Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta HISTORIA DA LINGUA

UNIDADE 0/ Repaso do Panorama da Historia da Lingua

Imaxe
Como nace unha lingua? AS RAÍCES DA LINGUA NACEMENTO, ESPLENDOR E DECADENCIA MEDIEVAL DOS SÉCULOS ESCUROS E REXURDIMENTO AO NACIONALISMO   DO FRANQUISMO Á ACTUALIDADE Traballo no Día Europeo das Linguas

UNIDADE 0/ HISTORIA DA LINGUA (IV): DO FRANQUISMO Á ACTUALIDADE

Imaxe
  X-             O Franquismo e a instalación do bilingüísmo: Co inicio da Guerra do 1936 o proceso galeguizador paralízase ao resultar vencedor o ditador Franco. A represión xeneralizada tivo unha especial incidencia sobre a nosa lingua. O galego convértese en lingua clandestina ou de uso familiar e coloquial, o seu cultivo literario desprázase fóra de Galicia ao exilio americano. Nun momento de declive do mundo rural, a presión na escola e a proliferación dos medios de comunicación de masas (radio,TV) aséntase o castelán como idioma oficial do réxime e vaise impoñendo o uso do castelán ás xeracións máis novas. XI-           Un difícil proceso de recuperación da identidade:    Arredor do 1950 en condicións moi desfavorables comeza un lento e tímido movemento de recuperación editorial ao que se suman iniciativas puntuais como a institucionalización do Día das Letras Gale...

UNIDADE 0/ HISTORIA DA LINGUA (III): Dos Séculos Escuros e o Rexurdimento ao Nacionalismo.

Imaxe
  Rosalía de Castro VII-             Os Séculos Escuros e os ilustrados e precursores dunha nova etapa: 300 anos ( do século XVI ao XVIII)  O s Séculos Escuros son os séculos nos que a lingua galega tras da caída da nobreza perde todo cultivo escrito, pero permanecerá viva entre as xentes humildes, unha poboación iletrada que manterá a fala e unha rica literatura de tradición oral, verdadeira sustentadora da nosa cultura ata ben entrado o século XIX. Á luz dos ilustrados comezarán a disiparse as mestas néboas deses Séculos Escuros sobre o noso feito cultural.     Martín Sarmiento, foi dos primeiros en preocuparse pola situación do noso idioma e propoñer camiños de normalización cultural como a introdución do galego no ensino, na administración da xustiza ou na igrexa. Xa no século XIX   aparecen obras en galego dos chamados precursores que prepararán o camiño para as grandes figuras que virán axiña. VIII-    ...

UNIDADE 0/ PANORAMA DA HISTORIA DA LINGUA (II): O nacemento, esplendor medieval e decadencia.

Imaxe
Urraca, considerada a primeira raíña de Europa   IV-           Nace o galego e as peregrinacións a Compostela : Entre o VIII e o IX o idioma que fala este reino de Gallaecia diferénciase claramente do que se fala noutros puntos da península, xa non é latín. Polo sur da península os musulmáns fanse fortes, pero van ter escasa presencia no norte. Descóbrese o sepulcro de Santiago en Compostela. Aínda que se fala o galego o primeiro documento escrito non aparece ata moito máis tarde, o ano 1228. V-        O esplendor medieval da nosa literatura : Nos séculos XII-XIII o uso do galego xeneralízase mesmo na escrita e será entón cando aparecen as primeiras expresións literarias en forma de cantigas. O desenvolvemento da arte románica tamén será, en certa medida, unha consecuencia dos intercambios culturais do Camiño de Santiago. A lírica galaico-portuguesa será o referente literario de poetas de toda a península ...

UNIDADE 0/ PANORAMA DA HISTORIA DA LINGUA GALEGA (I): As raíces da lingua

Imaxe
   ANTES DO GALEGO 1- Explica coas túas palabras este gráfico. 2- De que época estamos a falar? Toda lingua precisa dunha terra para botar raíces AS RAíCES  E O NACEMENTO DO GALEGO   PANORÁMICA HISTÓRICA DA LINGUA GALEGA UN PROCESO DE SÉCULOS QUE CO NOSO ESFORZO MEDRA I-               Na prehistoria están as raíces da nosa identidade: Os primeiros habitantes de Galicia eran de orixe pre-indoeuropea e logo cara o século VI antes de Cristo chegarían aquí tribos de celtas, unha das grandes familias indoeuropeas. Ambos deixaron a súa pegada no galego, son o substrato da nosa lingua.   II-           Antes do galego, GALLAECIA : Os romanos chegan ao noso territorio   cara o 131 a .C.. Esta terra tiña unha cultura prerromana que chamamos castrexa. Os romanos establecen unha división provincial na península dándolle o nome de Gallaecia a un territorio ma...

PANORÁMICA DA LINGUA GALEGA ( UNIDADE CERO)

Imaxe
  PANORÁMICA HISTÓRICA DA LINGUA GALEGA I-               Na prehistoria están as raíces da nosa identidade: Os primeiros habitantes de Galicia eran de orixe pre-indoeuropea e logo cara o século VI antes de Cristo chegarían aquí tribos de celtas, unha das grandes familias indoeuropeas. Ambos deixaron a súa pegada no galego, son o substrato da nosa lingua.   II-           Antes do galego, GALLAECIA : Os romanos chegan ao noso territorio   cara o 131 a .C.. Esta terra tiña unha cultura prerromana que chamamos castrexa. Os romanos establecen unha división provincial na península dándolle o nome de Gallaecia a un territorio maior da actual Galicia,   que chega polo sur ata o río Douro e polo leste ata Cantabria. O latín substituíu as linguas dos anteriores poboadores e será a base sobre a que nacerá o galego. III-        GALICIA, o...

AS RAÍCES DA LINGUA

Imaxe
 ANTES DO NACEMENTO DO GALEGO: Analicemos as raíces da nosa lingua dende o século IX a. C. ata o IX momento no que nace o galego-portugúes como lingua filla do latín como podes apreciar na  anterior ilustración. ACTIVIDADES: 1- Observa o gráfico e a liña do tempo que serve de guieiro temporal para interpretala. Cando chegaron aquí os romanos? De que idioma é filla a nosa lingua, ou dito doutro xeito quen é e strato ou a base do galego? E que sería o avó ou avoa do galego?  2- Concepto de Substrato: Como se define unha lingua de substrato?  Cada lingua ten a súa prehistoria. Explica a partir do gráfico as linguas de substrato do galego. 3. Concepto de Superestrato : Define este concepto. Explica a seguir cales son as linguas de superestrato da nosa lingua e na data ocorre. 4- Por que se chama galego-portugués o idioma resultante aló polo século IX? En que territorios se falaba?.  COMO NACE UNHA LINGUA? 

O 1º ESPERTAR CULTURAL DA GALLAECIA MEDIEVAL: DE PRISCILIANO AO NACEMENTO DO GALEGO

Imaxe
 Esta panorámica convén tela presente para saber en todo momento sobre que etapa estamos traballando e cal é a súa situación con respecto as restantes na historia da lingua galega culta:   Aínda que a tradición oral dalgún xeito está reflectida no cadro superior,  non debemos perder de vista esta literatura de corte popular e ágrafa que describe, como ben sabes, unha gráfica distinta aínda que coincidente por momentos coa da literatura de tradición culta (escrita e de autor).  É por iso que adxuntamos a seguir unha gráfica específica para podela contrastar coa anterior.  Reparemos a seguir no 1º ESPERTAR CULTURAL DA GALLAECIA MEDIEVAL Tras da Romanización o mundo galaico-romano, pasará por unha etapa moi curiosa na que se sitúa á vangarda da Litetarura Culta escrita en Latín.  Ten todo isto moito que ver con Prisciliano e o movemento que xera este heterodoxo cristián tras da súa decapitación.  Logo aparece Exeria, a primeira turista da historia e ...

COMO NACE UNHA LINGUA

Imaxe
  Unha comunidade que vive nun territorio concreto ao longo dun tempo en condicións favorables é quen de crear unha lingua como consecuencia dun conxunto complexo de accións e reaccións seculares do home coa natureza.  Cando nace unha lingua nace como un ser que vai desenvolver con capacidade propia a súa singular maneira de ver o mundo. Todas as linguas pasan por etapas infantís e xuvenís nas que non son aínda unha lingua plenamente autónoma, pero cando chega á maioríade idade, convértese na peculiar forma de percibir o universo que os seus falantes van incorporando como un gran legado a gardar con agarimo. Porque ese conxunto de palabras conforman a identidade, o carácter a forma de pensar, un patrimonio que nos fai humanos. Do contrario serían seres incapaces de entender o seu entorno, sen as voces que esa lingua lles foi dando como ferramenta de expresión e comunicación cos demais, de comprensión e interpretación do mundo, sen a súa fala, non serían ninguén.  O galego...

O nacemento da lingua e as súas raíces

Imaxe
  Toda lingua, como ser vivo que é ten unha data de nacemento.  Nace da interacción da Natureza e unha comunidade humana asentada nunha terra, semella no seu proceso de nacemento en certa forma a unha planta que nace dunha semente ( a do latín para o caso do galego-portugués), máis que un parto animal, (de aí a importancia do lugar da terra onde nace). Saber que unha lingua, coma unha árbore centenaria, leva nas súas costas unha longa historia anterior ao nacemento e que as súas raíces se afunden séculos e séculos atrás é de vital importancia para valorar o proceso creador do que somos portadores e o que suporía a súa desaparición.  Fíxate nos conceptos básicos de: - ESTRATO: Latín, a lingua base denominada habitualmente nai do galego, o máis parecido a unha semente. A esencia do galego un 80% do seu léxico é latino. - SUBSTRATO: A pegada no galego das linguas previas á chegada do latín. - SUPERESTRATO: A pegada no galego das linguas posteriores ao asentamento do latín, p...

A Prosa medieval, a nosa tradición oral e o primeiro espertar cultural de Galicia

Imaxe
A prosa medieval en galego configura un conxunto de textos moi curiosos e, polo xeral, pouco coñecidos aínda que nalgún caso tratan de temas altamente interesantes para a historia cultural de Galicia.  A nós vainos servir para facer unha nova reflexión sobre distintos aspectos do noso patrimonio, especialmente ese patrimonio inmaterial que é a tradición oral.  Ambas remiten ineludiblemente aos tempos do primeiro Espertar cultural da nosa terra. Na prosa medieval galega atopámonos cunha narrativa de ficción relacionada co Ciclo Bretón ou Materia de Bretaña, da mitoloxía céltica que presenta un especial vigor na nosa tradición oral: Os cabaleiros do rei Artur encantados na Lagoa Antela en forma de mosquitos, a lenda do cáliz do Cebreiro que entronca co Santo Grial ou a illa de Sálvora vista como unha illa de Avalón. Desta tradición literaria medieval ademais nacerán recreacións cultas no XIX e sobre todo no século XX (como Na noite estrelecida de Ramón Cabanillas, Merlín e ...