Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Setembro, 2019

26 de setembro Día Europeo das Linguas

Imaxe
Lembra este poema de Manuel María neste Día Europeo das Linguas: O idioma é a chave coa que abrimos o mundo: o salouco máis feble, o pesar máis profundo. O idioma é a vida, o coitelo da dor, o murmurio do vento, a palabra de amor. O idioma é o tempo, é a voz dos avós, ese breve ronsel que deixaremos nós. O idioma é un herdo, patrimonio do pobo, maxicamente vello, eternamente novo. O idioma é a patria, a esencia máis nosa, a creación común meirande e poderosa. O idioma é a forza que nos xungue e sostén se perdemos a fala non seremos ninguén. O idioma é o amor o latexo, a verdade a fonte da que agroma a máis forte irmandade. Renunciar ao idioma é ser mudo e morrer, precisamos a lingua se queremos vencer. Cuestións sobre o poema: - Que recursos literarios destacarías? - Atendendo ao seu contido procura argumentos para explicar  se corresponde a un momento de liberdade ou de escravitude  para a ling

A LIBERDADE NA HISTORIA DA NOSA LINGUA (I)

Imaxe
Liberdade... xa o dicía a nosa Rosalía nun momento no que era difícil erguer a voz para falar da liberdade. Imos estudar a relación da liberdade coa lingua galega tomando como punto de partida este texto: "Só cantos de independencia e liberdade balbuciron os meus beizos aínda que ao meu redor sentirá dende o berce xa, o ruido das cadeas que debían aprisionarme para sempre, porque o patrimonio da muller son as cadeas da escravitude. Eu, sen embargo, son libre, libre como os paxaros, como as brisas, como os árabes no deserto e o pirata no mar. Libre é o meu corazón, libre a miña alma, e libre o meu pensamento que se ergue ata o ceo, e descende ata a terra, soberbio como Luzbel, e doce como unha esperanza. Cando os Señores da terra me ameazan cunha mirada, ou queren lixar a miña fronte cunha mancha de oprobio, eu ríome coma eles rin, e fago, en apariencia, a miña iniquidade máis grande que a súa iniquidade. No fondo, non obstante, o meu corazón é bo, pero non acato os

A ALBA DA LIBERDADE

Imaxe
Este é o lema do que partimos no presente curso. Falamos de  Libertade un concepto que en Galicia e na súa literatura está intimamente asociado a palabras como alba .  Recollida talvez no albor dos tempos coa claridade do día, o latín a lingua nai, trouxo o étimo ata este extremo occidental da península ata facerse totalmente propio. Desde a Idade Media na que nacen as nosas Letras, alba está presente como fórmula trobadoresca e como son para os nosos oídos. Logo de estar na boca de labregos e de reis, cando Galicia era Reino, a alba dos novos tempos trouxo días bos e días malos para esta terra. E como cada idioma precisa dun territorio, as luces e as sombras propias da historia provocaron zonas avesedas, hai quen fala de séculos escuros como trebóns ata que alguén na súa cela accendeu o candil á espera do que sabe que a semente precisa tempo. Tras sementar na terra agardou pola luz. Non tardaron en xermolar as alboradas que Rosalía cantou entre as primeiras para anunciar novas c