AS CANTIGAS DE ESCANIO E MALDICIR

A Arte de Trovar que se conserva no Cancioneiro da Biblioteca Nacional de Lisboa. Este cancioneiro, descuberto no século XIX en Italia e que mercou o Estado Portugués, é o máis completo dos tres cancioneiros que conservamos ( 1600 cantigas dos distintos tipos). Presenta un tratado de poética ( Arte de Trovar) que estuda eses diversos tipos de composicións e os trazos formais que as caracterizan.

Das cantigas de escanio e maldicir esta Arte de Trovar da época di:


"Cantigas d´escarneo son aquelas que os trobadores fan querendo dizer mal dalguén nelas, e dizen-lho per palavras cubertas(que teñen dúas interpretacións)... e estas palabras chaman os clérigos equivocatio. E estas cantigas pódense fazer ben de refrán ou mestría (sen refrán).

Cantigas de maldizer son aquelas que fan os trobadores descubertamente. Nelas entran palabras que queren dizer mal e non aver outro entendimento senon aquel que queren dizer abertamente."


Vexamos logo un par de exemplos para distinguir unha da outra:




PERO DA PONTE [B 1642 / V 1176]

María Pérez, a nossa cruzada,
quando veo da terra d’Ultramar,
assí veo de pardón carregada
que se non podía con el emerger;
mais furtan-lho, cada u vai maer,
e do perdón ja non lhi ficou nada.

E o perdón é cousa mui preçada
e que se devía muit’a guardar;
mais ela non ha maeta ferrada
en que o guarde, nen a pod’haver,
ca, pois o cadead’én foi perder,
sempr’a maeta andou descadeada.

Tal maeta como será guardada,
pois rapazes albergan no logar,
que non haja seer mui trastornada?
Ca, o logar u eles han poder,
non ha pardón que s’i possa asconder,
assí saben trastornar a pousada!

E outra cousa vos quero dizer:
atal pardón ben se dev’a perder,
ca muito foi cousa mal gaanhada.



María Pérez, a nosa cruzada,
cando regresou de Ultramar,
veu tan cargada de indulxencias
que non podía flotar, pero lle roubaron
en todos os sitios onde estivo
e do perdón non lle quedou nada.

E o perdón é cousa moi apreciada.
que debe gardarse moi ben;
pero ela non ten cofre con pechadura
para gardalo, nin o pode ter,
xa que, como o candado perdeu,
sempre ten o cofre aberto.

Como pode gardarse ese cofre,
habendo mozos no lugar,
sen que o rexistren a todas horas?
Pois no sitio en que eles teñen poder
non hai perdón que se poida esconder,
así o rexistran todo!

E outra cosa quérovos dicir:
ese perdón debía perderse,

posto que foi cousa moi mal gañada.



JOÃO GARCIA DE GUILHADE

Ai dona fea, fostes-vos queixar
que vos nunca louv'en[o] meu cantar;
mais ora quero fazer um cantar
em que vos loarei todavia;
e vedes como vos quero loar:
dona fea, velha e sandia!
 
Dona fea, se Deus mi perdom,
pois havedes [a]tam gram coraçom
que vos eu loe, em esta razom
vos quero já loar todavia;
e vedes qual será a loaçom:
       dona fea, velha e sandia!
 
Dona fea, nunca vos eu loei
em meu trobar, pero muito trobei;
mais ora já um bom cantar farei
em que vos loarei todavia;
e direi-vos como vos loarei:
       dona fea, velha e sandia!


Ũa donzela coitado

d' amor por si me faz andar;

e en sas feituras falar

quero eu, come namorado:

rostr' agudo come foron,

barva no queix' e no granhon,

o ventre grand' e inchado.

 

Sobrancelhas mesturadas,

grandes e mui cabeludas,

sobre-los olhos merjudas;

e as tetas pendoradas

e mui grandes, per boa fé;

á un palm' e meio no pé

e no cós três polegadas.

 

A testa ten enrugada

e os olhos encovados,

dentes pintos come dados...

e acabei, de passada.

Atal a fez Nostro Senhor:

mui sen doair' e sen sabor,

des i mui pobr' e forçada.

 





Caldeiron, 


Podedes para consultar vocabulario usar o glosario medieval da Universidade da Coruña.

Para procurar máis exemplos: Cantigas de Escarnio e Maldizer. ou ben nesta entrada

Unha cantiga de maldicir moderna do autor Celso Emilio Ferreiro como mostra da pervivencia e recreación do xénero

Comentarios

Publicacións populares deste blog

TRADICIONAL E TROBADORESCO

COMENTAR UNHA CANTIGA MEDIEVAL

CONTIDOS 2ª AVALIACIÓN