Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Maio, 2021

CRIATURAS de Roberto Vidal Bolaño

Imaxe
  Quen é Roberto Vidal Bolaño?  Roberto Vidal Bolaño un home de teatro Entrevistas a Roberto vidal na TVG Criaturas a súa última creacción, Premio Max de Teatro  2001 Roberto Vidal Bolaño naceu en Santiago de Compostela en 1950. Formou parte do denominado "Grupo Abrente" que, a partir da década dos 70, renovou e actualizou tanto a escrita como as representacións dramáticas galegas. Iniciouse no mundo do teatro da man do grupo Antroido, co que representou as súas primeiras obras. Participou con este grupo nas Mostras de Teatro Abrente de Ribadavia (1973-1980), e nelas deuse a coñecer como dramaturgo e como escenógrafo. Desde 1978 dedicouse profesionalmente ao teatro. Foi un dos primeiros directores en participar no teatro institucional pondo en escena, en colaboración co Centro Dramático Galego, en 1984, a súa obra “Agasallo de sombras”. Tamén se internou no terreo do audiovisual facendo guións para Televisión de Galicia e para Televisión Española, como Malos Tratos, Novo

COMENTANDO TEXTOS DE ROSALÍA

Imaxe
Entramos na recta final do curso onde nos imos enfrontar con textos literarios dos tres grandes autores do Rexurdimento Rosalía, Curros e Pondal e sobre os que teremos que realizar distintos comentarios.  Temos que lograr unha certa mecánica e soltura á hora de abordar os contidos dun texto na procura do seu tema e do seu autor e argumentando, é dicir, comentando os recursos que atopamos no mesmo para poder deducir ese tema ou idea central. Para iso é moi interesante coñecer o esencial dos autores e do contexto literario e histórico no que nos movemos.  Sobre o comentario de textos literarios temos feito varias entradas neste curso que podes revisar, pero o esencial podes lembralo a seguir:   COMENTANDO:  CASTELLANOS DE CASTILLA POSIBLES TEXTOS a comentar: ¡Pra a Habana! I Vendéronlle os bois, vendéronlle as vacas, o pote do caldo i a manta da cama. Vendéronlle o carro i as leiras que tiña; deixárono sóio coa roupa vestida. "María, eu son mozo, pedir non me é dado; eu vou polo mun

TRÍPTICO PARA XELA ARIAS

Imaxe
 LETRAS GALEGAS 2021 A unidade componse, da desorde. desordénome, amor, e dou co punto único do centro dos abrazos. Abrazo a desorde das ideas e sei que a unidade se compón. A unidade componse. Da desorde.  Ver e coñecer: CORPO E LINGUA Para coñecer e ver máis Procura da poeta: Unha foto, un poema de Xela e redacta nun texto teu iso que che comunica, as claves para entender a súa vida e a súa obra.   Complemento das voces de hoxe dialogan con  Xela: