DE CARA Á 1ª AVALIACIÓN

Indicamos a seguir sobre os contidos que imos realizar a 1ª Avaliación:
libro de texto do curso

-Lectura do libro O contador de estrelas, de Jaureguizar. Resumos dos capítulos e Proba de lectura e comprensión lectora día 14 de novembro. Estrutura do texto narrativo ( páx. 17)

- Obradoiro de expresión:   Ortografía. Textos  e gramática textual. Realizar unha reportaxe (páxina 57 e blog) sobre a festividade de Defuntos en Galicia.

-Materia da proba escrita 
-Léxico: A alba da liberdade (blog). Do latín ao galego (páx 18) O tempo cronolóxico (páx 19), metereolóxico (páx. 39)./ Os medios de comunicación (páx 59). Derivación: Prefixos (páx 38) e sufixos ( páx 58).

-Lingua e sociedade: Liberdade e igualdade no uso da lingua textos da unidade 0 (blog). Panorama da historia da lingua: etapas (blog e libreta). Orixe e formación do galego concepto de substrato e superestrato (páxina 20 e blog). O galego antigo (páx. 40).  Lingua e medios de comunicación (páx.60).

-Ortografía: Acentuación (páx. 21) e til diacrítico (páx. 41). O uso do punto, coma e punto e coma (páx.61).

-Gramática:  Das palabras (clases) á oración( páx. 22-23). Frases .Tipos (análise de frases) (páx.42-43  e páx. 62-63).

- Literatura: Periodización da literatura galega (pax 26). A lírica medieval 8 pax 27-28): cantiga de amigo( páx.46-47-48 e blog) e cantiga de amor(páx. 66, 67 e 68).

 Este curso abordamos xa comentarios de textos literarios: Localización de recursos literarios e interpretación dos textos dende o punto de vista da crítica literaria.

- Comentarios de textos: O tradicional e o trobadoresco nas cantigas (exercicios do libro, libreta e blog).

Comentarios

Publicacións populares deste blog

TRADICIONAL E TROBADORESCO

COMENTAR UNHA CANTIGA MEDIEVAL

CONTIDOS 2ª AVALIACIÓN