Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Decembro, 2019

Proposta de lectura para a 2ª e 3ª avaliacións

Imaxe
A adolescencia é unha etapa crucial xa que nesta banda de idade é cando se produce a opción lingüística que logo tenderá a perpetuarse. Van dedicadas estas páxinas a vós rapaces e rapazas da ESO. Trátase dun texto que procura combater as simplificacións e os prexuízos vixentes aínda no século XXI, opinións lingüísticas baseadas en xuízos erróneos de poderosa inercia que malia estaren superadas, demostrada a súa falsidade, seguen tendo un eco notable na opinión pública de hoxe, especialmente entre os sectores máis novos da sociedade, unha das razóns da perda de falantes entre a mocidade. O futuro do galego está na xente nova, sodes os falantes do mañá, a continuidade da lingua está condicionada porque a acollades conservedes e usedes libres de simplificacións e prexuízos. As ideas e opinións sobre a lingua galega que temos os galegos son moi variadas. Tamén é verdade que moitas veces as opinións que posuímos non son nosas, son prestadas. Adoptamos a que soe ser maioritaria ou que

ENCONTRO CO AUTOR JAUREGUÍZAR

Imaxe
                                         Lectura realizada no curso de 3º da ESO. Pequena reportaxe da estancia de Jaureguízar no blog da biblioteca .

AS CANTIGAS DE ESCANIO E MALDICIR

Imaxe
A Arte de Trovar que se conserva no Cancioneiro da Biblioteca Nacional de Lisboa. Este cancioneiro, descuberto no século XIX en Italia e que mercou o Estado Portugués, é o máis completo dos tres cancioneiros que conservamos ( 1600 cantigas dos distintos tipos). Presenta un tratado de poética ( Arte de Trovar) que estuda eses diversos tipos de composicións e os trazos formais que as caracterizan. Das cantigas de escanio e maldicir esta Arte de Trovar da época di: " Cantigas d´escarneo son aquelas que os trobadores fan querendo dizer mal dalguén nelas, e dizen-lho per palavras cubertas (que teñen dúas interpretacións) ... e estas palabras chaman os clérigos equivocatio. E estas cantigas pódense fazer ben de refrán ou mestría (sen refrán) . Cantigas de maldizer son aquelas que fan os trobadores descubertamente. Nelas entran palabras que queren dizer mal e non aver outro entendimento senon aquel que queren dizer abertamente." Vexamos logo un par de exemplos para dis