Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Xuño, 2020

PROBA DE SETEMBRO

Preparar a proba escrita prevista para 1 de setembro ás 10.00 horas sobre: 1-        GRAMÁTICA:  - Tipos de palabras (anexo do 1º (páx.94-103) e 2º trimestre: 190-191). - Colocación de pronomes átonos e conxugación de verbos (na libreta ou no blog ). Exercicios prácticos sobre:   - A colocación pronomes átonos ( repaso 2 ªavaliación no blog ).  - Verbos irregulares (ver páx. do anexo ao tomo do terceiro trimestre ou no noso blog ).  - Adverbios, preposicións e conxuncións (anexo do 3º trimestre). 2-        LITERATURA:   - Períodos da literatura galega (tema 1 do libro). No blog:  Substrato e Superestrato  do galego. - Lírica MEDIEVAL. No libro páx. 26, 27 e 28/ 46, 47 e 48/ 66, 67 e 68/ 86,87 e 88 e no blog:   - Tradicional e trobadoresco - Cantigas de amigo - Cantigas de amor - Cantigas de escarnio e maldicir - Cantigas relixiosas - Xéneros menores - DOS SÉCULOS ESCUROS AO REXURDIMENTO .- No libro páxinas: 164-165/ 218,219.220/ 238, 239, 240 e no

Recomendacións de lecturas para este verán

Imaxe
 Agora que xa están abertas as bibliotecas de novo, tamén as librarías. Non quixeramos rematar este curso sen facervos chegar unhas recomendacións de varios títulos para os e as amantes da lectura. Imos comezar por unha novela chea de misterios e tensión: Sete mortes de Carlos Vila Sexto, Editorial Galaxia. A quen lle guste máis unha historia de amor cargada de reivindicación feminista: A cabeza da Medusa de Marilar Alexandre. Editorial Xerais Para os amantes do teatro unha comedia que acaba de escribirse: Atranco no banco   de Núñez Singala. Editorial Galaxia Unha historia de amor, intriga e aventura: O bosque pálido de Jaureguízar Colec. Oqueleo

DE MARÍN: CANTOS CANTOS E CANTOS CONTOS COÑECES?

Imaxe
O pobo galego é un pobo no que a tradición oral mantén unha fortaleza grande seguramente debido a que dalgún xeito segue moi viva. Pero ti que contos de Marín sabes, que cantos cantas relacionados coa túa terra? Esa é unha cuestión sobre a que imos reflexionar hoxe. Normalmente recibimos esta información cultural do noso entorno familiar e veciñal máis próximo. Pode manifestarse en eventos parroquiais ou municipais, mesmo nalgún festexo de carácter comarcal...así se viña transmitindo esa parte da nosa identidade. En 1º da ESO falamos de varias das temáticas recorrentes da nosa tradición oral: mouros/as, a morte, os lobishomes... pero quedan outras moitas por explorar.  Seica foi en segundo cando falamos das sereas,,, pero igual non falamos da Serea da Praia de Mogor, tampouco falamos moito do Buraco do Inferno ou doutros elementos mitolóxicos que é por onde imos comezar hoxe: Procura a historia da Serea de Mogor na páxina Galicia Encantada . Para quen queira afondar hai moita lit

NO BICO UN CANTAR OU DE CANDO ROSALÍA DEIXOU DE PUBLICAR EN GALEGO

Imaxe
 Imos rematar como comezamos o curso dándolle unha revisión crítica a Rosalía., imos fixarnos na persecución de Rosalía no seu tempo. Seguramente de viviren máis tempo Rosalía tería volto a publicar en galego, pero a cousa é  sabermos por que deixou de facelo en vida? Ímolo descubrir da man dun autor coetáneo, Curros Enriquez, e dunha autora dos nosos días, Mª Xosé Queizán: Dedicado a Rosalía, tras da súa morte,  o poeta Curros Enríquez escribiu este impresionante poema: Do mar pola orela mireina pasar, na frente unha estrela, no bico un cantar. E vina tan sola na noite sin fin, ¡que inda recei pola probe da tola eu, que non teño quen rece por min! A musa dos pobos que vin pasar eu, comesta dos lobos, comesta se veu… Os ósos son dela que vades gardar. ¡Ai, dos que levan na frente unha estrela! ¡Ai, dos que levan no bico un cantar! Manuel Curros Enríquez Neste poema Curros debuxa unha Rosalía ben distinta da que se empeñaba en miti