Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Febreiro, 2021

Da prosa medieval a Rosalía

Imaxe
 Da prosa medieval a Rosalía hai un longo percorrido e á vez hai un fío de comunicación que une ambos fitos da literatura galega. Imos realizar este percorrido como se partísemos unha laranxa en dúas partes, unha mirando ao pasado e outra ao futuro da lingua. Códex Calixtinus A prosa medieval galego-portuguesa non ten o esplendor da lírica, pero agocha verdadeiras sorpresas non pouco importantes para a literatura galega e mesmo para outras literaturas peninsulares. Falamos de que posiblemente entre os textos perdidos se atopaba, como indican os estudosos, os precedentes da novelas de cabaleirias máis antigos da Península Ibérica (unha posible primeirra tradución do Amadís de Gaula, por exemplo).  Como non podía ser doutra forma nesta prosa documentados os famosos ciclos de Bretaña , o Clásico e o Carolinxio (de como se lle aparece a Carlomagno o apóstolo Santiago) que algunhas clasificacións denominan de non ficción haxiográfica. Ademais hai unha prosa historiografía relevante e out

MADE IN GALIZA (COMEZAMOS COA LECTURA)

Imaxe
  UNHA LECTURA DISTINTA Trátase dun libro un tanto especial, ademais de ser un texto literario e tratalo como tal, é dicir, unha obra para ler, saborear os relatos e/ou comentalos, tamén imos traballar a partir da lectura aspectos relacionados coa sociolingüística e a creación de textos de diversa índole.  Ao ser un libro de relatos independentes marcaremos un ritmo de lectura en función dos temas que vaiamos abordando sen seguir a orde na que aparecen na edición.  Procuraremos facer da lectura deste libro unha experiencia singular ao tentar levarla ao terreo da expresión oral en ocasións ou  á dramatización e a manexo das TIC en galego, etc... a medida que vaiamos traballando os seus textos na aula.  Veremos como resulta. Para a introdución-presentación desta lectura botaremos man dun pequeno vídeo: Imos seguir unha orde distinta á da aparición dos relatos no libro: EU FIXEN OUIGHA CO ESPÍRITO DE CASTELAO Con que autor/a galego quero eu facer unha ouigha?  FALAR Dúas gráficas a