A PROSA MEDIEVAL
A prosa medieval galega é máis escasa ca lírica en galego-portugués, ten menor relevancia, pero non por elo resulta pouco interesante e transcendente para coñecer mellor unha parte do noso patrimonio cultural certamente curiosa. Por unha banda, esta prosa será capaz de entroncar e botar raíces en determinadas lendas da tradición oral vivas ata o século XIX e XX, tanto como para alimentar a literatura culta de épocas máis recentes, como veremos. A prosa de ficción artúrica ou céltica. Na prosa medieval galega atopámonos cunha narrativa de ficción relacionada co Ciclo Bretón ou Materia de Bretaña, da mitoloxía céltica que presenta un especial vigor na nosa tradición oral: Os cabaleiros do rei Artur encantados na Lagoa Antela en forma de mosquitos, a lenda do cáliz do Cebreiro que entronca co Santo Grial ou a illa de Sálvora vista como unha illa de Avalón . Desta tradición literaria medieval ademais nacerán recreacións cultas no XIX e sobre todo no século XX (co...