Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Maio, 2020

RECUPERACIÓN DA MATERIA. xuño 2020

A causa do confinamento, como xa se vos comunicou, os alumnos/as puideron ir recuperando a materia pendente de Lingua e Literatura Galega a través da realización de actividades de diversa índole remitidas polo profesor semanalmente e devoltas  a través do correo electrónico da materia. Para aqueles que amosaron problemas telemáticos (que son casos puntuais),  o centro habilitou neste período un sistema de entrega de traballos semanal para poder recibir e remitir o material pertinente. Os alumnos/as que non optaron por esta fórmula saben que deberán realizar unha proba telemática oral co profesor :  3º da ESO A o próximo 3 de xuño a partir das 12 horas.  3º da ESO B o día 4 de xuño a partir das 9,30 horas. Dita proba dependendo da avaliación pendentes versará sobre os seguintes contidos dados presencialmente agás unha pregunta que se corresponderá á 3ª avaliación:   1ª avaliación   2ª avaliación A seguir indicamos os contidos básicos destas dúas avaliacións: 1-        GRAMÁTI

ARREDOR DO NOSO HIMNO

Imaxe
Reproduzamos o texto do himno: OS PINOS Que din os rumorosos na costa verdecente ao raio transparente do prácido luar? Que din as altas copas                     5 de escuro arume arpado co seu ben compasado monótono fungar? Do teu verdor cinguido e de benignos astros                        10 confín dos verdes castros e valeroso chan, non des a esquecemento da inxuria o rudo encono; desperta do teu sono                        15 fogar de Breogán. Os bos e xenerosos a nosa voz entenden e con arroubo atenden o noso ronco son,                             20 mais só os iñorantes e féridos e duros, imbéciles e escuros non nos entenden, non. Os tempos son chegados                  25 dos bardos das edades que as vosas vaguedades cumprido fin terán; pois, donde quer, xigante a nosa voz pregoa                            30 a redenzón da boa nazón de Breogán.</i> BOTEMOS LOGO UNHA OLLADA INICIAL AO LÉXICO DO HIMNO: - os rumorosos: ruidoso, adx

INSISTIMOS: EN GALEGO, POR QUE NON?

Imaxe
Imos rematar a lectura do libro de Núñez Singala e as actividades de sociolingüística deste curso para combater os prexuízos sobre a nosa lingua cun triptico (tres lecturas acompañadas ou complementadas): Capítulo 7: Porque é unha lingua minoritaria (un vídeo). Capítulo 8: Porque non o fala ninguén (un xogo). Capítulo 9: Porque non (unha tremenda historia por resolver). Actividades a realizar, responder e enviar ao correo da materia tras da lectura: 1- En que lugar da estrada das linguas colocarías ao galego? 2- O coñecemento doutras linguas debe levarnos a abandonar a nosa lingua? Por que ? Arguenta ben a resposta. 3- Falar español e chinés permitiríanos falar con cincocentos millóns de persoas, por que esta posibilidade é realmente imposible? Por que ten tan pouco valor a cantidade á hora de falar dunha lingua? CAP 8. 4- O xogo dos cen falantes  (para poder ver este xogo debes ter a aplicación Adobe Flasch Player trátase do segundo xogo que aparece na páxina que se ab

SERÁ O GALEGO UNHA IMPOSICIÓN?

Imaxe
Imos seguir coa lectura de EN GALEGO, POR QUE NON?  Colocamos a seguir enlace onde poderás atopar tanto a lectura como o cuestionario referido á mesma. Será o galego unha imposición?

LETRAS GALEGAS 2020

Imaxe
RICARDO CARVALHO CALERO (1910-1990) Realizar unha biografía cos seguintes elementos: - Data de nacemento e de morte. - Lugares e situacións transcendentais nas distintas etapas da súa vida: Ferrol, Fingoi, Compostela, galeguismo, represión, docencia.. - A súa obra que por forma abarca distintos aspectos: como creador, como lingüista, como crítico literario - Debemos procurar ir incluíndo tanto os títulos das súas obras máis relevantes como os logros ou trazos máis destacables da figura homenaxeada. FONTES DE INFORMACIÓN: Un vídeo básico: Na páxina da REAL ACADEMIA GALEGA 6- Cal é a razón pola que sabemos que este senhor é Carvalho Calero? Antes de comezar a redactar a biografía: 1- Que significa polígrafo? Por que pensas que foi un dos máis importantes polígrafos do século XX? 2- Que era o Seminario de Estudos Galegos? De que época estamos falando? 3- Ten algunha relación con Castelao? Por que foi represaliado este autor? 4- Que é o reintegracionis

COMENTANDO TEXTOS

Imaxe
Imos aproveitar a proximidade da celebración do Día das Letras Galegas para aprender a facer  xuntos un comentario de texto, usando como modelo un anaco dun poema de Rosalía de Castro.  ACTIVIDADE PARA ENVIARME POR CORREO ANTES DA PRÓXIMA CLASE: Tes que ler atentamente toda esta entrada tanto o esquema como o modelo de comentario de texto que está máis abaixo e ir  copiando aparte e respondendo ás preguntas ( 1,2,3,4,5,6,7,8,9 ,10, 11 e 12) que imos facendo ao longo do mesmo,    ao igual  que aquilo que non entendas para trasladar, como mínimo, unha pregunta ao profesor sobre algún aspecto, apartado ou detalle dos que non che queden claros .  ESQUEMA PARA A REALIZACIÓN DUN COMENTARIO DE TEXTO: Para facer un comentario de texto debemos ir seguindo os seguintes pasos: LECTURA E COMPRENSIÓN (consulta do léxico)  LOCALIZACIÓN: No caso de coñecer o nome do autor, realizamos o que se denomina unha localización do texto asociándoo a un autor/a  a un libro e/ou etapa creativa.