UNIDADE 0/ HISTORIA DA LINGUA (III): Dos Séculos Escuros e o Rexurdimento ao Nacionalismo.
![]() |
| Rosalía de Castro |
VII- Os Séculos Escuros e os ilustrados e precursores dunha nova etapa: 300 anos ( do século XVI ao XVIII) Os Séculos Escuros son os séculos nos que a lingua galega tras da caída da nobreza perde todo cultivo escrito, pero permanecerá viva entre as xentes humildes, unha poboación iletrada que manterá a fala e unha rica literatura de tradición oral, verdadeira sustentadora da nosa cultura ata ben entrado o século XIX.Á luz dos ilustrados comezarán a disiparse as mestas néboas deses Séculos Escuros sobre o noso feito cultural. Martín Sarmiento, foi dos primeiros en preocuparse pola situación do noso idioma e propoñer camiños de normalización cultural como a introdución do galego no ensino, na administración da xustiza ou na igrexa. Xa no século XIX aparecen obras en galego dos chamados precursores que prepararán o camiño para as grandes figuras que virán axiña.
VIII- O primeiro galeguismo e o Rexurdimento literario: A mediados do XIX en 1846 nace un movemento de reivindicación política, o Provincialismo, que ao ser reprimido pola forza, fixo refuxiarse nun movemento cultural a toda reclamación de dereitos para Galicia. Coa publicación das obras de Rosalía de Castro, Eduardo Pondal e Curros Enríquez comeza o Rexurdimento da nosa literatura culta. Tamén a finais do século dará comezo a andaina dos movementos galeguistas.
IX- Unha nova idea de Galicia: Do Galeguismo ao Nacionalismo: Afondando na identidade de Galicia e nas súas necesidades vaise dar paso á constitución do Partido Galeguista, xorde o movemento nacionalista da man das Irmandades da Fala que se preocupan por recuperar e modernizar a tradición cultural galega e superar o complexo de inferioridade dos galegofalantes. A xeración Nós e Castelao son ademais de destacados puntais da nosa literatura, os ideólogos que elaboraran o primeiro Estatuto de Autonomía para Galicia no ano 1936 que sería aprobado en referendum polo pobo galego e que recoñecía o galego como lingua cooficial e lingua obrigada no ensino e a administración.
APUNTAMENTO COMPLEMENTARIO
A IMPORTANCIA DA TRADICIÓN ORAL.
A tradición oral galega podemos asegurar que
nace moito antes do propio idioma porque se adentra nas raíces da creación e da
identidade cultural da Gallaecia, mesmo podemos establecer conexións co mundo
castrexo nalgures, é dicir, no momento cero da nosa personalidade cultural.
Da tradición oral dependerá tanto o comezo da
nosa lírica medieval como o que para superar os Séculos Escuros, Sarmiento e
Rosalía tomarán como modelo para escribir as súas obras.
A tradición oral sufrirá un grave revés no
século XX que paradoxicamente volverá a poñela de moda con recreaccións
constantes no Proceso de Normalización que a partir da morte do ditador se
poñen en marcha na cultura galega contemporánea.
DO NACIONALISMO E DE CASTELAO
.jpg)

Comentarios
Publicar un comentario