GALIMITOS (II): ITH, fillo de Breogán.
A segunda entrega dos GALIMITOS ten moito que ver coa primeira. desta volta partimos dunha pregunta: Que ten que ver Irlanda con Ith, fillo de Breogán? Para podela responder recomendamos que antes leas e contestes ao cuestionario que aparece máis abaixo. Sabías que existe un libriño escrito por un marinense, Silvestre Gómez Xurxo, que nos conta a historia de ITH? Reproducimos a seguir un anaquiño dun capítulo ao que despois de lelo, debes poñerlle un título atractivo. LECTURA: "É unha tarde fría e clara de inverno. Os ventos do norte que sopran estes días non teñen auga para formaren nubes. Son aires duros que cuartean a pel e queiman os campos. Son aires de xeadas e lobos famentos ouleando na noite. Non é o tempo máis amante, pero Ith vai coma cada tarde á illa e sobe ata o campo da torre. Hoxe vai só. No fondo, é como prefire ir. Os demais quedaban arredor dunha boa larada, sentados xerarquicamente de vellos a mozos, pois ese era o costume...