Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Abril, 2020

VERBOS IRREGULARES

Imaxe
VERBOS IRREGULARES EN GALEGO Un verbo irregular é o que cambia de raíz ao conxugarse, pero cando o fai?  Presente indicativo : vou, digo, son,  hei, veño...  Pretérito indicativo:  fun, dixen, fun, houben, vin  RAÍZ DE PRESENTE:  Fíxate nos presentes de indicativo  porque hai que sabelos moi ben: A raíz de presente úsase habitualmente para outros tempos, agás os que deben usar a raíz chamada de Perfecto.  RAÍZ DE PERFECTO: Logo hai 4 tempos que se corresponde a 2 tempos en Indicativo e outros 2 en Subxuntivo que usan a raíz denominada de perfecto que son:                                                                Pretérito IND.                 Pretérito SUBX.                                                Antepretérito IND.          Futuro SUBX. Precisamente sobre o Futuro de subxuntivo debemos saber que mentres nos verbos regulares coinciden a conxugacion deste tempo coa do infinitivo conxugado, nos verbos irregulares presentan raíces distintas e son diferentes

Celebramos o día do libro lendo e recomendando libros:

  ROSALÍA BLANCO CARLOTA CARBALLO AMANCIO GRAÑA

SEGUIMOS LENDO EN GALEGO, POR QUE NON?

Imaxe
Cuestionario sobre o Capítulo 4 Supoñamos que hai catro persoas galegas e das catro persoas hai unha que non fala galego... 1- Por que falar en galego cando hai alguén que non o fala non é de mala educación? Argumenta con alomenos tres razoamentos ben expostos unha resposta afirmativa, é dicir, non é de mala educación falar galego cando hai alguén que non o fala. Preguntas sobre a lectura do cap 5  de EN GALEGO, POR  QUE NON? Despois de ler o  capítulo titulado : Porque non damos falado ben, responde ao seguinte cuestionario seguindo os criterios que se verteron na lectura: 1-     É normal que a unha persoa que aprende o galego de segunda lingua lle resulte difícil?     Se a dificultade é natural, cal é o problema de fondo para que realmente a aprendamos ben? 2-     Para falar ben unha lingua que hai que é ineludible facer antes? 3-     Por que a un polaco lle pode sreultar máis doado aprender galego en catro meses que a un asturiano? 4-     Seica a franceses, britá

GALIMITOS (II): ITH, fillo de Breogán.

Imaxe
A segunda entrega dos GALIMITOS ten moito que ver coa primeira. desta volta partimos dunha pregunta:   Que ten que ver Irlanda con Ith, fillo de Breogán? Para podela responder recomendamos que antes leas e contestes ao cuestionario que aparece máis abaixo. Sabías que existe un libriño escrito por un marinense,  Silvestre Gómez Xurxo,  que nos conta a historia de ITH?  Reproducimos a seguir un anaquiño dun capítulo ao que despois de lelo, debes poñerlle un título atractivo. LECTURA: "É unha tarde fría e clara de inverno. Os ventos do norte que sopran estes días non teñen auga para formaren nubes. Son aires duros que cuartean a pel e queiman os campos. Son aires de xeadas e lobos famentos ouleando na noite. Non é o tempo máis amante, pero Ith vai coma cada tarde á illa e sobe ata o campo da torre. Hoxe vai só. No fondo, é como prefire ir. Os demais quedaban arredor dunha boa larada, sentados xerarquicamente de vellos a mozos, pois ese era o costume que se seguía de v

GALIMITOS (I): Breogán

Imaxe
Trátase dun reto sinxelo  Desenvolver un  pequeno traballo de investigación   sobre a mitoloxía galega para responder nun parágrafo (20 liñas maximo) despois de indagar a resposta á seguinte cuestión: A torre de Hércules na Coruña    que relación garda con Breogán? Pistas:  - Breogán e Hércules pertencen a mitoloxías distintas. - No mito aparece unha illa cuxa bandeira é esta: - Imprescindible falar dos difusores de Breogán no século XIX: Murguía e Pondal.   Atención: Despois de redactado ese parágrafo, envíame a resposta ao correo electrónico da aula. 

PORQUE APRENDER GALEGO É UNHA PERDA DE TEMPO SE TODOS FALÁSEMOS INGLÉS NON HABERÍA PROBLEMAS PARA ENTENDERSE.

Imaxe
  Un insulto á intelixencia! Hai razoamentos como o que aparece no título que non deixar de ser o que popularmente se di: Un insulto á intelixencia! Imos seguir co lectura do noso libro EN GALEGO, POR QUE NON? de Manuel Núñez Singala para procurar desmontar este tremendo prexuízo que agocha semellante afirmación. "Escóitase con frecuencia, ata puidese parecer algo sensato: O desexo de que houbese unha única lingua para que toda a humanidade poida comunicarse sen problemas, sería algo moi práctico, non che parece? En realidade tratase dunha frase moi velenosa. Para que o comprendas ben vouche contar unha historia coa que pretendo engañarte. Estate moi atento porque cando menos o esperes, zas! Intentarei tomarche o pelo! Tres amigos deciden un día celebrar algo indo cear xuntos. De xeito que van a un bo restaurante e piden de comer e de beber o que lles apetece. Cando rematan solicitan a conta. O camareiro, moi amable, dilles que en toral son 250 euros. Cada un d