Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Febreiro, 2020

Toponimia de Marín

Imaxe
Imos comezar unha localización dos nomes de lugar de Marín que aparecen documentados no libro Toponimia de Marín de Elixio Rivas Quintas, un traballo que como tese doutoral presentou en Compostela no ano 1979. Lembremos o que sabemos sobre toponimia: Que é un topónimo? Lembras a clasificación de topónimos atendendo a súa orixe?  Fíxate nos topónimos do noso Concello que respondan a cada unha destas orixes: Orixe prerromana: Barcia, Mogor, Carrascal, Meirán Miranda, Toxal Orixe latina : Marín, Portocelo, Chan do Monte, Freixo, Insua, Corticeiras, Ferruxeira, Marcos, Orixe xermánica :  Allariz,  Ardán, Blanco, Sebarís, Estaquelos, Orixe árabe :Almuíña,  Atalaia, Laranxeira  Por suposto que pode haber outras orixes, pero imos partir destas a modo de exemplo e logo comezar co achegamento á obra Toponimia de Marín de Elixio Rivas Quintas. 1- Introdución  O campo da toponimia está, na súa maior parte, por explorar. É  unha parcela do saber fascinante e prometedora, a

Para a 2ª avaliación

Obradoiro de expresión: A crítica periodística e a entrevista (páxinas 113- 133) Materia da proba escrita Léxico:   A composición e  paisaxe mariña (páx. 78-79). A parasíntese e a arte (páx. 114-115) Palabras patrimoniais e cultismos, os libros e as bibliotecas (páx. 134-135). Lingua e sociedade : Variación lingüística; niveis e rexistros (páx. 80  e 116)  Introdución. Simplificacións e prexuízos (do libro En galego por que non? páx: 10-27) Ortografía: Uso dos dous puntos, puntos suspensivos, e a raia (pax. 81)  O uso das comiñas e parénteses (páx. 117) Uso do "b" (pax. 137). Gramática : Repaso de verbos irregulares .   Repaso de pronomes persoais tónicos e átonos. Colocación. (ver no blog).  Cláusulas simples e funcións sintácticas (páx. 82-83) Análise morfosintáctica (páx. 118-119). Literatura: Os xéneros menores . A prosa medieval (páx. 122-123, 142-143-144 e no blog). O verbo das arguinas e as xirias,  no blog. A prosa medieval, a tradición oral e o 1º

A Prosa medieval, a nosa tradición oral e o primeiro espertar cultural de Galicia

Imaxe
A prosa medieval en galego configura un conxunto de textos moi curiosos e, polo xeral, pouco coñecidos aínda que nalgún caso tratan de temas altamente interesantes para a historia cultural de Galicia.  A nós vainos servir para facer unha nova reflexión sobre distintos aspectos do noso patrimonio, especialmente ese patrimonio inmaterial que é a tradición oral.  Ambas remiten ineludiblemente aos tempos do primeiro Espertar cultural da nosa terra. Na prosa medieval galega atopámonos cunha narrativa de ficción relacionada co Ciclo Bretón ou Materia de Bretaña, da mitoloxía céltica que presenta un especial vigor na nosa tradición oral: Os cabaleiros do rei Artur encantados na Lagoa Antela en forma de mosquitos, a lenda do cáliz do Cebreiro que entronca co Santo Grial ou a illa de Sálvora vista como unha illa de Avalón. Desta tradición literaria medieval ademais nacerán recreacións cultas no XIX e sobre todo no século XX (como Na noite estrelecida de Ramón Cabanillas, Merlín e familia