Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Marzo, 2021

PARA DESPOIS DAS VACACIÓNS... Toponimia, lectura e comentarios

Imaxe
   Nos próximos días abordaremos: Toponimia de Marín : Localizamos nun mapa 10 ou máis microtopónimos próximos ao lugar onde vivimos. Podes usar o enlace no blog específico. Rematamos coa lectura de Made in Galiza para despois das vacacións realizaremos unha proba de lectura con estes textos como protagonistas: CURTAMETRAXE  NA OFICINA DE OBXECTOS PERDIDOS  UNHA PALABRA COMÚN O LADRóN DE PALABRAS MADRITH O PAÍS QUE FALABA LABORATORIOS SOCIAIS DE SOCIOLINGÜÍSTICA ÁS VECES SINTO QUE NO MEU PAÍS FALTAN PALABRAS EU NUNCA SEREI YO PARACAÍDAS COMENTARIO DE TEXTOS : QUE É UN COMENTARIO DE TEXTO LITERARIO?   Un comentario dun texto literario é unha interpretación que se fai sobre unha obra en prosa ou en verso dun autor/a. Esa interpretación parte do tema ou idea central que, o que comenta, argumenta tras da lectura do mesmo seguindo unha análise das distintas características ou trazos que presenta ese texto.   ESQUEMA PARA A REALIZACIÓN DUN COMENTARIO Para facer un comentario de texto debe

ENTRE A POESÍA E O TEATRO

Imaxe
 Como celebramos  un Día da Poesía xa pasado (21 de marzo) e  outro Día do Teatro por chegar (27 de marzo).  Tivemos con nosoutro/as á autora Lara Dopazo Ruibal por ser muller e autora ... e por apartarse algún tanto ...das vulgares preocupacións  coas que se pretende manchar o meu país    Rosalía de Castro (Dedicatoria de  Cantares Gallegos)   O obxectivo co que programamos este encontro é realizar, a partir duns textos propostos pola mesma Lara Dopazo,  unha reflexión práctica sobre a Literatura galega no momento actual baixo a mirada atenta e distinta dunha muller e autora.  Emulando as palabras de Rosalía na súa coñecida dedicatoria a Fernán Caballero, quixeramos actualizar a visión dos nosos alumnos/as sobre a literatura de noso. Será un encontro que parta como un club de lectura ao uso dun tríptico de composicións, un poema poderoso e dous relatos, un marabilloso e conmovedor e outro intrigante e fluído: OS LOBOS NA CASA DE ESAÚ. AXOLOTE CHISPA   Da lectura dos text

De cara á 2º Avaliación

Imaxe
 Unidade 6  Literatura : PROSA MEDIEVAL 142,143,144  e no blog:  Da prosa medieval a Rosalía: A tradición oral e  O 1ºEspertar cultural de Galicia , no blog. Léxico   Palabras patrimonias e cultas 134 Libros e bibliotecas. páx 135  50 PEIXES DA PRAZA DE ABASTOS: Cales son os pataghullos? Ortografía do " b" 137 Gramática : Claúsulas coordinadas 138-139 Repaso de pronomes persoais tónicos e átonos. Colocación .(ver no blog de 2º ESO).  Unidade 7   Léxico : Familias léxicas regulares e irregulares pax. 154   Do latín ao galego no blog.    As novas tecnoloxías páx 155  Ortografía uso do "v"   Gramática:   Claúsulas subordinadas substantivas. Literatura ; SARMIENTO, Primeiro autor da Literatura Galega Contemporánea   e na páx. 164 

Do latín ao galego

Imaxe
 Tras coñecer polo libro de texto as palabras patrimoniais e cultas e como hai procesos na evolución do galego que provocan familias léxicas irregulares como poden ser:  A perda no século X dos eles intervocálicos, ou no século XI-XII dos -n- entre vogais ( páx. 154) Imos coñecer algúns trazos máis característicos da evolución do latín ao galego.  Tamén imos fixarnos nos novos usos da grafía  X  que se fai moi recorrente e que provoca novos ditongos na evolución do latín ao galego:  Cuestións: 1- No primeiro cadro organiza en trazos conservadores e innovadores. 2- Procura algún exemplo máis de cada un dos trazos.   Apuntamento: