CANTIGAS DE AMOR

CANTIGAS DE AMOR: Dende a Provenza chegaron ao Reino de Galicia trobadores cantando un tipo de cantiga  "a canço" que comezaba cunha evocación á primavera e logo, posta  en boca dun home expresaba a filosofía do amor cortés, unha especie de amor idealizado onde a dama é denominada habitualmente "senhor".

Este estilo de "cantigas de amor" ao imitar á canço vida de fóra  será claramente trobadoresco ou provenzalizante, pero deixaba ás veces ver algunha influencia de elementos tradicionais autóctonos como pode ser que certas composicións leven refrán.


A teoría do amor cortés chegada a Compostela dende Occitania e Provenza (terras que hoxe son Francia) supón unha concepción platónica do amor que naceu no século XI cos seguintes trazos:

- Total submisión do namorado á dama (de aí que se lle chame “senhor” á namorada).
- A amada sempre está distante e é admirada pola súa perfección física e moral (velida e fremosa, mansa e mesurada)
- A distancia da namorada provoca a coita/ cuita de amor (a queixa, a dor do namorado).
- O tópico por excelencia desta coita é o de morrer de amor.

Sobre a distancia da namorada como consecuencia de ser unha muller casada, poden darse dende namoradas que sexan indiferentes ou un rexeitamento total. O namorada está obrigado en todo caso a ser tamén discreto, respectuoso  e mesurado. 

Estados dos namorados:
-Os namorados nobres para poderen comunicarse pasan por varias etapas, dada a inaccesibilidade da namorada (frecuentemente é un amor adúltero). A primeira é de suspirante (fenhedor) na que non ten contacto coa namorada, pero a desexa ver e prega a Deus como interlocutor que lla deixe ver. Unha segunda suplicante (precador) na que o contacto existe, pode falar con ela para expoñer o seu amor e unha terceira e que case nunca se dá na lírica galego-portuguesa a de entendedor ou drut que son etapas de éxito nos que a namorada corresponde ao amor.

Distintas partes das cantigas responderán á loanza da dama, a manifestación do amor do namorado, a reserva da dama e a coita do amor do namorado.

Tipos de cantigas de amor: de refrán ou de mestría

As cantigas de amor de refrán con influencia formal das composicións tradicionais, levan un refrán despois de cada estrofa.

As cantigas de mestría ( consideradas máis trobadorescas, é dicir, feitas a imitación dos mestres, dos trobadores da canço) non teñen refrán.


Recursos estilísticos propios das cantigas de amor. 

Dobre: repetición dunha palabra ou grupo delas en posicións simétricas dunha mesma estrofa.

Mordobre: repetición en posicións simétricas dun mesmo lexema con variacións nos morfemas flexivos ou derivativos

A finda: versos finais que se sitúan a  remate da composición como conclusión.





A tal estado m'adusse[1], senhor,               1)      conduzir, trazer
 o vosso bem e vosso parecer
que nom vejo de mi nem d'al prazer
nem veerei já, enquant'eu vivo for,
u nom vir vós que eu por meu mal vi.

E queria mia mort'e nom mi vem,
senhor, porque tamanh'é o meu mal
que nom vejo prazer de mim nem d'al,
nem veerei já, esto creede bem,
u nom vir vós que eu por meu mal vi.

E pois meu feito, senhor, assi é,
querria já mia morte, pois que nom
vejo de mi nem d'al nulha sazom
prazer, nem veerei já per bõa fé,
u nom vir vós que eu por meu mal vi,

pois nom havedes mercee de mi.

DON DINIS




O que vos nunca cuidei a dizer
com gram coita, senhor, vo-lo direi,
porque me vejo já por vós morrer,
ca sabedes que nunca vos falei
de como me matava voss'amor;
ca sabedes bem que d'outra senhor
que eu nom havia pavor nem hei.

E tod'aquesto mi fez fazer
o mui gram medo que eu de vós hei,
e desi por vos dar a entender
que por outra morria de que hei,
bem sabedes, mui pequeno pavor;
e des oimais, fremosa mia senhor,
se me matardes, bem vo-lo busquei.

E creede que haverei prazer
de me matardes, pois eu certo sei
que esso pouco que hei-de viver,
que nenhum prazer nunca veerei;
e porque sõo desto sabedor,
se mi quiserdes dar morte, senhor,
por gram mercee vo-lo terrei.


DON DINIS





A dona que eu am'e tenho por senhor
amostrade-mi-a, Deus, se vos em prazer for,
se nom dade-mi-a morte.

A que tenh'eu por lume d'estes olhos meus
e por que choran sempre, amostrade-mi-a, Deus,
se nom dade-mi-a morte.

Essa que vós fezestes melhor parecer
de quantas sei, ai Deus!, fazede-mi-a veer,
se nom dade-mi-a morte.

Ai, Deus! qui mi-a fezestes mais ca min amar,
mostrade-mi-a u possa com ela falar,
se nom dade-mi-a morte.

BERNAL DE BONAVAL

Comentarios

Publicacións populares deste blog

TRADICIONAL E TROBADORESCO

COMENTAR UNHA CANTIGA MEDIEVAL

CONTIDOS 2ª AVALIACIÓN