Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Xaneiro, 2024

AS CANTIGAS DE SANTA MARÍA E OS XÉNEROS MENORES

Imaxe
 Para rematar coa lírica medieval, despois de estudar as Cantigas Líricas de amigo e de amor e as Cantigas Satíricas de Escarnio e Maldicir, imos coas Cantigas relixiosas e os denominados xéneros menores.  CANTIGAS DE SANTA MARÍA XÉNEROS MENORES  Para saber máis...

AS CANTIGAS SATÍRICAS: Diferenza entre Cantiga de Escarnio e Maidicir.

Imaxe
 As Cantigas Satíricas son un grupo de cantigas que teñen como obxectivo a crítica ou a burla. Na Arte de Trobar diferenza entre cantigas de escarnio e as de maldicir. Había unha cantiga provenzal chamada sirventés que tiña intención moralizante e que foi imitada como por exemplo nesta Cantiga de Airas Núnes sobre a procura da verdade no mundo: É habitual unha crítica política, por exemplo contra a covardía  da nobreza cristiá na guerra de Granada: O que da guerra levou cavaleiros Pero o número maior de cantigas que se conservan son as denominadas sátiras sociais e de costumes , nas que se critica a persoas ou colectivos, vicios, comportamentos e defectos físicos destacando a nobreza, o clero e as mulleres. Cantigas de escarnio son as que realizan crítica indirecta usando dobres sentidos e equívocos (non acostuma a introducir un nome propio). Vexamos un exemplo: Pola contra as que se consideran cantigas de maldicir son críticas directas polo que acostuman a introduir un nome concreto