Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Setembro, 2023

NO DÍA EUROPEO DAS LINGUAS

Imaxe
  26 de SETEMBRO DÍA EUROPEO DAS LINGUAS Na procura de novas sobre a lingua nestes días: PRAZA PÚBLICA   O Galego, Eúscaro e Catalán solicitan ser idiomas oficiais en Europa

PANORÁMICA DA LINGUA GALEGA ( UNIDADE CERO)

Imaxe
  PANORÁMICA HISTÓRICA DA LINGUA GALEGA I-               Na prehistoria están as raíces da nosa identidade: Os primeiros habitantes de Galicia eran de orixe pre-indoeuropea e logo cara o século VI antes de Cristo chegarían aquí tribos de celtas, unha das grandes familias indoeuropeas. Ambos deixaron a súa pegada no galego, son o substrato da nosa lingua.   II-           Antes do galego, GALLAECIA : Os romanos chegan ao noso territorio   cara o 131 a .C.. Esta terra tiña unha cultura prerromana que chamamos castrexa. Os romanos establecen unha división provincial na península dándolle o nome de Gallaecia a un territorio maior da actual Galicia,   que chega polo sur ata o río Douro e polo leste ata Cantabria. O latín substituíu as linguas dos anteriores poboadores e será a base sobre a que nacerá o galego. III-        GALICIA, o 1º reino medieval de Europa : Coa chegada dos Suevos, un pobo xermánico, baixo o seu dominio consolídase un reino independente que levará o mesmo nome da

AS RAÍCES DA LINGUA

Imaxe
 ANTES DO NACEMENTO DO GALEGO: Analicemos as raíces da nosa lingua dende o século IX a. C. ata o IX momento no que nace o galego-portugúes como lingua filla do latín como podes apreciar na  anterior ilustración. ACTIVIDADES: 1- Observa o gráfico e a liña do tempo que serve de guieiro temporal para interpretala. Cando chegaron aquí os romanos? De que idioma é filla a nosa lingua, ou dito doutro xeito quen é e strato ou a base do galego? E que sería o avó ou avoa do galego?  2- Concepto de Substrato: Como se define unha lingua de substrato?  Cada lingua ten a súa prehistoria. Explica a partir do gráfico as linguas de substrato do galego. 3. Concepto de Superestrato : Define este concepto. Explica a seguir cales son as linguas de superestrato da nosa lingua e na data ocorre. 4- Por que se chama galego-portugués o idioma resultante aló polo século IX? En que territorios se falaba?.  COMO NACE UNHA LINGUA? 

UNIDADE CERO: GALICIA, O TEATRO ONDE ACTUAMOS

Imaxe
   Sen deixar de pensar na nosa Rosalía, comecemos este curso con dúas cuestións a tocar nesta UNIDADE CERO.                                                                                                          GALICIA, O TEATRO ONDE ACTUAMOS                                                                            Benvidos ao curso 2023-24 de Lingua e Literatura Galegas. Un curso máis procuramos un lema para o curso que nos axude a comezar o curso marcando un obxectivo.   Aquel país das marabillas do curso pasado no presente convértese logo nun teatro onde actuamos unha metáfora onde desenvolveremos traballaremos coas semellanzas que nos permiten identificar a Galicia cun teatro.   Muitas veces escoitamos falar do teatro da vida como unha metáfora do vivir, da existencia, pois nela lévase a cabo o noso día a día, os nosos conflitos diarios, coas nosas carencias e cos nosos logros, o espazo concreto de contacto que compartimos cos outros, onde expresamos como verdadei