CONTIDOS DA 2ª Avaliación
Os contidos da 2ª avaliación serán divididos nunha proba de avalición con teoría e práctica, ademais do paln lector que xa realizamos da novela: Poder non é querer.
A proba terá os seguintes contidos:
LITERATURA:
- As cantigas satíricas: de Escarnio e Maldicir. No libro de texto na páx. 116-117
- As cantigas relixiosas de Santa María. No libro de texto na páxina 138-139
- Os Xéneros Menores. No libro de texto na páx. 118
- A Prosa Medieval. No libro de texto na páxina 140
COMENTARIO: Identificar aen textos medievais distintos tipos de cantigas e comentario de pastorelas.
O concepto dos séculos escuros, como nolo descobre o Pai Sarmiento.
LINGUA E SOCIEDADE:
- Plurilingüismo e Conflito lingüístico
- Bilingüismo e Competencia lingüística (Sobre esta última, tendo en conta o pouco espazo que se lle dedica nos textos do libro recomendamos lembrar o que se subliñaba acerca dela na aula: A Competencia Lingüística é a que nos permite poder escoller en liberdade o uso dun idioma fronte ao outro nun contexto de diglosia. Se non somos capaces de expresarnos con comodidade e con corrección nunha lingua non poderemos escollela como vehículo de comunicación propia e habitual. Resulta polo tanto esencial neste proceso de recuperación da lingua de noso ser competente nela para poder asentar como lingua normalizada.
No libro de texto nas páx. 76-77
GRAMÁTICA:
- Os verbos regulares. No libro páx. 305 e 306
- Os pronomes persoais tónicos e átonos. No libro de texto nas páxinas 110-111-112-113
TRADICIÓN ORAL:
- A tradición oral no Nadal
COMENTARIO/ EXPRESIÓN COMPRENSIóN LINGUA E LITERATURA
Comentarios
Publicar un comentario