Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Novembro, 2020

COMENTAMOS UNHA CANTIGA?

Imaxe
  Que é un comentario de texto? IDENTIFICAR E ARGUMENTAR O SEU TEMA CENTRAL  Identificar e argumentar o tema ou a idea central dun texto literario a partir da análise dos seus recursos estilísticos (de contido semántico, os de carácter formal, mesmo os fonolóxicos, especialmente se falamos dun texto lírico) e tendo sempre moi presnete o contexto cultural, histórico e social do mesmo. Bótalle unha ollada ao esquema dun comentario de textos: A cuestión do autor/a? IDENTIFICAR O AUTOR/A  Hai comentario que nos esixen que asociemos o texto a un autor ou a unha corrente literaria. Tam´ne pode haber ocasións nas que se nos informe sobre o autor/a e contemos con ese dato para comezar o noso comentario.  Non é pouco importante coñecer o autor ou autora do texto, polo que isto significa á hora de datar e contextualizar ese texto no conxunto da súa obra escrita como para localizar o noso comentario nun determinado contexto literario e a época na que foi composto.   COMENTAMOS UNHA CANTIGA DE AMI

LEMOS EN GALEGO

Imaxe
  O Plan Lector lévanos habitualmente a coñecer e ler sobre un autor actual e novelas tamén ambientadas nos nosos tempos. Imos coñecer a un autor novo Héctor Cajaraville a través do título: O Segredo da Casa de Formoso.  Escoitemos ao autor falándonos da novela:   Como vén sendo norma, lemos resumimos os seus 15 capítulos (capítulo a capítulo) e faremos unha proba de lectura a finais de novembro o día 26 de novembro.  Trátase dun argumento sinxelo, pero que require unha pouca de información de cal foi a verdadeira Guerra Civil que se viviu en Galicia, é dicir, máis que unha guerra houbo un proceso bestial de represión dos vencedores sobre os vencidos que ademais de asasinatos atroces provocou grandes abusos. Isto pode verse na trama desta novela sen chegar a centrarse de xeito exclusivo nesta trama. A importancia que ten asunto para a novela é semellante a espazo que se lle dedica a explicar o segredo, nin máis nin menos. Convén pois consultar unha serie de termos que aparecen liga