Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Decembro, 2021

Unha lectura para este Nadal: Rebeldes de Susan E. Hinton

Imaxe
 Trátase dunha famosa novela traducida ao noso idioma que servirá de pretexto para comezar o novo ano lendo en galego. A autora Susan E. Hinton retrata o mundo das bandas rivais das rúas de Nova Iork.  A brimos esta caixa de Pandora logo e xa veremos como nos desenvolvemos como lectores nestes ambientes cargados de violencia, conflitos familiares, ausencia de futuro na que sempre existe unha trémula esperanza.  Como xa comentamos haberá unha proba de lectura á que haberá que presentarse cos resumos escritos a man de cada capítulo da novela. A proba terá como finalidade analizar a estrutura e elementos do texto narrativo lido e valorar fundamentalmente a comprensión lectora e a expresión escrita dos alumnos/as. Todo un achegamento á crítica literaria. Boa lectura! 

SOBRE A 1ª AVALIACIÓN

 UNIDADE 2  A Noticia p-ax. 37  Léxico: Os prefixos derivación páx. 38    O tempo Metereolóxico páx, 39 O galego antigo das cantigas medievais páx. 40 e prácticas e traballo co léxico na aula e/ou no blog O acento diacrítico. páx 41 Frase nominal e preposicional 42-43 Cantigas de amigo ( tipos e comentario sobre tradicional e trobadoresco no blog ) páx. 48-49 UNIDADE 3 A reportaxe  57 Léxico: A derivación sufixos pax. 58.  Os medios de comunicación páx 59  Lingua e sociedade: Os medios de comunicación e o galego  páx. 60  Ortografía: O uso de punto, coma e punto e coma (As Maiúsculas-I falta grave no presente exame).  Frases substantivas, adxectivas e adverbiais (analise 62 e 63 repaso)  Literatura:  Cantigas de amor  páx. 66, 67 e 68  (ver no blog a teoría do amor cortés )  UNIDADE  4 Literatura: As cantigas de Escarnio e Maldicir 86. 87 e 88 ( ver no blog tamén ) 

AS CANTIGAS DE ESCARNIO E MALDICIR

Imaxe
  A  "Arte de Trovar" que se conserva no Cancioneiro da Biblioteca Nacional de Lisboa é un tratado de poesía medieval moi interesante. Este cancioneiro, descuberto no século XIX en Italia e que mercou o Estado Portugués, é o máis completo dos tres cancioneiros que conservamos (1600 cantigas dos distintos tipos). Presenta un tratado de poética ( Arte de Trovar) que estuda eses diversos tipos de composicións e os trazos formais que as caracterizan. Das cantigas de escanio e maldicir esta Arte de Trovar da época di: " Cantigas d´escarneo son aquelas que os trobadores fan querendo dizer mal dalguén nelas, e dizen-lho per palavras cubertas (que teñen dúas interpretacións)... e estas palabras chaman os clérigos equivocatio . E estas cantigas pódense fazer ben de refrán ou mestría (sen refrán). Cantigas de maldizer son aquelas que fan os trobadores descubertamente. Nelas entran palabras que queren dizer mal e non aver outro entendimento senon aquel que queren dizer aber