Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Outubro, 2019

DEFUNTOS:

Imaxe
A romaría dos ataúdes en Sta. Marta de Ribarteme. Realizar unha reportaxe sobre a festividade dos Defuntos. Que é unha reportaxe? Podes consultar  a páxina do libro e tamén en textos xornalísticos Enlaces a consultar sobre os que xa temos traballado en cursos anteriores: - No País dos Mortos . - A tradición oral no mes de Defuntos . - Defuntos no Morrazo . Procura engadir algo máis produto da túa propia investigación sobre esa esècial relación da nosa terra, Galicia, coa morte.

As raíces da nosa lingua: Substrato e superestrato

Imaxe
Toda lingua nace da interacción da Natureza e unha comunidade humana asentada nunha terra, (de aí a importancia do lugar). Saber que unha lingua leva nas súas costas unha longa historia e que as súas raíces se afunden séculos e séculos atrás é de vital importancia para valorar o proceso creador do que somos portadores e o que suporía a súa desaparición. Fíxate nos conceptos de: - ESTRATO: Latín, a lingua base denominada habitualmente nai do galego. - SUBSTRATO: A pegada no galego das linguas previas á chegada do latín. - SUPERESTRATO: A pegada no galego das linguas posteriores ao asentamento do latín, pero previas ao nacemento do galego. Debemos tamén coñecer os distintos tipos de Substratos e Superestratos e as datas das que estamos falando. Por último, indagar un par de palabras de cada un distintos substratos e tamén dos superestratos citados. Lembra as etapas da historia da lingua galega que estudamos o curso pasado como unha panorámica e que este curso repasamos d

TRADICIONAL E TROBADORESCO

Imaxe
O tradicional e o trobadoresco na lírica medieval galego-portuguesa En Galicia, o reino medieval máis vello de Europa, temos moitos indicios da existencia dende vello dunha tradición oral popular que crearía cantigas entre elas un tipo de canción feminina de temática amorosa , interpretada polas mesmas mulleres, tradición que, en boa medida, persistiu ata os nosos días a través das cantadeiras. Mais a literatura culta escrita en galego-portugués non comezará ata o século XIII coa chegada da moda do Lirismo Provenzal grazas ao Camiño de Santiago que trouxo a Compostela en peregrinación cos nobres occitanos as ideas do amor cortés ou trobadorismo e os seus gustos poéticos. Deste encontro entre a canción feminina tradicional e a lírica trobadoresca da Provenza comezan a escribirse as nosas cantigas en galego-portugués por autores galegos que tomando como modelos a lírica tradicional oral autóctona e o trobadorismo crearán os xéneros que hoxe coñecemos das cantigas de amigo, as