Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Maio, 2022

PROBAS DE RECUPERACIÓN

 Para as probas de recuperación tomaremos como referencia os contidos da 3ª avaliación aos que lle engadimos o referente un referido á Lirica galaico portuguesa. PARA  PRIMEIRA  AVALIACIÓN PENDENTE: Cantigas de amigo e de amor galaico portuguesas Cantigas de amigo ( tipos e comentario sobre tradicional e trobadoresco no blog ) páx. 48-49 Literatura:  Cantigas de amor  páx. 66, 67 e 68  (ver  no blog a teoría do amor cortés )  PARA A SEGUNDA AVALIACIÓN PENDIENTE: OS XÉNEROS MENORES  A Pastorela, a Tenzón e o Pranto  páx. 122-123 As Cantigas de Santa María. 124-125 -  O comezo da literatura contemporánea: Sarmiento  e no libro páx. 164    -  Os Precursores do denominado Rexurdimento   e no libro páx. 182-183 e 184 Ao que lle engadimos o relacionado xa coa terceira avaliación Para os que teñan ou queiran  mellorar nota:  Breve repaso gramatical do máis substancial do curso: - Pronomes átonos e a súa colocación. . Verbos irregulares Ortografía  uso do "h"  do "s" e do &

3ª contidos da proba

 O maior peso da literatura obríganos a facer un breve repaso gramatical do mái ssubstancial do curso: - Pronomes átonos . Verbos irregulares Ortografía  uso do "h"  do "s" e do "x" páxinas do libro 177-  213 Temas de LITERATURA: - Rosalía de Castro páx. 218-219-220  e no blog. - Eduardo Pondal, lembra o plus porque este autor ofréceche aprender o Himno Galego páx. 238-239-240  e no blog  o autor no noso himno -  Manuel Curros Enríquez páx.258-259-260 e no blog. - LETRAS GALEGAS 2022: Florencio Delgado Gurriarán  COMENTARIO DE TEXTOS (Na proba teredes versos que comentar de todos os poetas citados anteriormente.) Lembra repasar o anexo de recursos literarios que traballamos como léxico especializado nesta avaliación pax.288-289 De Rosalía De Pondal  De Curros

MANUEL CURROS ENRÍQUEZ: O Cantor do Progreso

Imaxe
MANUEL CURROS ENRÍQUEZ.      Vida: Celanova 1851- A Coruña 1908. Non se levaba co seu pai e aos 15 anos vaise para Madrid como xornalista e ambientes intelectuais. Regresa a Galicia a Ourense  publicando  Aires da miña terra  que provoca unha polémica da que resulta absolto por ataques contra a relixión católica.   A súa ideoloxía claramente progresista queda tamén reflectivda no seu libro  O divino sainete  (un longo poema narrativo no qu edescribe unha viaxe a Roma do poeta acompañado de Añón nun tren de sete vag´nas cada un asociado a un pecado capital no que aparecen e critica a personaxes da política e a sociedade da época). Logo volve a Madrid a Cuba e volve a Galicia sendo impulsor da Academia galega. Unha demostración do popular que era foi o seu enterro que congregou na Coruña a unhas 40.000 persoas.  Características temáticas da súa poesía Poesía cívica- patriótica: •         - Denuncia dos problemas dos labregos e das diferencias sociais. “Na chegada da locomotora a Ourense”

Pondal e o noso himno

Imaxe
 O poeta cantor do país de Breogán, o Bardo, Eduardo Pondal un dos referentes do Rexurdimento que imos estudar:   O poeta  EDUARDO PONDAL: “Eu nacín cabo de pinal espeso,  eu nacín na pequena Ponteceso” •       Vida: (Ponteceso 1835- A Coruña 1917) fillo de fidalgos. Estuda no “Liceo de la Juventud”  en Santiago qu eo pon en contacto coa intelectualidade progresista de Galicia,  Aurelio Aguirre, Murguía  e Rosalía participando do Banquete de Conxo (confraternización entre estudantes e artesáns) Pondal naceu en Ponteceso o 8 de febreiro de 1835. En 1856 asiste ao Banquete do Conxo. En 1860 remata os seus estudos de Medicina e en 1862 aparece no Álbum de la Caridad o seu primeiro poema galego: A campana de Anllóns. En 1863 ingresa no Corpo de Sanidade Militar, que deixa ao pouco tempo, abandonando a medicina para se dedicar só á poesía. •       En 1867 coñece, por medio de Murguía, os poemas ossiánicos de James Macpherson. A partir de aquí, Galicia empezará a ser o eixe da súa poesía e e

Día das Letras 2022: Florencio Delgado Gurriarán

Imaxe
 Este ano o Día das Letras celebra a un poeta de Valdeorras e do exilio: Florencio Delgado Gurriarán (1903-1987): ACTIVIDADES 1- Desenvolveremos estes tres temas con carácter xeral:  As Terras de Valdeorras A poesía da paisaxe e da defensa das liberdades A ponte entre o exilio mexicano e Galicia 2- Logo traballaremos sobre un dos seus libros ou aspectos temáticos a escoller: Bebedeira: Meu Córgomo de Valdeorras Cancioneiro da loita galega: O compromiso e a guerra Galicia Infinda: O Exilio Mexicano O soño do guieiro: A poesía de Florencio Para desenvolver estes apartados usaremos como referencia un dos seguintes traballos audiovisuais; O soño da Galicia infinda A ver se sabedes a cal das etapas ou temáticas pertence este poema cantado:  Para consultar máis poemas