Os xéneros menores e o comentario das pastorelas
A PASTORELA: Nesta cantiga aparece a palabra "pastor" referida a unha pastora. Adoitan ser cantigas dialogadas nas que un cabaleiro seguindo os trazos dunha cantiga de amor solicita o favor da "pastor" sendo habitual que esta responda ben aceptando ou ben rexeitando a proposición do namorado. Esta intervención feminina acostuma tomar algún dos trazos tradicionais característicos da cantiga de amigo. O espazo no que acontece este encontro por veces tamén cobra o simbolismo que teñen algunhas das cantigas máis tradicionais.
Quand'eu un día fui en Compostela
en romaría, vi ũa pastor
que, pois fui nado, nunca vi tan bela,
nen vi outra que falasse milhor
e demandei-lhi logo seu amor
e fiz por ela esta pastorela.
Dixi-lh'eu logo: «Fremosa poncela,
queredes vós min por entendedor,
que vos darei boas toucas d'Estela
e boas cintas de Rocamador
e doutras dõas, a vosso sabor
e fremoso pano pera gonela?».
E ela disse: «Eu non vos quería
por entendedor, ca nunca vos vi,
senón agora, nen vos filharía
dõas, que sei que non son pera min,
pero cuid'eu, se as filhass'assí,
que tal ha no mundo a que pesaría.
E, se veess'outra, que lhi diría,
se me dissesse "ca per vós perdí
meu amigu'e dõas que me tragía?".
Eu non sei ren que lhi dissess'alí;
se non foss'esto de que me tem'i,
non vos dig'ora que o non faría».
Dix'eu: «Pastor, sodes ben razoada,
e pero creede, se vos non pesar,
que non ést'hoj'outra no mundo nada,
se vós non sodes, que eu sabia amar,
e por aquesto vos venho rogar
que eu seja voss'home esta vegada».
E diss'ela, come ben ensinada:
«Por entendedor vos quero filhar
e, pois for a romaría acabada,
aqui, d'u sõo natural, do Sar,
cuido-m'eu, se me queredes levar,
ir-m'-ei vosqu'e fico vossa pagada».
PERO AMIGO DE SEVILHA
O trobador narra o que lle sucedeu un día, cando estaba
en Compostela, en romaría: viu unha pastora tan bela como nunca vira outra
antes, nin vira outra que falase mellor. Pediulle o seu amor e fixo por ela
esta pastorela.
Díxolle el logo: – “Fermosa doncela, querédesme por voso
namorado? Dareivos boas toucas de Estela, boas cintas de Rocamador, e outros
presentes á vosa vontade, e fermoso pano para manto”.
E ela respondeu: – “Non vos quero como namorado, pois
nunca vos vin senón agora, nin recibiría de vós presentes que sei que non son
para min; e se os recibise, xulgo que hai alguén no mundo a quen iso faría
padecer. E se viñese outra e me dixese: – ‘Por vós perdín o meu amigo e os
presentes que me traía?’ Se non fose por iso que temo, non vos digo agora que
eu non o faría”.
Dixo el: – “Pastora, argumentades ben; mais crede que non
hai hoxe ningunha outra muller no mundo senón vós, a quen eu saiba amar. E por
iso, véñovos rogar que eu sexa o voso namorado desta vez”.
E dixo ela, como persoa ben educada: – “Por namorado vos
quero tomar e cando a romaría tiver terminado, de aquí do Sar, onde nacín, se
me queredes levar, irei convosco e fico agradecida”. (tirado de roteiro da lírica medieval onde podes ampliar datos sobre esta cantiga).
Ũa pastor bem
talhada
cuidava em seu
amigo
e estava, bem vos
digo,
per quant'eu vi,
mui coitada;
5 e diss':
"Oimais nom é nada
de fiar per
namorado
nunca molher
namorada,
pois que mi o meu
há errado".
Ela tragia na mão
10 um papagai mui
fremoso,
cantando mui
saboroso,
ca entrava o
verão;
e diss':
"Amigo loução,
que faria per
amores?
15 Pois m'errastes tam
em vão!"
E caeu antr'ũas
flores.
Ũa gram peça do
dia
jouv'ali, que nom
falava,
e a vezes acordava
20 e a vezes esmorecia;
e diss': "Ai
Santa Maria!
que será de mim
agora?"
E o papagai dizia:
"Bem, per
quant'eu sei, senhora."
25 "Se me queres
dar guarida",
diss'a pastor,
"di verdade,
papagai, por
caridade,
ca morte m'é esta
vida".
Diss[e] el:
"Senhor comprida
30 de bem, e nom vos
queixedes,
ca o que vos há
servida,
erged'olho e
vee-lo-edes".
Proba a facer unha versión ao galego moderno desta curiosa pastorela. Logo podes comprobar se interpretaches ben a peza neste enlace.
Para ver outras pastorelas
Comentar unha pastorela: elementos comentables Tradicional / Trobadoresco
Ûa pastor se queixava coita de amor! trobadoresco
muit’estando noutro dia
e sigo medes falava distancia da namorada trobadoresco
e chorava e dizia dor de amor trobadoreco
com amor que a forçava: fala un home de amor trobadoresco
“Par Deus, vi;em grave dia, Fala unha muller tradicional
ai amor!” refrán tradicional
Ela s”estava queixando
e que apesar, des quando queixa de amor trobadoresco
nacera, nom fora doita;
por en dezia chorando:
”Tu nom és senom mia coita, Fala queixa da namorada Tradicional e trobadoresco
ai amor!” refrán tradicional
Coitas lhi davam amores, coita de amor trobadoresco
que nom lhe´ram senom morte; morte por amor trobadoresco
e deitou-s”antr’ûas flores natureza aberta tradicional
e disse com coita forte:
“Mal ti venha per u fores, ausencia do namorado tradicional
ca nom és senom mia morte, morrer de amor trobadoresco
ai amor!” refrán tradicional
Unha pastorela de Don Dinis
Comentario: Tipo de cantiga. Xénero menor a pastorela. Canta un home namorado seguindo as regras do amor cortés que vimos nas cantigas de amor, pero neste caso impresionado polos sentimentos de amor dunha pastor (un claro influxo trobadoresco) Pero canta tamén a muller ante a ausencia do namorado como se fose unha cantiga de amigo (tradicional), aínda que se centra neste caso no seu sentir interior dado que ten coita de amor e morre por amor tópicos do amor cortés (máis trobadoresco) aparecen elementos que evocan a natureza e un espazo aberto (tradicional) mesmo un elemento formal como o refrán de influencia tradicional ou autóctiona. Predominio dos elementos trabadorescos sobre os tradicionais que vén sendo o máis habitual.
As pastorelas galegas que semellan ser máis arcaicas, presentan un maior número de elementos de orixe popular, mesmo non chega a haber diálogo entre o cabaleiro e a "pastor", manténdose o primeiro oculto escoitando á namorada. O trobador está presentando o cantar da muller namorada.
As pastorelas galegas que semellan ser máis arcaicas, presentan un maior número de elementos de orixe popular, mesmo non chega a haber diálogo entre o cabaleiro e a "pastor", manténdose o primeiro oculto escoitando á namorada. O trobador está presentando o cantar da muller namorada.
Unha pastorela de Airas Nunes: elementos comentables Tradicinal/ Trodadoresco
Oí hoj'eu ũa pastor cantar fala un home da pastor trobadoresco
u cavalgava per ũa ribeira, espazo natural aberto tradicional
e a pastor estava senlheira beleza da namorada trobadoresco
e ascondi-me pola ascuitar;
5 e dizia mui bem este cantar: perfección da namorada trobadoresco
"Sô lo ramo verd'e frolido natureza simbólica tradicional
vodas fazem a meu amigo, fala muller do amigo tradicional
e choram olhos d'amor". coita de amor trobadoresco
E a pastor parecia mui bem, beleza da namorada trobadoresco
10 e chorava e estava cantando, dor de amor trobadoresco
e eu mui passo fui-mi achegando achegarse á namorada trobadoresco
pola oír e sol nom falei rem; distancia da namorada trobadoresco
e dizia este cantar mui bem: perfección da namorada trobadoresco
"Ai estorninho do avelanedo, natureza simbólica tradicional
15 cantades vós e moir'eu e pen' morrer de amor trobadoresco
e d'amores hei mal". coita de amor trobadoresco
E eu oí-a sospirar entom, suspirar de amor trobadoresco
e queixava-se estando com amores,
e fazi'[ũ]a guirlanda de flores, natureza simbólica tradicional
20 des i chorava mui de coraçom dor de amor trobadoresco
e dizia este cantar entom:
"Que coita hei tam grande de sofrer: fala muller-dor de amor tradicional-trobadoresco
amar amig'e non'ousar veer! da ausencia de amigo tradicional
E pousarei sô lo avelanal". natureza simbólica tradicional
25 Pois que a guirlanda fez a pastor, natureza sombólica tradicional
foi-se cantando, indo s'en manselinho,
e tornei-m'eu logo a meu caminho, distancia da namorada trobadoresco
ca de a nojar nom houve sabor;
e dizia este cantar bem a pastor: perfección da namorada trobadoresco
30 "Pela ribeira do rio natureza simbólica tradicional
cantando ia la virgo
d'amor:
«quem amores há fala muller namorada tradicional
como dormirá, sufrir por amor
35 ai bela frol?»".
Comentario: Tipo de cantiga: Xénero menor, pastorela. Canta un home namorado seguindo as regras do amor cortés que vimos nas cantigas de amor, nunha natreza aberta cargada de simbolismo (ribeira) a distancia e impresionado polos sentimentos de amor dunha pastor fermosa e virtuosa (un claro influxo trobadoresco) Canta tamén a muller do amigo ante a ausencia do namorado como se fose unha cantiga de amigo (tradicional) memso bota man de elementos naturais simbólicos cargados de erotismo, aínda que tamén emerxen sentires interiores (chorar de amor). Tanto que logo mesturando elementos tradicionais no seu cantar, ten coita de amor e morre por amor tópicos do amor cortés (máis trobadoresco). Nesta cantiga mestúranse elementos tradicionais e trobadorescos constantemente procurando un notable equilibrio a pesar de non ter elementos formais tradicionais como o refrán.
O PRANTO: O pranto é un tipo de cantigas que responden a un tema elexíaco, é dicir, no que o trobador canta en homenxe a un morto. Pero da Ponte é o seu principal cultivador, do que se conserva un pranto satírico.
Exemplos de pranto
A TENZÓN: Unha cantiga de tipo dialogado que nos lembra a regueifa e outras fórmulas de debate de rimas derivado da lírica satírica. descirbe unha disputa entre trobadores e/ou xograres acerca da calidade do seu cantar, de saber ou non trobar.
Outras tenzóns
O LAI: Outra cantiga de tema amoroso, derivan do ciclo artúrico poemas de temática bretoa cunha trama narrativa. Consérvanse en galego-portugués cinco e seguen modelos fraceses.
Comentarios
Publicar un comentario