MANUEL CURROS ENRÍQUEZ: O Cantor do Progreso



MANUEL CURROS ENRÍQUEZ. 


   Vida: Celanova 1851- A Coruña 1908. Non se levaba co seu pai e aos 15 anos vaise para Madrid como xornalista e ambientes intelectuais. Regresa a Galicia a Ourense  publicando Aires da miña terra que provoca unha polémica da que resulta absolto por ataques contra a relixión católica. 

 A súa ideoloxía claramente progresista queda tamén reflectivda no seu libro O divino sainete (un longo poema narrativo no qu edescribe unha viaxe a Roma do poeta acompañado de Añón nun tren de sete vag´nas cada un asociado a un pecado capital no que aparecen e critica a personaxes da política e a sociedade da época). Logo volve a Madrid a Cuba e volve a Galicia sendo impulsor da Academia galega. Unha demostración do popular que era foi o seu enterro que congregou na Coruña a unhas 40.000 persoas. 


Características temáticas da súa poesía

Poesía cívica- patriótica:

       - Denuncia dos problemas dos labregos e das diferencias sociais. “Na chegada da locomotora a Ourense”

Poesía costumista:

       - Retrata cadros de costumes que adoitan por veces incluír a denuncia como é o caso do seu poema  “O maio” 

Poesía intimista:

-          Uns poucos poemas  de corte persoal e lírico dedicados a súa nai e o necemento do seu fillo, pero tam´ne seguindo a estela de Rosalía poemas como “A Rosalía” sobre a soidade da autora.

       Poesía narrativa: O Divino Sainete 

O Galego e o estilo de Curros

       O galego de Curros é popular como o de Rosalía procura unha proximimidade co pobo galego.  Depura castelanismo, usa o galego da súa terra natal de Celanova.

       Un estilo sinxelo e claro que contrasta co de Pondal, que semella ao de Rosalía achegándose aos recursos habituais da tradición oral comparacións, antíteses no tocante ao contido, e paralelismos, anáforas figuras de repetición formais.

       Destacamos dúas características máis. O gusto polo simbolismo as alegorías metafóricas por exemplo da locomotora como símbolo do Progreso fronte ao inmobilismo da Catedral de Pedra (que redunda no seu recorrente anticlericalismo).

 TEXTOS DE CURROS

Na chegada da locomotora a Ourense

Dous poemas de Curros: A Rosalía e O Maio





Comentarios

Publicacións populares deste blog

TRADICIONAL E TROBADORESCO

COMENTAR UNHA CANTIGA MEDIEVAL

CONTIDOS 2ª AVALIACIÓN