Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Novembro, 2019

DE CARA Á 1ª AVALIACIÓN

Imaxe
Indicamos a seguir sobre os contidos que imos realizar a 1ª Avaliación: libro de texto do curso - Lectura do libro O contador de estrelas , de Jaureguizar. Resumos dos capítulos e Proba de lectura e comprensión lectora día 14 de novembro. Estrutura do texto narrativo ( páx. 17) - Obradoiro de expresión :     Ortografía . Textos   e gramática textual. Realizar unha reportaxe (páxina 57 e blog) sobre a festividade de Defuntos en Galicia. - Materia da proba escrita  -Léxico : A alba da liberdade (blog). Do latín ao galego (páx 18) O tempo cronolóxico (páx 19), metereolóxico (páx. 39)./ Os medios de comunicación (páx 59). Derivación: Prefixos (páx 38) e sufixos ( páx 58). - Lingua e sociedade : Liberdade e igualdade no uso da lingua textos da unidade 0 (blog). Panorama da historia da lingua: etapas (blog e libreta). Orixe e formación do galego concepto de substrato e superestrato (páxina 20 e blog). O galego antigo (páx. 40).   Lingua e medios de comunicación (páx.60).

CANTIGAS DE AMOR

Imaxe
CANTIGAS DE AMOR: Dende a Provenza chegaron ao Reino de Galicia trobadores cantando un tipo de cantiga  " a canço " que comezaba cunha evocación á primavera e logo, posta  en boca dun home expresaba a filosofía do amor cortés, unha especie de amor idealizado onde a dama é denominada habitualmente "senhor". Este estilo de "cantigas de amor" ao imitar á canço vida de fóra  será claramente trobadoresco ou provenzalizante, pero deixaba ás veces ver algunha influencia de elementos tradicionais autóctonos como pode ser que certas composicións leven refrán. A teoría do amor cortés chegada a Compostela dende Occitania e Provenza (terras que hoxe son Francia) supón unha concepción platónica do amor que naceu no século XI cos seguintes trazos: - Total submisión do namorado á dama (de aí que se lle chame “senhor” á namorada). - A amada sempre está distante e é admirada pola súa perfección física e moral (velida e fremosa, mansa e mesurada) - A distanci

TIPOS DE CANTIGAS DE AMIGO

Imaxe
CANTIGAS DE AMIGO Definición:  Cantigas posta en boca dunha muller de temática amorosa ante a ausencia do seu amigo (namorado) Orixe: Son as cantigas máis autóctonas ou tradicionais dentro da Lírica medieval galaico-portuguesa polo seu carácter feminino e porque unha gran parte delas se desenvolven en espazos naturais abertos (mar, romarías, fonte...). Posiblemente este tipo de cantigas con elementos formais de repetición como o paralelimo, o refrán e o leixaprén formaban parte da tradición oral galaica anterior á chegada da moda cortesá trobadoresca dende Provenza que logo foron incorporados con éxito polos autores do século XIII mesturando elementos trobadorescos relacionados coa filosofía do amor cortés. De aí que as cantigas de amigo que conservamos presentan unha mestura de elementos onde conflúen trazos tradicionais e provenzalizantes.  Mais  debemos considerar tamén que o trobador autor ben podeían ser elas, as mulleres anónimas que por tradición oral cantaban e creaban cant