Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Maio, 2024

E CHEGARON AS LETRAS DO 2024: LUÍSA VILLALTA

Imaxe
 Todo o que conmove, transforma...                                                                                ... poesía, un ruído provocado, un rito de resistencia ACTIVIDADES: REALIZAR UNHA BIOGRAFÍA DE LUíSA VILLALTA usando dúas referencias iniciais e un complemento (os seus propios textos): 1- A EXPOSICIÓN: LUISA VILLALTA, DÍA  DAS LETRAS DO 2024 . Ler os 10 paneis e ir anotando datos necesarios para esa vida e obra da autora. 2- O SETESTRELO . Analizando a través de sete conceptos a súa pegada.  3- SELECCIÓN DE VERSOS E TEXTOS DE LUíSA VILLALTA “Nacín enfronte de min mesma cando a Pescadería era un leito de sereas”   “E falo tamén dos xardíns que organizan estratexias para que a nena que aínda teño de chegar a ser desconfíe dos lugares abertos que non teñen saída...”   “Faga o que faga algo me lembra sempre que son unha muller”   "Mírame, mírate, mírame en ti e escólleme para soñarte."   “Destes nosos corpos, o único que somos”   “A inmensidade do espazo que temos p

Follas novas: O prólogo. Dúas palabras da autora.

Imaxe
A "captatio benevolentia" para que teñan boa disposición os seus lectores/as:   Máis de dez anos pasaron -tempo casi que fabuloso a xusgar pola présa con que   hoxe se vive- desque a maior parte destos versos foron escritos, sin que as contrariedades da miña vida desasosegada, e unha saúde decote endebre, me permitise apousar neles os meus cansados ollos i o meu fatigado esprito. Ó leelos de novo, vin ben craro, como era incompreto e probe este meu traballo poético, canto lle faltaba para ser algo que valla, e non un libro máis, sin outro mérito que a perene melancolía que o envolve, e que algúns terán, non sin razón, como fatigosa e monótona. Mais as cousas teñen de ser como as fan as circunstancias, e se eu non puden nunca fuxir ás miñas tristezas, os meus versos menos...   Historias dinas de ser cantadas por mellores poetas do que en son, e cuias santas harmonías deberan ser espresadas cunha soia nota e nunha soia corda, na corda do subrime, e na nota da delor. Anque s

ESTRUTURA E TEMÁTICAS DOS CANTARES

Imaxe
 ESTRUTURA.  O primeiro poema invita a unha meniña gaiteira a cantar:  Le o primeiro poema do libro: Has de cantar: E case o derradeiro poema volve a cantar esa meniña gaiteira despois da alborada,  unha das pezas claves para entender o sentido deste poemario rosaliano. Eu cantar, cantei Procura saber a quen cede a voz Rosalía nos restantes poemas dos seus Cantares gallegos. Rosalía pretende elaborar un poemario de voces diversas qu erepresenten ao conxunto do pobo galego, onde estea moi presente a voz das mulleres, pero haxa tamén homes cantando. Unha voz colectiva que se expresa  nun galego que falaban as xentes humildes, sen regras, de labrehos e labregas.   Alborada 

Temáticas de Cantares Gallegos

Imaxe
  Texto:  Has de cantar Texto: Adiós ríos, adiós fontes... Texto: Campanas de Bastabales Texto: Castellanos de Castilla   Texto: Un repoludo gaiteiro Texto: Alborada

OS CANTARES DE ROSALÍA DE CASTRO

Imaxe
  O Prólogo dos Cantares Gallegos nos que Rosalía desvela as súas intencións: Unha dedicatoria a Fernán Caballero : "por ser muller e autora dunhas novelas nas que se apartou de manchar ao meu país".   A " captatio benevolentia" e o galego válido para a poesía : "Grande atrevemento é, sin duda, pra un probe inxenio como o que me cadrou en sorte, dar á luz un libro cuias páxinas debían estar cheias de sol, de armonía e daquela naturafidade que...forman a maior belleza dos nosos cantos populares...Por esto, inda achándome débil en forzas e non habendo deprendido en máis escola que a dos nosos probes aldeáns, guiada solo por aqueles cantares, aquelas palabras cariñosas e aqueles xiros nunca olvidados que tan docemente resoaron nos meus oídos desde a cuna e que foran recollidos polo meu corazón como harencia propia, atrevínme a escribir estos cantares,... e como o noso dialecto doce e sonoro é tan apropósito como o pirmeiro para toda clase de versificación .