A Prosa medieval, a nosa tradición oral e o primeiro espertar cultural de Galicia


A prosa medieval
en galego configura un conxunto de textos moi curiosos e, polo xeral, pouco coñecidos aínda que nalgún caso tratan de temas altamente interesantes para a historia cultural de Galicia.  A nós vainos servir para facer unha nova reflexión sobre distintos aspectos do noso patrimonio, especialmente ese patrimonio inmaterial que é a tradición oral.  Ambas remiten ineludiblemente aos tempos do primeiro Espertar cultural da nosa terra.

Na prosa medieval galega atopámonos cunha narrativa de ficción relacionada co Ciclo Bretón ou Materia de Bretaña, da mitoloxía céltica que presenta un especial vigor na nosa tradición oral: Os cabaleiros do rei Artur encantados na Lagoa Antela en forma de mosquitos, a lenda do cáliz do Cebreiro que entronca co Santo Grial ou a illa de Sálvora vista como unha illa de Avalón. Desta tradición literaria medieval ademais nacerán recreacións cultas no XIX e sobre todo no século XX (como Na noite estrelecida de Ramón Cabanillas, Merlín e familia de A. Cunqueiro ou Amor de Artur de Méndez Ferrín, Galván en Saor de Darío Xohán Cabana, Morgana en Esmelle de Begoña Caamaño) que se fan eco á vez das lendas que circulaban de boca en boca na nosa terra, unha simbiose creativa realmente espectacular da que tanto a prosa medieval como a tradición oral son claramente responsables.


A tradición oral galega podemos asegurar que nace moito antes do propio idioma porque se adentra nas raíces da creación e da identidade cultural da Gallaecia, mesmo podemos establecer conexións co mundo castrexo nalgures, é dicir, no momento cero da nosa personalidade cultural.


Hai pouco nas exposicións Galaicos: un pobo entre dous mundos ou  Galicia un relato do mundo analizábanse as relacións que en Galicia de vello temos coas rexións Atlánticas e do Mediterráneo ou  É factible manter estes parámetros á hora de establecer conexións coas tradicións célticas ou greco-romanas que emerxen logo na prosa medieval nos denominados ciclos de Bretaña e Troiano, por exemplo.




Outra impronta innegable que vai ir configurando o mundo das lendas está relacionada coa aparición do Cristianismo e as propias peculiaridades que presenta o proceso de cristianización do Noroeste peninsular. No inicio do asentamento do Cristianismo  prodúcese a controversia de Prisciliano (especialmente nos séculos IV-VI) e a posterior Inventio do Sepulcro de Santiago (xa no século VIII) que será a razón da creción dunha colección de Milagres do Apóstolo que acaban recompilándose no Códex Calixtinus do século XII e finalmente pasen á prosa medieval en galego-protugués.

Iniciemos logo varias liñas de traballo para coñecer ese primeiro espertar da nosa cultura.




O Primeiro Espertar Cultural de Galicia

Entre os séculos IV e VI d. C. podemos situar este fenómeno cultural que fixo da Gallaecia romana un referente a nivel europeo, especialmente naqueles territorios que usaban o latín porque formaran parte do Imperio romano, daquela en plena crise pola presión dos pobos denominados bárbaros. 

Precisamente por este motivo van chegar a este territorio neste período os Suevos, pobo de orixe xermánica, que unha vez instalados no 409 no territorio Noroeste da Península Ibérica, lograrán establecer baixo o seu poder o 1º reino medieval de Europa, independente do poder romano entre os anos 410 – 411 que van coincidir en boa medida co dito esplendor cultural que se concretará en toda unha serie de persoeiros moi destacados no eido da cultura. Dáse a casualidade de que tal número de escritores e de personaxes destacados de orixe galaica non se deu neste período en ningún outro lugar do antigo Imperio Romano.

Temos que indicar que a extensión da Provincia Romana de Gallaecia, primeiro e logo do Reino Suevo era moito máis grande cá actual Galicia. O territorio chegaba polo sur ata o río Douro e polo Leste estendíase polo menos ata a actual Cantabria.

A listaxe de persoeiros de orixe galaica comeza con Prisciliano e o movemento xerado por este controvertido bispo tras da súa execución en Tréveris (e as peregrinacións que se deron cara ao  seu sartego, tras ser soterrado nun lugar da Gallaecia e no que foi venerado polo pobo como un mártir). Prisciliano e o Priscilianismo posterior provocaron dalgún xeito os primeiros xermolos literarios na Gallaecia que podemos sintetizar nos intelectuais Orosio, Hidacio, Baquiario, Toribio, Avito, aos que podemos engadir os emperadores romanos Máximo e Teodosio, a emperatriz Elia Flacila. Non podemos esquecer e situar nun lugar destacado nesta lista a Exeria, escritora coñecida pola súa curiosa peregrinaxe a Xerusalén. 

Cara ao século VI chegará a esta terra para intentar erradicar entre outras cousas o Priscilianismo Martiño de Dumio e máis adiante, pasados xa estes primeiros séculos do espertar, aínda aparecerán algúns outros autores de interese como Valerio do Bierzo.   Todos eles cun nivel cultural máis que notable, empregaron o latín como lingua de comunicación, porque aínda non se falaba outra cousa. Foron coñecidos polo mundo cultural da súa época e nos seus escritos pódese apreciar tamén como se senten homes e mulleres identificados co territorio da Gallaecia, constituíndo os primeiros fundamentos da personalidade histórica de Galicia.

CUESTIÓNS:

Procura agora ti algunha información complementaria sobre este personaxes, datas nas que viviron, feitos polos que destacaron e obras que realizaron.    

Os cultos prerromanos e o seu reflexo na tradiciòn oral (cultos ás pedras, ás augas...). Tanto na epigrafía romana como en certos autores posteriores temos referencias dos deuses e cultos da época dos castros:

- Un deus dos montes ou montañas sen nome claro ( qu epodería relacionarse co que en lourizán aparece como Vestius Aloniecus. O deus LUG, posiblemente deus céltico da man dereita ou artesán,  COSSO: deus guerreiro tamén denominado BANDUA. Unha deusa das augas NAVIA e os deuses dos camiños ou do comercio Mercurio ou Viales para os romanos, podría ser EIDUORIO, logo está VEROBREO que tamén se relaciona co deus qu enos transporta ao mundo dos mortos. 

O proceso de Romanización e latinización da Gallaecia asociado á introdución do cristianismo. (Lenda ou historia do Río do Esquecemento e do Monte Medulio/ cando chega o Cristianismo a Galicia?)
O río Limia podería ser un dos ríos de entrada ao mundo subterráneo ou dos mortos cuxas augas producían o esquecemento da vida anterior. Os exércitos de Roma cando se achegaron ao río temían atravesalo por ese motivo o xenerña Décimo Xuno Bruto, cruzouno e dende a outra beira comezou a chamar un por un aos seu ssoldados para lles quitar o medo e proseguir coas loitas contra os galaicos. Era a primeira ocasión na qu eos Romanos se achegaban ao noso territorio con intención de conquistalo ( ano 138. a.C.) 

A última das guerras de conquista romanas é a denominada do Mons Medulio. Rodeados nun alto denominado Medulio os cántabros, ástures e galaicos que se enfrontaban a Roma pola súa liberdade preferiron morrer envelenéndose coas bagas do teixo nenos, mulleres e homes ou ben acoitelándose ante sde entregarse e pasar a ser escravos. (ano 22 a.C.) 

Quen era Prisciliano? Un bispo galaico cuxas crenzas cristiás asumían trazos ou crenzas abteriores disque da época preromana de culto á natureza, as pedras , ás augas...polo que se vai considerar herexe pola igrexa oficial e polo que foi axusticiado no ano 386. O seu corpo foi soterrado nalgún lugar da Gallaecia e hai quen pensa que podería ser o que está na catedral de Santiago, en lugar do paóstolo de Cristo, dado que foi obxecto de peregrinación antes de que logo no século IX comezase a xa coñecida peregrinación xacobea a Compostela.

Exeria, a primeira escritora galega que coñecemos, aínda que escribía en latín. Do século IV muller nobre que realiza unha viaxe a Xerusalén e escribe un libro relatando esta viaxe. 

O reino Suevo, o primeiro reino medieval era arriano ou versión cristiá do arianismo. Unha diferenza de crenza na que non se creía na existencia permanente da figura de Cristo.

Orosio historiador galaico que ve positiva a chegada dos Suevos á Gallaecia, na súa Historia do mundo que ía ter gran influencia no mundo filosófico do século V e pola contra o Cronicón de Hidacio, ofrece outra visión máis pesimista e negativa da mesma. Son dúas visións dun mesmo feito.

Martiño Dumio, bispo natural de Panonia que vén a Braga para combater o Priscilianismo sendo a man dereita dos reis suevos e asegurando o seu paso do arianismo ao catolicismo.

O nacemento da Compostela xacobea:

Galicia un relato do mundo I (ata a Idade Media)


Comentarios

Publicacións populares deste blog

TRADICIONAL E TROBADORESCO

COMENTAR UNHA CANTIGA MEDIEVAL

Contidos da proba da 1ª Avaliación 23/24