Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta LECTURAS

CRIATURAS

Imaxe
  Foto da montaxe de Teatro do Aquí Sinopse Roberto Vidal Bolaño busca nos mitos o mellor dos referentes, convencido de que neles reside case todo o que importa. Criaturas pon ao descuberto, xa dentro do mesmo título, cales son eses referentes dos que parte, cal o mito no que busca as súas orixes e cal o marco no que inscribe a súa busca. O mito non é outro que o de Prometeo, o primeiro creador de vida artificial. O xénero dende o que o fai é o do terror e as canles farturentas das que bebe, o Frankenstein de Mary Shelley e o maxistral díptico que arredor del realizou nos anos trinta para a Universal James Whale. O que pretendiamos non era outra cousa que indagar e ver de poñer ao descuberto o que a razón ou a civilización podían ter producido de mostroso en nós ou nos que nos rodean. Neses personaxes anónimos, cotiáns, cos que nos cruzamos cada día no paso de peatóns, á volta da esquina, ou na cola do super ou do cine e cos que nos relacionamos con toda naturalidade. Con esa mesm...

PLAN LECTOR 3ª Avaliación (TEATRO): CRIATURAS de Roberto Vidal Bolaño.

Imaxe
  ANTES DE LER: A obra de teatro titulada CRIATURAS de Roberto Vidal Bolaño... REFLEXIONEMOS...  QUE DEBEMOS VER CANDO SE REPRESENTA  UNHA OBRA DE TEATRO? Un xénero literario peculiar porque ten o obxectivo de se representar, un xénero que se identifica formalmente polos  diálogos  dos ersonaxes e as  acoutacións ou aclaracións  que se inclúen para poñela en escena.  O xénero dramático é polo seu contido  o que expresa  conflitos , desacordos, ideas contrapostas, diversas formas de pensar que se enfrontan e que poden rematar en desgraza (traxedia) ou felizmente (comedia). ACTIVIDADES:  Formulemos unha serie de preguntas tras a represetación da última obra da Aula de Teatro do San Narciso.  1- Mirando a ilustración que acompaña ao dítico co que se presenta a obra, cal cres que será o conflito que se plantea nesta representación?  A obra que vistes representada pola Aula de Teatro do Sei San Narciso, titúlase:    ...

PLAN LECTOR 2º trimestre: MADE IN GALIZA de Sëchu Sende

Imaxe
  EU FIXEN OUIGHA CO ESPÍRITO DE CASTELAO FALAR CURTAMETRAXE Ler catro textos dun golpe: NA OFICINA DE OBXECTOS PERDIDOS O LADRÓN DE PALABRAS UF A MULLER QUE VIVIA NO FUTURO   A muller que vivía no futuro é unha reflexión algo máis que sobre o paso do tempo, sobre a falsa apariencia do que virá, pois o futuro realmente comeza hoxe... dúas ideas asentadas sobre dúas metáforas simbólicas superpostas e un tremendo paradoxo. A manhá que está personalizada nunha muller co nome escrito con certa intención coa grafía -nh- que acaba morrendo. Interróganos o texto sobre que sentido ten o presente e especialmente se este existe tendo en conta que ademais o futuro tamén é unha tremenda ilusión incerta sen deixar, sen dúbida, de ser tamén positiva para a xente.    ACTIVIDADES:  Rematar a lectura de 15 textos mínimo para unha proba de lectura e un comentario. Prazo: 15 de abril INSTRUCCIONES PARA EMPEZAR A HABLAR GALLEGO A AGULLA DE MAREAR  NIN EN SOÑOS VOU PERDER...

PLAN LECTOR: PODER NON É QUERER de Noela Rivas

Imaxe
Esta vai ser a lectura para rematar  este 1º trimestre. Á volta de vacacións deberíamola ter lida para realizar a  pertinente proba de lectura o dia 30 de xaneiro. 

LECTURA DA COMEDIA BÍFIDA

Imaxe
  Unha obra de Núñez Singala para rematar o curso. Lectura e proba de comprensión lectora: Un xuízo aos desleaais coa lingua. -  Personaxes Divinos e humanos...

PODER NON É QUERER de Noela Rivas

Imaxe
  Lectura do 2º Trimestre. Leremos unha novela rabiosamente actual, dunha autora nova que ten como obxectivo retratar a mocidade galega de hoxe. Despois da Semana Santa teremos a pertinente proba de comprensión lectora. Boa lectura!  blog da autora

PROBA DE LECTURA DE MADE IN GALIZA E COMENTARIO

Imaxe
  A proba de lectura deste libro constará de dúas actividades, unha proba de comprensión lectora sobre un total de 20 textos, e outra de comentario sobre un dos textos do libro.   Relación de textos do libro para realizar a proba de lectura de comprensión lectora de MADE IN GALIZA de Séchu Sende FALAR CURTAMETRAXE   NA OFICINA DE OBXECTOS PERDIDOS O LADRÓN DE PALABRAS   UF A MULLER QUE VIVÍA NO FUTURO INSTRUCCIONES PARA EMPEZAR  A HABLAR GALLEGO A AGULLA DE MAREAR NIN EN SOÑOS VOU PERDER A MIÑA LINGUA ESTUDO SOCIOLINGÜÍSTICO SOBRE A MOCIDADE BAIXO O EFECTO DAS DROGAS A LINGUA MÁIS DIFÍCIL MADRITH EU NUNCA SEREI YO NH POSITIVO A PRIMEIRA BONECA QUE FALA GALEGO LABORATORIOS SOCIAIS DE NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA O HOME QUE AGARDABA QUE LLE DIXESEN O QUE TIÑA QUE FACER ÁS VECES SINTO QUE NO MEU PAÍS FALATAN PALABRAS O PARACAÍDAS   - ESCOLLER 2 textos máis dos restantes que serán obxecto tamén dunha pregunta da proba de lectura. ...

PLAN LECTOR

Imaxe
  MADE IN GALIZA  COMENTARIO DUN TEXTO DE MADE IN GALIZA A seguir comentamos o texto titulado A lingua máis difícil   Localización, tras da lectura do texto (aparece nas páxinas 69-70). Pertence ao libro Made in Galiza un libro de Séchu Sende que trata desde un punto d evista creativo e crítico sobre a problemática na que se atopa a lingua galega en pleno proceso de Normalización Lingüística, (contexto literario e histórico) un proceso qu ecomeza tras da morte de Franco e a volta da Democracia, a creación da Xunta de Galicia e a introdución por vez primeira na historia do galego nas escolas.   Asunto ou resumo: Unha voz indeterminada fálanos dun país pequeno no que a xente tiña dificultada para falar a súa lingua, tardaba anos en falara, non como lles pasa aos outras 5000 linguas existentes no mundo que aos 13 meses os seus nenos e nenas xa comezan a falalo con naturalidade. Tenta explicar a dimensión desta dificultade que nunca se puido explicar, porque as súa...

PLAN LECTOR : COMEDIA BÍFIDA de Manuel Núñez Singala.

Imaxe
 Para rematar co plan lector na aula imos comezar coa lectura desta obra de teatro de Manuel Núñez Singala. Ao rematar a lectura realizaremos a pertinente proba de comprensión lectora. Esta será a derradeira proba do curso.   

O AXOLOTE DE LARA DOPAZO

Imaxe
 Para este mes de abril de lecturas que xa se achega O Axolote de Lara Dopazo Ruibal será o libro de relatos escollido.   Estamos tentando quedar coa autora. Seguro que para cando teñamos lida a obra teremos ocasión de falar con ela.  Este libro levou o Premio Illa Nova. O xurado destacou as múltiples lecturas do texto, que considera "un conxunto de relatos orixinais, diversos e de grande altura estética". Tamén subliñou o valioso de introducir ambientacións doutras latitudes alleas á galega e do poder do lendario e simbólico. u as múltiples lecturas do texto, que considera "un conxunto de relatos orixinais, diversos e de grande altura estética". Tamén subliñou o valioso de introducir ambientacións doutras latitudes alleas á galega e do poder do lendario e simbólico....

LECTURA DE MADE IN GALIZA

 Relación de capítulos que hai que ler para realizar a proba de lectura á volta das vacacións: CURTAMETRAXE NA OFICINA DE OBXECTOS PERDIDOS O LADRÖN DE PALABRAS  UF A MULLER QUE VIVÏA NO FUTURO A AGULLA DE MAREAR NON VOU PERDER A MIÑA LINGUA  ESTUDO SOCIOLINGÜÍSTICO SOBRE A MOCIDADE BAIXO O EFECTO DAS DROGAS A LINGUA MÁIS DIFÍCIL   MADRITH EU NUNCA SEREI YO NH POSITIVO A PRIMEIRA BONECA QUE FALA GALEGO LABORATORIOS SOCIAIS DE NORMALIZACIÓN LINGÜÏSTICA O HOME QUE AGARDABA QUE LLE DIXESEN O QUE TIÑA QUE FACER ÁS VECES SINTO QUE NO MEU PAÍS FALATAN PALABRAS  O PARACAÍDAS - ESCOLLER 2 textos máis dos restantes que serán obxecto tamén dunha pregunta da proba de lectura. 

LECTURA: MADE IN GALIZA

Imaxe
 Comezamos coa lectura do trimestre. Literatura e sociolingüística conviven e camiñan da man neste MADE IN GALIZA de Sechu Sende. Será unha lectura chea de iniciativas e probas que permitan asentar outras lecturas e iniciativas de cursos anteriores: - A árbore lingüística da nosa aula en 1º da ESO para saber que paso co galego 100 anos atrás.  - En Galego, por que non? de Manuel Núñez Singala unha lectura para combater os prexuízos e aprender a argumentar a favor da lingua en 2º da ESO. - Panorámica da lingua e literatura galega nas aulas de 2º da ESO Agora en 3º da ESO toca abordar esta lectura cargada de propostas para reflexionar e actuar a favor da nosa lingua. INSTRUCCIONES PARA A PRENDER A  HABLAR GALLEGO Actividade: Saberemos facer nós tamén unha montaxe audivisual particular? Cada quen a súa claro está.  EU FIXEN OUIGHA CO ESPïRITO DE CASTELAO Outro modelo de texto dramatizado e convertido en vídeos.    FALAR Comezando polo principio para saber com...

PARA COMENTAR MADE IN GALIZA

Imaxe
PLAN LECTOR: MADE IN GALIZA A modo de presentación: Como traballar co libro?  Imos ler MADE IN GALIZA de Sechu Sende. Será un libro no que teramos que desenvolver dunha selección de relatos  (uns 13 escollidos polo profesor e outros 10 escollidos por cada un de vós) as seguintes actividades: - Un breve comentario literario (tema que trata, recursos máis relevantes do texto, ton e ritmo conclusións) - Unha actividade e/ou  análise sociolingüística.(Que aspectos da relación da lingua coa sociedade se aborda e se resulta novidoso o enfoque)  Iremos propoñendo neste espazo títulos e actividades correspondentes. - MADRITH - NH positivo.  - UF - EU FIXEN OUIGHA CO ESPÍRITO DE CASTELAO - FALAR - NA OFICINA DE OBXECTOS PERDIDOS - INSTRUCCIONES PARA EMPEZAR A HABLAR GALLEGO - A LINGUA MÁIS DIFÍCIL - LABORATORIOS SOCIAIS DE NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA - EU NUNCA SEREI YO - ESTUDO SOCIOLINGÜÍSTICO SOBRE A MOCIDADE BAIXO OS EFECTOS DAS DROGAS - NIN EN SOÑOS VOU PERDER A MIÑA ...

Unha lectura para este Nadal: Rebeldes de Susan E. Hinton

Imaxe
 Trátase dunha famosa novela traducida ao noso idioma que servirá de pretexto para comezar o novo ano lendo en galego. A autora Susan E. Hinton retrata o mundo das bandas rivais das rúas de Nova Iork.  A brimos esta caixa de Pandora logo e xa veremos como nos desenvolvemos como lectores nestes ambientes cargados de violencia, conflitos familiares, ausencia de futuro na que sempre existe unha trémula esperanza.  Como xa comentamos haberá unha proba de lectura á que haberá que presentarse cos resumos escritos a man de cada capítulo da novela. A proba terá como finalidade analizar a estrutura e elementos do texto narrativo lido e valorar fundamentalmente a comprensión lectora e a expresión escrita dos alumnos/as. Todo un achegamento á crítica literaria. Boa lectura! 

MADE IN GALIZA (COMEZAMOS COA LECTURA)

Imaxe
  UNHA LECTURA DISTINTA Trátase dun libro un tanto especial, ademais de ser un texto literario e tratalo como tal, é dicir, unha obra para ler, saborear os relatos e/ou comentalos, tamén imos traballar a partir da lectura aspectos relacionados coa sociolingüística e a creación de textos de diversa índole.  Ao ser un libro de relatos independentes marcaremos un ritmo de lectura en función dos temas que vaiamos abordando sen seguir a orde na que aparecen na edición.  Procuraremos facer da lectura deste libro unha experiencia singular ao tentar levarla ao terreo da expresión oral en ocasións ou  á dramatización e a manexo das TIC en galego, etc... a medida que vaiamos traballando os seus textos na aula.  Veremos como resulta. Para a introdución-presentación desta lectura botaremos man dun pequeno vídeo: Imos seguir unha orde distinta á da aparición dos relatos no libro: EU FIXEN OUIGHA CO ESPÍRITO DE CASTELAO Con que autor/a galego quero eu facer unha ouigha?...

LEMOS EN GALEGO

Imaxe
  O Plan Lector lévanos habitualmente a coñecer e ler sobre un autor actual e novelas tamén ambientadas nos nosos tempos. Imos coñecer a un autor novo Héctor Cajaraville a través do título: O Segredo da Casa de Formoso.  Escoitemos ao autor falándonos da novela:   Como vén sendo norma, lemos resumimos os seus 15 capítulos (capítulo a capítulo) e faremos unha proba de lectura a finais de novembro o día 26 de novembro.  Trátase dun argumento sinxelo, pero que require unha pouca de información de cal foi a verdadeira Guerra Civil que se viviu en Galicia, é dicir, máis que unha guerra houbo un proceso bestial de represión dos vencedores sobre os vencidos que ademais de asasinatos atroces provocou grandes abusos. Isto pode verse na trama desta novela sen chegar a centrarse de xeito exclusivo nesta trama. A importancia que ten asunto para a novela é semellante a espazo que se lle dedica a explicar o segredo, nin máis nin menos. Convén pois consultar unha serie de termo...

Recomendacións de lecturas para este verán

Imaxe
 Agora que xa están abertas as bibliotecas de novo, tamén as librarías. Non quixeramos rematar este curso sen facervos chegar unhas recomendacións de varios títulos para os e as amantes da lectura. Imos comezar por unha novela chea de misterios e tensión: Sete mortes de Carlos Vila Sexto, Editorial Galaxia. A quen lle guste máis unha historia de amor cargada de reivindicación feminista: A cabeza da Medusa de Marilar Alexandre. Editorial Xerais Para os amantes do teatro unha comedia que acaba de escribirse: Atranco no banco   de Núñez Singala. Editorial Galaxia Unha historia de amor, intriga e aventura: O bosque pálido de Jaureguízar Colec. Oqueleo

Celebramos o día do libro lendo e recomendando libros:

  ROSALÍA BLANCO CARLOTA CARBALLO AMANCIO GRAÑA

SEGUIMOS LENDO EN GALEGO, POR QUE NON?

Imaxe
Cuestionario sobre o Capítulo 4 Supoñamos que hai catro persoas galegas e das catro persoas hai unha que non fala galego... 1- Por que falar en galego cando hai alguén que non o fala non é de mala educación? Argumenta con alomenos tres razoamentos ben expostos unha resposta afirmativa, é dicir, non é de mala educación falar galego cando hai alguén que non o fala. Preguntas sobre a lectura do cap 5  de EN GALEGO, POR  QUE NON? Despois de ler o  capítulo titulado : Porque non damos falado ben, responde ao seguinte cuestionario seguindo os criterios que se verteron na lectura: 1-     É normal que a unha persoa que aprende o galego de segunda lingua lle resulte difícil?     Se a dificultade é natural, cal é o problema de fondo para que realmente a aprendamos ben? 2-     Para falar ben unha lingua que hai que é ineludible facer antes? 3-     Por que a un polaco lle pode sreultar máis doado apren...

Para celebrar o Día mundial do Teatro

Imaxe
Agora que estamos a pasar unha terrible praga pode ser un bo momento para che propor unha actividade sobre esta obra de teatro de Roberto Vidal Bolaño: Despois de ver o vídeo realizaremos a lectura dalgunha das escenas desta obra do PDF  antes de responder ao seguinte cuestionario: 1- Como se chama a obra sobre a que estamos traballando? 2- Por que cres que leva este título? 3- A meirande parte dos personaxes desta obra que son?       E que sagrada misión teñen? 4- <b>O xénero teatral formalmente identifícase porque establece un diálogo</b> (entre os personaxes ou entre un actor/actriz ou actores/actrices e o público). <b>En canto ao contido defínese por presentar un conflito</b> (un enfrontamento de ideas) que ás veces se resolve felizmente, outras remata en desgraza. Na presente obra, cal cres que é o principal conflito que se presenta? 5- Esta obra é unha traxedia ou unha comedia? Por  que? 6- Esta obra ten unha temá...