Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Xaneiro, 2020

No Día da Paz creamos unha nova versión dun poema

Imaxe
Imitando o seguinte poema de Celso Emilio Ferreiro imos crear o noso propio poema no Día da Paz: <i>Digo Viet Nam e basta Digo bomba de fósforo. Apenas digo nada. Digo lombriga e larva de carne podrecida. Digo nenos de napalm, terror de noite e selva, fedor de cidade e cloaca. Fame, suor, aldraxe, pugas de aceiro, antropofaxia. Digo guerra bestial, tremor de terra, crime, lume, lava, estoupido, verdugo e mortandade en masa. Digo gas abafante. Apenas digo nada. Digo yanqui invasor, depredador de patrias. Digo plutonio, pentágono, esterco bursátil, palanca, Presidente, gadoupa, chuvia, amargura, baba. Digo petróleo, ferro, mineral, trampa, lobo, caimán, polaris, cóbrega, miseria, diplomacia. Digo devastación que USA, usa. Apenas digo nada. Digo Viet Nam i está xa dito todo cunha soia palabra. Para abranguer a vergonza do mundo, digo Viet Nam e basta.</i> Viaxe ao país dos ananos 1968

O verbo das arguinas, barallete e outras xirias

Imaxe
O verbo das arguinas ou falar dos canteiros de Terras de Montes. Unha fala propia dun oficio como o dos pedreiros. Como naceu e como se conservou podemos consultar e ler no  verbo das arguinas no portal das palabras  Sobre o barallete en Nogueira de Ramuín . Un dicionario de barallete Un doca na guchira e un milco nun chián. Un doca na guchira e un milco nun chián. Unha gumarra alberia e un xeno moi choulán…. E os tafenos da gaurra, caloteando ao son, da barrosanta da galleira…… E os tafenos da gaurra, caloteando ao son, da barrosanta da galleira…. Un beiro mirelante e unha romica fioca. Un beiro mirelante e unha romica fioca. Un saltariego guezo e unha liria na zutra… E os tafenos da gaurra, caloteando ao son, da barrosanta da galleira… E os tafenos da gaurra, caloteando ao son, da barrosanta da galleira….

Os xéneros menores e o comentario das pastorelas

Imaxe
Hai no conxunto das cantigas da lírica medieval galaico-portuguesa unha serie de cantigas de difícil clasificación que non encaixan nos tres xéneros principais. De aí que os críticos establezan tres tipos de xéneros denominados menores: A pastorela, o pranto e a tenzón. A PASTORELA : Nesta cantiga aparece a palabra "pastor" referida a unha pastora. Adoitan ser cantigas dialogadas nas que un cabaleiro seguindo os trazos dunha cantiga de amor solicita o favor da "pastor" sendo habitual que esta responda ben aceptando ou ben rexeitando a proposición do  namorado. Esta intervención feminina acostuma tomar algún dos trazos tradicionais característicos da cantiga de amigo. O espazo no que acontece este encontro por veces tamén cobra o simbolismo que teñen algunhas das cantigas máis tradicionais. Quand'eu un día fui en Compostela en romaría, vi ũa pastor que, pois fui nado, nunca vi tan bela, nen vi outra que falasse milhor e demandei-lhi logo seu amo

Cara ao 2º avance

 LITERATURA: As Cantigas de Escarnio e Maldicir e as Cantigas de Santa María  GRAMÁTICA: Repaso xeral de clases de palabras, identificar nun texto os distintos tipos de palabras do mesmo. Para consultar os tipos de palabras libro páx. 95-107 ou clases de palabras  Repaso xeral de verbos irregulares * Recuperación da 1ª para os que teñen a materia suspensa.

AS CANTIGAS DE SANTA MARÍA:

Imaxe
Na lírica galaico-portuguesa medieval atopamos un xénero, o das Cantigas de Santa María que tivo unha curiosa xénese: o empeño do rei Afonso X, o Sabio , por marcar as diferenzas co poder da Compostela daquela época.  Hai pois un interese político para evitar a hexemonía na Igrexa compostelá.   Para minguar a figura de Santiago escolle á Virxe como centro de interese, realiza un primeiro libro coas súas composicións que será a base dun códice posterior, que contén 427 cantigas das que unha parte son obra do propio rei.  Afonso X  curiosamente pasara grandes tempadas na súa infancia en Galicia e fora criado en galego, pero reinará en Toledo, onde nacera e quixo facer desta capital un dos centros culturais máis emblemáticos da Península e de Europa desexando a coroa do Sacro Imperio Romano Xermánico  sen éxito. Autoría Este traballo mandouno realizar a  un scriptorium de autores e escribas en Toledo. O Códice resultante será unha das xoias das creacións da bibliografía medieva