Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Marzo, 2022

PARA COMENTAR MADE IN GALIZA

Imaxe
PLAN LECTOR: MADE IN GALIZA A modo de presentación: Como traballar co libro?  Imos ler MADE IN GALIZA de Sechu Sende. Será un libro no que teramos que desenvolver dunha selección de relatos  (uns 13 escollidos polo profesor e outros 10 escollidos por cada un de vós) as seguintes actividades: - Un breve comentario literario (tema que trata, recursos máis relevantes do texto, ton e ritmo conclusións) - Unha actividade e/ou  análise sociolingüística.(Que aspectos da relación da lingua coa sociedade se aborda e se resulta novidoso o enfoque)  Iremos propoñendo neste espazo títulos e actividades correspondentes. - MADRITH - NH positivo.  - UF - EU FIXEN OUIGHA CO ESPÍRITO DE CASTELAO - FALAR - NA OFICINA DE OBXECTOS PERDIDOS - INSTRUCCIONES PARA EMPEZAR A HABLAR GALLEGO - A LINGUA MÁIS DIFÍCIL - LABORATORIOS SOCIAIS DE NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA - EU NUNCA SEREI YO - ESTUDO SOCIOLINGÜÍSTICO SOBRE A MOCIDADE BAIXO OS EFECTOS DAS DROGAS - NIN EN SOÑOS VOU PERDER A MIÑA LINGUA - O PARACAÍDAS

Día da Poesía

Imaxe
  Para iniciar un Obradoiro de Poesía na aula de 3º ESO A Limiar (a modo de cita do Día) Sentimentos dun poeta octoxenario ante un mes de marzo Excítanme estes días  de flores sen alcance... e marzo que aínda insiste en debuxar con xiz as ameixeiras...   Versos de Manuel Álvarez Torneiro do seu libro Os ángulos da brasa                                                         Premio Nacional de Poesía  no 2013. Un poema non é mais que unha forma subxectiva e íntima de falar dos sentimentos e das emocións de cada quen, de expresar con sinceridade e dun xeito orixinal unha conmoción digna de comunicarse. Un verso é esa forma de falar con ritmo creativo e verbas cargadas de recursos... Que recursos destacarías nos versos anteriores? Fíxate a seguir no título do libro: Os ángulos da brasa . Que cres que é o que se queima e arde para o noso poeta? Procuramos logo comezar coa viaxe a través de máis dunha dúcia de versos doutra poeta nova, nada nos oitenta, que esta viva e é de Marín, por aqui

CONTIDOS 2ª AVALIACIÓN

 LITERATURA - Prosa Medieval 142-143-144 e no blog - O galego medio (Séculos Escuros): Lírica, narrativa e teatro. páx. 162-163 - O comezo da literatura contemporánea: Sarmiento e no libro páx. 164    - Os Precursores do denominado Rexurdimento   e no libro páx. 182-183 e 184 COMENTARIO DE TEXTOS Sarmiento (textos nos enlaces anteriores )   No día de Rosalía e Rosalía no 8-M (na libreta) GRAMÁTICA Repaso de verbos regulares   e verbos irregulares Repaso da colocación e uso dos pronomes átonos As cláusulas coordinadas páx- 138-13c9 LÉXICO Familias léxicas regulares e irregulares páx 154 ORTOGRAFÍA Uso do B páx. 137 e do V páx 157 EXPRESIÓN: As Tanxugueiras e a súa relación coa nosa literatura.

O COMEZO DA NOSA LITERATURA CONTEMPORÁNEA

Imaxe
  Imos saber como a Literatura Galega saiu dos denominados Séculos Escuros e cal o primeiro poeta da nosa literatura contemporánea. Logo para estudar a Literatura contemporánea en galego faise necesario considerar a influencia da  figura do Pai Martín Sarmiento.