LECTURA: MADE IN GALIZA

 Comezamos coa lectura do trimestre. Literatura e sociolingüística conviven e camiñan da man neste MADE IN GALIZA de Sechu Sende. Será unha lectura chea de iniciativas e probas que permitan asentar outras lecturas e iniciativas de cursos anteriores:

- A árbore lingüística da nosa aula en 1º da ESO para saber que paso co galego 100 anos atrás. 

- En Galego, por que non? de Manuel Núñez Singala unha lectura para combater os prexuízos e aprender a argumentar a favor da lingua en 2º da ESO.

- Panorámica da lingua e literatura galega nas aulas de 2º da ESO

Agora en 3º da ESO toca abordar esta lectura cargada de propostas para reflexionar e actuar a favor da nosa lingua.


INSTRUCCIONES PARA A PRENDER A  HABLAR GALLEGO


Actividade: Saberemos facer nós tamén unha montaxe audivisual particular? Cada quen a súa claro está. 

EU FIXEN OUIGHA CO ESPïRITO DE CASTELAO

Outro modelo de texto dramatizado e convertido en vídeos. 

 FALAR

Comezando polo principio para saber como comentar un texto deste estilo.

Chega o momento de experimentar un primeiro reto e tomar boa nota das reaccións:

Falar en galego con quen non o falas nunca tanto  na casa, cos veciños/as como no centro: Compañeiros e /as e tamén profesores, por suposto amigos/as. Apuntar ben as reaccións para analizalas e ver se son consecuencia dos prexuizos sobre a lingua. 

 A LINGUA MÁIS DIFÍCIL

De que cres que trata este relato? 





Comentarios

Publicacións populares deste blog

TRADICIONAL E TROBADORESCO

COMENTAR UNHA CANTIGA MEDIEVAL

CONTIDOS 2ª AVALIACIÓN