Aulagalegasn é o blog da materia de galego de 3º da ESO do Colexio San Narciso
TRADICIONAL E TROBADORESCO
Obter ligazón
Facebook
X
Pinterest
Correo electrónico
Outras aplicacións
O tradicional e o trobadoresco na lírica medieval
galego-portuguesa
En Galicia, o reino medieval máis vello de Europa, temos
moitos indicios da existencia dende vello dunha tradición oral popular que
crearía cantigas entre elas un tipo de canción feminina de temática amorosa,
interpretada polas mesmas mulleres, tradición que, en boa medida, persistiu ata
os nosos días a través das cantadeiras.
Mais a literatura culta escrita en galego-portugués non comezará
ata o século XIII coa chegada da moda do Lirismo Provenzal grazas
ao Camiño de Santiago que trouxo a Compostela en peregrinación cos nobres
occitanos as ideas do amor cortés ou trobadorismo e os seus gustos poéticos.
Deste encontro entre a canción feminina tradicional e a
lírica trobadoresca da Provenza comezan a escribirse as nosas cantigas en
galego-portugués por autores galegos que tomando como modelos a lírica
tradicional oral autóctona e o trobadorismo crearán os xéneros que hoxe
coñecemos das cantigas de amigo, as de amor e as de escarnio e maldicir. Este
vai ser neste curso un dos obxectivos principais de estudo. Deberemos
distinguir nas nosas cantigas elementos tradicionais, ou autóctonos, dos trobadorescos, ou
provenzais.
O Tradicional ou autóctono:
Elementos preexistentes propios xa das cantigas anteriores á chegada da influencia trobadoresca e que logo permanecen nas cantigas de amigo sobre todo:
- Simbolismo erótico da natureza (flores, auga, arboreda...)
- Ausencia do namorado (amigo)
- Elementos formais de repetición (refrán , leixaprén)
A chegada do lirismo Provenzal e a moda do “amor cortés”:
A teoría do amor cortés chegada a Compostela dende Occitania
e Provenza (terras que hoxe son Francia) supón unha concepción platónica do
amor que naceu no século XI cos seguintes trazos:
-Total submisión do namorado á dama (de aí que se lle chame
“senhor” á namorada).
- A amada sempre está distante e é admirada pola súa
perfección física e moral (velida e fremosa)
- A distancia da namorada provoca a coita/ cuita de amor (a
queixa, a dor do namorado).
- Os namorados nobres para poderen comunicarse pasan por
varias etapas, dada a inaccesibilidade da namorada (frecuentemente é un amor
adúltero). A primeira é de suspirante (fenhedor na que non ten contacto coa
namorada, pero a desexa ver) unha segunda suplicante (precador) naque o
contacto existe, pode falar con ela para expoñer o seu amor e unha terceira e
que case nunca se dá na lírica galego-portuguesa a de entendedor e drut que son
etapas de éxito nos que a namorada corresponde ao amor.
AUTORÍA DAS CANTIGAS DE AMIGO:
eles ou elas?
Aínda hoxe, a corrente maioritaria dos estudos de
Literatura Medieval consideran que as cantigas de amigo eran obra de trobadores
homes que adoptaban nestes temas papeis femininos. No entanto, hai correntes
que apostan por considerar que os personaxes aos que se lles atribúe a autoría
destas cancións unicamente as terían interpretado e non serían os seus autores.
Ria Lemaire, especialista na relación entre literatura
oral e escrita defende que “Os trobadores non crearon as cantigas de amigo
galego-portuguesas, só foron os seus transmisores. Na realidade, estas
composicións foron un labor colectivo de mulleres no campo da literatura oral”.
Segundo as súas ideas, estes textos fundacionais das nosas letras farían parte
do noso patrimonio inmaterial.
Ampliar información sobre a autoría das cantigas de amigo: Sabías que estas cantigas poderían ser de autoría feminina? Normalmente as mulleres humildes non sabían escribir, logo quen a escribía podía asinar logo esa cantiga. De todo os xeitos coñécese un par de documentos nos qu ese citan a xograsesas Marina (Mosteiro de Caveiro) e Tereia noutro texto de Portugal.
O xénero das CANTIGAS DE AMIGO: subtipos e distinción
tradicional/trobadoresco:
As cantigas de amigo máis fieis á tradición da canción
feminina empregan cobra(estrofa) de dous versos pareados máis un refrán e
seguen un paralelismo perfecto, mesmo o leixaprén. O espazo é sumamente
importante. Escenas da vida rural na fonte, no río , ante o mar, na romaría ou
bailando coas amigas. Expresan ou ledicia polo encontro co amigo ou pena pola
ausencia deste. A paisaxe está sempre inzada de simbolismo.
Mia irmana fremosa, treides comigo
a la ygreia de Vigo, u é o mar salido.
E miraremos las ondas.
Mia irmana fremosa, treides de grado
a la ygreia de Vigo, u é o mar levado.
E miraremos las ondas.
A la ygreia de Vigo, u é o mar salido,
e verra i mia madre e o meu amigo.
E miraremos las ondas...
Un segundo tipo de cantigas que respecta o paralelismo,
lévanos a ambientes domésticos: a namorada falando coa nai ou as amigas,
achegándose a expresar con maior profundidade os estados psicolóxicos da
namorada.
Digades, filha, mía filha velida
por que tardastes na fontana fría.
Os amores ei
Digades, filha, mía filha louçana
por que tardastes na fría fontana.
Os amores ei
-Tardei, mía madre, na fontana
fría,
cervos do monte a augua volvían.
Os amores ei....
Un terceiro grupo será o que se incorpora plenamente á
estética trobadoresca, sentimentos da muller que responden ao amor cortés,
poden perder o refrán, mesmo a estrutura paralelística. Estes modelos son máis
urbanos e/ou do medio cortesán que os rurais. Uns e outros elementos poden e
adoitan aparecer mesturados nunha mesma cantiga.
A continuación podedes escoitar, Leliadoura, un exemplo
destas cantigas máis influenciadas polo amor cortés na versión moderna de
Amancio Prada dunha cantiga de Pero Eanes Solaz, na que unha namorada velida, é
dicir "fermosa" non é capaz de durmir na espera do seu amado:
Eu, velida, non dormia,
lelia doura,
e meu amigo venia,
edoi lelia doura!
Non dormia e cuidava,
lelia doura,
e meu amigo chegava,
edoi lelia doura!
O meu amigo venia,
lelia doura,
e d'amor tan ben dizia,
edoi lelia doura!
O meu amigo chegava,
lelia doura,
e d'amor tan ben cantava,
edoi lelia doura!
Muito desejei amigo,
lelia doura,
que vós tevesse comigo,
edoi lelia doura!
Muito desejei amado,
lelia doura,
que vós tevesse ao meu lado,
edoi lelia doura!
Leli, leli, par Deus, leli,
lelia doura,
ben sei eu quen non diz leli,
edoi lelia doura!
Ben sei eu quen non diz leli,
lelia doura,
demo é quen non diz lelia,
edoi lelia doura!
CUESTIÓNS PARA PRACTICAR RECURSOS A IDENTIFICAR NAS CANTIGAS DE AMIGO:
1- Proba a rematar ti a primeira cantiga: Mia irmana fremosa, treides comigo... escribindo a súa cuarta estrofa usando a técnica do leixaprén (fíxate no segundo verso da primeira estrofa que é igual ao primeiro verso da terceira, só terás que repetir o segundo verso da segunda estrofa como primeiro da cuarta estrofa e logo para o segundo verso buscar a rima e o paralelismo.
Observa un exemplo de leixaprén na seguinte cantiga:
2- Proba a rematar a segunda cantiga: Digades, filha, mía filha velida... imitando de novo os seus recursos de repetición: leixaprén e paralelismo.
3- Indica os espazos nos que se desenvolven estas cantigas. En cal destas tres composicións ten máis relevancia? En cal priman os sentimentos interiores sobre os espazos? Cal ten maior contido tradicional e cal maior contido trobadoresco? Indica sempre o por qué.
A 3ª avaliación contará cunha proba escrita na semana do 19 de maio, unha serie de comentarios de textos dos autores do Rexurdimento que realizaremos despois da proba escrita e unha lectura do Plan Lector dun texto teatral coa súa correspondente proba de comprensión e análise do texto. LITERATURA DOS SÉCULOS ESCUROS AO REXURDIMENTO. SARMIENTO No libro as páxina 214. OS PRECURSORES DO REXURDIMENTO páxina 193. Sarmiento, Xoán M. Pintos, Francisco Añón e Antonio Fdez Morales. ROSALÍA DE CASTRO no libro de texto páxinas 240, 241 e 242, ademais ler os textos dos exercicios das páxinas 243 á 247. - Estrutura e temáticas do seus libros - Lingua e estilo EDUARDO PONDAL E CURROS ENRÍQUEZ no libro de texto leremos as biografías, pero estudamos singularmente: Obra literarria, lingua e estilo. Principais eixes temáticos e ideolóxicos nas páxinas seguintes: - para Eduardo Pondal 288, 289 e 290 (ademais ler os textos dos exercicios p...
Contidos da 1ª Avaliación: 1- Lingua e sociedade : Unidade 1: Panorámica da Historia da Lingua. - As raíces da nosa lingua. - O nacemento, esplendor e decadencia medieval. - Dos Seculos Escuros ao Rexurdimento e o Nacionalismo. - Do Franquismo á actualidade 2- Literatura medieval : Unidade 2: No libro páx. 44-45. - No blog. Lírica Tradicional e Trobadoresca - Unidade 3: As cantigas de amigo no blog. e no libro páx 66, 67, 68. - Unidade 4: A cantigas de amor no blog e no libro páx.94, 95, 96 - Comentario das cantigas: Teoría (clasificación) e práctica (procurar recursos e elementos tradicionais e trobadorescos nas cantigas) Os comentarios realizados na aula serán avaliados por separado. 3- Gramática: Unidades 1 e 2 Unidades lingüísticas (Palabras e frases) páx. 14 e 15 / páx. 36-35 do libro. - Unidade 3: O substantivo. Xénero e número páx. 60, 61, 62 do ...
SARMIENTO O PRIMEIRO PRECURSOR Sarmiento foi o primeiro en darse conta e valorar este patrimonio común que conservamos e que é á vez unha das compoñentes máis significativas da nosa identidade. A fala foi durante moitos séculos un patrimonio conservado polas xentes humildes, que non sabían ler e escribir, pero eran quen de máximas como: Do mal peito, mal feito ou Das palabras non o sonido, sino no sentido . Sarmiento sería dos poucos coñecedores neses Séculos Escuros para a literatura en galego da magnífica poesía medieval en lingua galega conservada en manuscritos que tivo ocasión de consultar, por vez primeira, en Toledo. Pero tamén el foi o primeiro en compoñer á imitación do que o pobo facía o Coloquio en mil duascentas coplas galegas , que o converte no primeiro autor da Literatura galega contemporánea . TEXTO A) Na vila é costume dempois qu´a coñezco qu´os sábados todos do ano e arreo, se faga mercado mercando e vendendo mil cousas do usso con muito comerzo ...
Comentarios
Publicar un comentario