Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Abril, 2021

CONTIDOS AVANCE DA 3ª

  AVANCE 3ª Avaliación - LÉXICO: Toponimia (II): Tipos de topónimos - ORTOGRAFÍA: Usos do "b". Usos do "v" e Usos do "h". - LITERATURA: Os Precursores ou O Prerexurdimento   e Sarmiento      - Antonio Fernández Morales - GRAMÁTICA: - Verbos Regulares e Irregulares  Por exemplo estes: CABER, DAR, DICIR, ESTAR, FACER, HABER, IR, PODER, POÑER e TRAER        -Cláusulas subordinadas relativas. - COMENTARIO DE TEXTOS:  - Estrutura do comentario  ver no blog sobre un texto de Séchu Sende . - Un exemplo de Comentario: Sobre un texto dos denominados Precursores.

TOPONIMIA DE MARÍN (II): Tipos de Topónimos

Imaxe
Podemos establecer distintos criterios para clasificar os topónimos pola entidade (tamaño do territorio ao que se fai referencia) xa falamos de: Macrotopónimos: Galicia, Pontevedra(provincia), Marín Microtopónimos: Chan do Monte, A Mouta… Algúns dos microtopónimos da parroquia de Mogor Pero as tipoloxías máis usuais responden a: A) Tipos de topónimos segundo o seu significado B) Tipos de topónimos segundo á etapa ou época da súa orixe   A) TIPOS DE TOPÖNIMOS SEGUNDO O SEU SIGNIFICADO: Seguindo a Elixio Rivas e atendendo ao significado, usaremos a seguinte tipoloxía:   Oronimia ou orotopónimos: Referidos a xeografía ou forma do terreo (As Pedreiras, Arealonga, Penizas, Cantodarea, Mogor, Chan do Monte, O Montecelo, Seixo, O Tombo…) Hidronimia ou hidrotopónimos : relacionados coa auga (Fonfría, A Lagoa, As Regueiras, Sar…) Fitonimia ou fitotopónimos : relacionados coa vexetación (O Carballal, O Cerqueiro, O Fragueiro, O Loureiro, O Souto, O Toxal, O Xestal…) Zooni

Un libro para o Día do Libro

Imaxe
 Xa podes pasar por Secretaría para conseguir o teu libro no Día do Libro: AVANCE 3ª Avaliación - LÉXICO: Toponimia (II): Tipos de topónimos - ORTOGRAFÍA: Usos do "b". Usos do "v" e Usos do "h". - LITERATURA: Os Precursores ou O Prexexurdimento  e Sarmiento      - Antonio Fernández Morales - GRAMÁTICA: - Verbos        -Cláúsulas subordinadas relativas. - COMENTARIO de textos: Textos dos precursores

SARMIENTO E OS DENOMINADOS PRECURSORES

Imaxe
 SARMIENTO O PRIMEIRO PRECURSOR Sarmiento foi o primeiro en darse conta e valorar este patrimonio común que conservamos e que é á vez unha das compoñentes máis significativas da nosa identidade. A fala foi durante moitos séculos un patrimonio conservado polas xentes humildes, que non sabían ler e escribir, pero eran quen de máximas como: Do mal peito, mal feito ou Das palabras non o sonido, sino no sentido .  Sarmiento sería dos poucos coñecedores neses Séculos Escuros para a literatura en galego da magnífica poesía medieval en lingua galega conservada en manuscritos que tivo ocasión de consultar, por vez primeira, en Toledo. Pero tamén el foi o primeiro en compoñer á imitación do que o pobo facía o Coloquio en mil duascentas coplas galegas , que o converte no primeiro autor da Literatura galega contemporánea . TEXTO A) Na vila é costume dempois qu´a coñezco qu´os sábados todos do ano e arreo,   se faga mercado mercando e vendendo mil cousas do usso con muito comerzo de olas, de po