi interesantes, o do carpe diem/ tempus fugit. Explícaos.

3- Realiza unha redacción na que expliques porque Galicia á unha peza de teatro que nós representamos.



UNHA CARBALLEIRA e TRES URRACAS

Situémonos. Comezamos non nunha senon cunha Carballeira moi singular a que o pasado 1 de setembro lograba o Premio Nacional á Literatura Dramática que concede anualmente o Ministerio de Cultura. Imos a unha nota de prensa dixital:

  Praza Pública 

 ACTIVIDADES: (despois de ler a reportaxe) 

1- A que credes que se lle pode achacar o recibimento deste galardón A Paula Carballeira? Deámoslle unha resposta razoada procurando tres argumentos de peso: 

2-  Houbo máis autores galegos que recibiran este Premio, un dos máis importantes e prestixiosos recoñecementos en materia de literatura? Cales, en que ano e con que obra?

3- De que trata a obra premiada titulada As Alumnas?



DAS TRES OU CATRO URRACAS, 

O outro problema tamén vai esixir un esforzo suplementario para atopar de entre as tres Urracas, á primeira  raíña galega documentada.  Sirva tamén esta indagación para achegarmos á Idade Media onde o galego-portugués goza dun esplendor maxistral.

a) Urraca de Zamora, filla primoxénita de Fernando I de León, señora de Zamora (ca. 1033 – 1101).

b) Urraca I, esposa de Raimundo de Borgoña e máis tarde de Afonso I de Aragón, e filla de Afonso VI (1082 - 1129).

c) Urraca de Portugal, esposa de Fernando II de León e filla de Afonso I de Portugal (1151 - 1188).

d) Urraca Afonso a Asturiana (Soto, Aller, Asturias, 11331​-Palencia, c. 1179), filla ilexítima de rei Alfonso VII de León, raína consorte de Pamplona polo seu matrimonio co rei García Ramírez.

Será unha maneira de achegarnos ao comezo da materia do curso. Procura a información que precises no seguinte vídeo:



:
ACTIVIDADES:
1- Cal  das tres  Urracas  é a considerada por moitos a primeira raíña de Europa?
2- Que estaba pasando coa lingua no tempo no que reinaba Urraca? Para responder a esta pregunta imos lembrar o seguinte esquema da historia da Lingua e Liteartura galegas que estudamos o curso pasado:

 



Comentarios

Publicacións populares deste blog

TRADICIONAL E TROBADORESCO

COMENTAR UNHA CANTIGA MEDIEVAL

CONTIDOS 2ª AVALIACIÓN