Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Xaneiro, 2022

Proba 2º Avance

 LITERATURA OS XÉNEROS MENORES  A Pastorela, a Tenzón e o Pranto  páx. 122-123 As Cantigas de Santa María. 124-125 COMENTARIO DE TEXTO - As Pastorelas  - As Cantigas de Santa María   Repaso dos conceptos para o comentario: Tradicional e trobadoresco. GRAMÁTICA  REPASO: Verbo en Galego Verbos Regulares Verbos Irregulares PLAN LECTOR REBELDES (proba de lectura e comentario) 

Tanxugueiras e a lírica medieval.

Imaxe
Comezamos o ano 2022 cunha actividade de creación sobre a que tamén poder debater. Ten algo que ver o grupo de pandereteiras que se posicionan como candidatas para o Festival de Eurovisión, representando ao Estado Español co fenómeno da Lírica medieval galaico-portuguesa? . A resposta a esta pregunta será logo o tema co que iniciamos o curso tras das vacacións de Nadal, repasando o que xa sabemos da Lírica medieval e unha cuestión de plena actualidade. O primeiro punto para esta avalición podes gañalo procurando logo unha exposición ben estruturada que responda a esta pregunta.  Para saber  máis sobre o grupo podedes consultar nas redes  na súa páxina oficial quen son e que fan Tanxugueiras  e outras moitas que podes atopar:  No Alalá 218 No Luar da TVG Malquerencia video clip directo Contrapunto Vídeo da actuación na semifinal: Na mentres esta exposición non chega imos seguir avanzando no noso coñecemento da lírica medieval. Tócanos abordar:  Os  denominados xéneros menores   As Canti