Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Abril, 2022

DE ROSALÍA: PARA COMENTAR

Imaxe
  Sobre a súa biografía imos ver se puntualizamos tres cousas partindo desta biografía que lembramos de 1º da ESO e que agora compre puntualizar:    - O nacemento 23 de febreiro. - A importancia do seu pensamento feminista como indicamos anteriormente - As temáticas recorrentes na autora nos libros en galego da autora. Precisamente sobre iso imos centrar a seguinte actividade de comentario:  UN TEXTO DE ROSALÍA PARA COMENTAR 

COÑECENDO A ROSALÍA

Imaxe
 Imos traballar coa figura máis senlleira da nosa literatura e trataremos de afondar os nosos coñecementossobre ela e sobre todo sobre os seus escritos.  Sendo moi nova atopamonos entre os seus textos o seguinte editado en Madrid nun artigo sobre literatura do ano 1857:  1- Tenta deducir cal é o seu tema: "Só cantos de independencia e liberdade balbuciron os meus beizos aínda que ao meu redor sentirá dende o berce xa, o ruido das cadeas que debían aprisionarme para sempre, porque o patrimonio da muller son as cadeas da escravitude. Eu, sen embargo, son libre, libre como os paxaros, como as brisas, como os árabes no deserto e o pirata no mar. Libre é o meu corazón, libre a miña alma, e libre o meu pensamento que se ergue ata o ceo, e descende ata a terra, soberbio como Luzbel, e doce como unha esperanza. Cando os Señores da terra me ameazan cunha mirada, ou queren lixar a miña fronte cunha mancha de oprobio, eu ríome coma eles rin, e fago, en apariencia, a miña iniquidade máis