TIPOS DE CANTIGAS DE AMIGO


CANTIGAS DE AMIGO
Definición: Cantigas posta en boca dunha muller de temática amorosa ante a ausencia do seu amigo (namorado)

Orixe: Son as cantigas máis autóctonas ou tradicionais dentro da Lírica medieval galaico-portuguesa polo seu carácter feminino e porque unha gran parte delas se desenvolven en espazos naturais abertos (mar, romarías, fonte...). Posiblemente este tipo de cantigas con elementos formais de repetición como o paralelimo, o refrán e o leixaprén formaban parte da tradición oral galaica anterior á chegada da moda cortesá trobadoresca dende Provenza que logo foron incorporados con éxito polos autores do século XIII mesturando elementos trobadorescos relacionados coa filosofía do amor cortés. De aí que as cantigas de amigo que conservamos presentan unha mestura de elementos onde conflúen trazos tradicionais e provenzalizantes.
 Mais  debemos considerar tamén que o trobador autor ben podeían ser elas, as mulleres anónimas que por tradición oral cantaban e creaban cantigas de amigo:  Sobre a autoría das cantigas de amigo 

Tipos de cantigas de amigo: A dificultade da súa clasificación nalgúns casos, non impide establecer varios criterios para podelas agrupar en distintos subtipos:

Bailadas: Como as cantigas de amigo nas que se fai referencia a un espazo aberto e claras referencias ao baile (ambos trazos considerados tradicionais).

Bailemos nós já todas tres, ai amigas,
so aquestas avelaneiras frolidas;
e quen fôr belida, como nós, belidas,
se amig' amar,
so aquestas avelaneiras frolidas
verrá bailar.

Bailemos nós já todas tres, ai irmãas,
so aqueste ramo d' estas avelãas;
e quen fôr louçãa, como nós, louçãas,
se amig' amar,
so aqueste ramo d'estas avelãas
verrá bailar.

Por Deus, ai amigas, mentr' al non fazemos,
so aqueste ramo frolido bailemos;
e quen ben parecer, como nós parecemos,
se amig' amar,
so aqueste ramo, so l' que nós bailemos,
verrá bailar.

Airas Nunes
(Século XIII)

Barcarolas ou mariñas: Estas cantigas fan referencia clara ao mar que debe entenderse como un dos símbolos máis chamativos e tradicionais asociado á paixón amorosa.


Mia irmana fremosa, treides comigo
a la ygreia de Vigo, u e o mar salido.

E miraremos las ondas.

Mia irmana fremosa, treides de grado
a la ygreia de Vigo, u e o mar levado.

E miraremos las ondas.

A la ygreia de Vigo, u e o mar salido,
e verra i mia madre e o meu amigo.

E miraremos las ondas

A la ygreia de Vigo, u e o mar levado,
e verra i mia madre o meu amado

E miraremos las ondas.
Martín Códax

De romaría: Cantigas nas que se cita un santuario ou capela como lugar de encontro co amigo.

Eno sagrado, en Vigo,
baylava corpo velido.
Amor ei.

En Vigo, no sagrado,
baylava corpo delgado.
Amor ei.

Baylava corpo velido,
que nunca ouver' amigo.
Amor ei.

Baylava corpo delgado
que nunca ouver' amado.
Amor ei.

Que nunca ouver' amigo,
ergas no sagrad', en Vigo
Amor ei.

Que nunca ouver amado,
ergas en Vigo, no sagrado
Amor ei.


Martín Códax
Sedia-mi eu na ermida de San Simion
e cercarom-mi as ondas, que grandes son;
¡eu atendendo o meu amigo,
eu atendendo o meu amigo!

Estando na ermida, ante o altar,
(e) cercaron-mi as ondas grandes do mar;
¡eu atendendo o meu amigo,
eu atendendo o meu amigo!

E cercaron-mi as ondas, que grandes son;
non ei (i) barqueiro nen remador;
¡eu atendendo o meu amigo,
eu atendendo o meu amigo!

E cercaron-mi as ondas grandes do mar;
non ei (i) barqueiro, nen sei sei remar;
¡eu atendendo o meu amigo,
eu atendendo o meu amigo!

Non ei (i) barqueiro nen remador;
morrerei, fremosa, no mar maior;
¡eu atendendo o meu amigo,
eu atendendo o meu amigo!

Non ei (i) barqueiro, nen sei remar;
morrerei fremosa no alto mar;
¡eu atendendo o meu amigo,
eu atendendo o meu amigo!

                                     Mendinho

Estes tipos poden mesturarse nunha mesma cantiga (de romaría e bailada ou de romaría e barcarola). Ademais esa dificultade á hora de clasificar  baixo un único criterio un conxunto amplo de cantigas provoca que se engadan outros subtipos que se establecen por criterios diversos, por exemplo, atendendo á forma externa das mesmas:

- Cantigas monologadas / dialogadas. 






Ondas do mar de Vigo,
se vistes meu amigo?
E ai Deus!, se verra cedo?

Ondas do mar levado,
se vistes meu amado?
E ai Deus!, se verra cedo?

Se vistes meu amigo,
o por que eu sospiro?
E ai Deus!, se verra cedo?

Se vistes meu amado,
por que ei gran coidado?
E ai Deus!, se verra cedo?”

Martín Códax  



Fostes, filha, eno bailar
e rompestes í o brial.
Pois o namorado í ven
esta fonte seguídea ben,
pois o namorado í ven.

Fostes, filha, eno loir
e rompestes í o vestir.
Poilo cervo í ven
esta fonte seguídea ben,
poilo cervo í ven.

E rompestes í o brial
que fezestes ao meu pesar.
Poilo cervo í ven
esta fonte seguídea ben,
poilo cervo í ven.

E rompestes í o vestir
que fezestes a pesar de min.
Poilo cervo í ven
esta fonte seguídea ben,
poilo cervo í ven.

Pero Meogo (Probablemente xograr galego activo durante a segunda metade do século XIII)


-Digades, filha, mia filha velida:
porque tardastes na fontana fría?
 Os amores hei.

Digades, filha, mia filha louçana:
porque tardastes na fría fontana?
  Os amores hei.

-Tardei, mia madre, na fontana fría,
cervos do monte a augua volvían.
  Os amores hei.

Tardei, mia madre, na fría fontana,
cervos do monte volvían a augua.
 Os amores hei.

-Mentir, mia filha, mentir por amigo!
Nunca vi cervo que volvess'o río.
Os amores hei.

Mentir, mia filha, mentir por amado!
Nunca vi cervo que volvess'o alto.

  Os amores hei.

Pero Meogo


Atendendo ao contido temático hai quen tamén as clasifica segundo o tipo de amor ao que responden:
- Amor correspondido/ amor insatisfeito.

- Cantigas de cervo e fonte:

- Cantigas de alba ou alboradas (fan referencia ao desexo do encontro coa amigo al alba).

Hai que indicar que a presenza de certos aspectos narrativos como o espazo e os personaxes, confidentes da namorada son elementos destacables e permiten establecer clasificacións diversas.

Non chegou, madre, o meu amigo,
e hoj'ést'o prazo saído!
     ai, madre, moiro d'amor!

Non chegou, madre o meu amado
e hoj'ést'o prazo passado!
     ai, madre, moiro d'amor!

E hoj'ést'o prazo saído!
Por que mentiu o desmentido?
     ai, madre, moiro d'amor!

E hoj'ést'o prazo passado!
Por que mentiu o perjurado?
     ai, madre, moiro d'amor!

Por que mentiu o desmentido
pesa-mi, pois per si é falido.
     ai, madre, moiro d'amor!

Por que mentiu o perjurado
pesa-mi, pois mentiu a seu grado.
     ai, madre, moiro d'amor.

 D. Dinis.


Lembrar que aquelas cantigas de amigo que expresan en espazos domésticos a condición ou estado  físico e anímico da namorada (velida, louçana/ coitada, en gran desejo...) son trazos de carácter trobadorescos ou provenzalizantes.

Tamén hai que ter en conta a presenza ou non de recursos literarios como o refrán, o paralelismo, o leixaprén que sendo trazos tradicionais, poden estar máis ou menos presentes e mesmo desaparecer implicando unha maior influencia do trobadorismo.


CUESTIÓNS PARA CLASIFICAR CANTIGAS:

1- Intenta traducir ao galego actual as oito cantigas das que reproducimos os seus textos nesta entrada. Se tes problemas con algunha das palabras dos textos podes consultar no seguinte glosario

2- Indicar elementos nestas cantigas que contribuúan a súa clasificación como cantigas bailadas, barcarolas, de romaría, de cervo e fonte, de alba (se atendemos a súa temática), ou  monologadas e dialogadas se escollemos a súa forma externa. Tamén podemos clasificalas polo tipo de relación que se deduce do seu contido (amor correspondido ou non) . Lembra que a clasificación das cantigas adoita responder a varios subtipos á vez. 

3- Intenta finalmente traducir ao galego e unha clasificación das cantigas que non aparecen co seu texto, só como vídeo. Podes consultar os seus textos nos seguintes enlaces:
 As flores do meu amigo  Paio Gomez Chariño.

4- As cantigas seguen funcionando nos escenarios de fóra de Galicia. A cantiga de Martín Códax Ondas do mar de Vigo como outras que están escritas no Permamiño Vindel do século XIII podemos interpretalas tal e como soaban na súa época. Fíxate na que imita o son medieval que podes escoitar na versión antiga e logo compáraa coa que fixo no 2019 Amaral. Cal che gusta máis?

Comentarios

Publicacións populares deste blog

TRADICIONAL E TROBADORESCO

COMENTAR UNHA CANTIGA MEDIEVAL

CONTIDOS 2ª AVALIACIÓN