TOPONIMIA DE MARÍN (II): Tipos de Topónimos




Podemos establecer distintos criterios para clasificar os topónimos pola entidade (tamaño do territorio ao que se fai referencia) xa falamos de:

Macrotopónimos: Galicia, Pontevedra(provincia), Marín

Microtopónimos: Chan do Monte, A Mouta…



Algúns dos microtopónimos da parroquia de Mogor

Pero as tipoloxías máis usuais responden a:

A) Tipos de topónimos segundo o seu significado

B) Tipos de topónimos segundo á etapa ou época da súa orixe

 

A) TIPOS DE TOPÖNIMOS SEGUNDO O SEU SIGNIFICADO: Seguindo a Elixio Rivas e atendendo ao significado, usaremos a seguinte tipoloxía:

 

Oronimia ou orotopónimos: Referidos a xeografía ou forma do terreo (As Pedreiras, Arealonga, Penizas, Cantodarea, Mogor, Chan do Monte, O Montecelo, Seixo, O Tombo…)

Hidronimia ou hidrotopónimos: relacionados coa auga (Fonfría, A Lagoa, As Regueiras, Sar…)

Fitonimia ou fitotopónimos: relacionados coa vexetación (O Carballal, O Cerqueiro, O Fragueiro, O Loureiro, O Souto, O Toxal, O Xestal…)

Zoonimia ou zootopónimos: relacionados con animais (O Cabalón, O Chirléu, O Formigoso, A Moscosa, Niñada, A Toupeira…)

Antrotopónimos (etnotopónimos): Derivados de nomes de persoas, xentilicios ( Ardán, Novexil, Omil, Pidre, Marín, Mimáns, O Rial…)

Haxiotopónimos: Relacionados coa relixión (San Xián, O Santo, As Cregas, Santomé…)

Situación e aspecto: Descrición do espazo (Asperela, Branco, Cabodavila, A Costa, Redondo…)

Agrícolas e servidume: Patrimonio, oficios e usos agrícolas ou poboacionais (Agrela, Batán, A Calzada, O Campo, A Corredoira, Currás, A Pastoriza, A Pesqueira…)

 

B) TIPOS DE TOPÖNIMOS SEGUNDO A SÚA ORIXE: Seguindo a Elixio Rivas e atendendo á orixe ou etapa de nacemento, imos falar dos seguintes tipos de topónimos sen entrar a máis profundidades nesta tipoloxía realmente complexa e aberta a debates:

Topónimos segundo á etapa ou época da súa orixe antes ou despois de Roma:

 

PRERROMANOS:

a) Preindoeuropeos

b) Prerromanos

c) Proto e Precéltico

d) Ilirio (ambro-lígur)

 

POSROMANOS:

a) Latinos

b) Xermánicos (superestrato)

c) Árabes

d) Procedencia moderna

 

Características que presentan ambos grupos:

PRERROMANOS:

a) Menos abundante.

b) Rara vez conectada coa lingua actual.

c) Opaca no seu significado.

d) Cunha raíz pouco alterada e fácil de identificar.

e) Adoitan ser orónimos e hidrónimos.

 

POSROMANOS:

a) Máis abondosos

b) Máis conexión coa lingua actual

c) Un significado máis transparente.

d) Cunha raíz máis alterada e algo máis difícil de identificar.

e) Son de calquera tipoloxía, máis escasos orónimos e hidrónimos


Comentarios

Publicacións populares deste blog

TRADICIONAL E TROBADORESCO

COMENTAR UNHA CANTIGA MEDIEVAL

CONTIDOS 2ª AVALIACIÓN