A PROSA MEDIEVAL

A prosa medieval galega é máis escasa ca lírica en galego-portugués, ten menor relevancia, pero non por elo resulta pouco interesante e transcendente para coñecer mellor unha parte do noso patrimonio cultural certamente curiosa. Por unha banda, esta prosa será capaz de entroncar e botar raíces en determinadas lendas da tradición oral vivas ata o século XIX e XX, tanto como para alimentar a literatura culta de épocas máis recentes, como veremos.     

A prosa de ficción artúrica ou céltica.

Na prosa medieval galega atopámonos cunha narrativa de ficción relacionada co Ciclo Bretón ou Materia de Bretaña, da mitoloxía céltica que presenta un especial vigor na nosa tradición oral: Os cabaleiros do rei Artur encantados na Lagoa Antela en forma de mosquitos, a lenda do cáliz do Cebreiro que entronca co Santo Grial ou a illa de Sálvora vista como unha illa de Avalón

Desta tradición literaria medieval ademais nacerán recreacións cultas no XIX e sobre todo no século XX (como Na noite estrelecida de Ramón Cabanillas, Merlín e familia de A. Cunqueiro ou Amor de Artur de Méndez Ferrín, Galván en Saor de Darío Xohán Cabana, Morgana en Esmelle de Begoña Caamaño) que se fan eco á vez das lendas que circulaban de boca en boca na nosa terra, unha simbiose creativa realmente espectacular da que tanto a prosa medieval como a tradición oral son claramente responsables.

A prosa haxiográfica xacobea.

Sobre os Miragres de Santiago. Outra impronta innegable que vai ir configurando o mundo das lendas está relacionada coa aparición do Cristianismo e as propias peculiaridades que presenta o proceso de cristianización do Noroeste peninsular. No inicio do asentamento do Cristianismo prodúcese a controversia de Prisciliano (especialmente nos séculos IV-VI) e a posterior Inventio do Sepulcro de Santiago (xa no século VIII) que será a razón da creación dunha colección de Milagres do Apóstolo que acaban recompilándose  en latín no Códex Calixtinus do século XII e finalmente pasen á prosa medieval en galego-portugués.


TRABALLO DE INVESTIGACIÓN

Hai pouco nas exposicións Galaicos: un pobo entre dous mundos ou  Galicia un relato do mundo analizábanse as relacións que en Galicia de vello temos coas rexións Atlánticas e as do Mediterráneo. É factible manter estes parámetros á hora de establecer conexións coas tradicións célticas ou greco-romanas que emerxen logo na prosa medieval nos denominados ciclos de Bretaña e Troiano, por exemplo.

Imos logo aproveitar esta entrada sobre a prosa en galego máis antiga para comezar: 

Un relato do mundo dende Galicia.


Antes de Galicia, Gallaecia: O mundo castrexo-céltico e a súa herdanza cultural: Breogán e Ith  



A chegada de Roma:  Río Leteo/ Mons Medulio.

O primeiro espertar cultural de Galicia escrito en latín: Prisciliano e Exeria. 


Comentarios

Publicacións populares deste blog

CONTIDOS 3ª Avaliación:

CONTIDOS DA 2ª AVALIACIÓN

Os xéneros menores e o comentario das pastorelas