Pondal e o noso himno

 O poeta cantor do país de Breogán, o Bardo, Eduardo Pondal un dos referentes do Rexurdimento que imos estudar:

 O poeta 



EDUARDO PONDAL:

“Eu nacín cabo de pinal espeso, 

eu nacín na pequena Ponteceso”


•       Vida: (Ponteceso 1835- A Coruña 1917) fillo de fidalgos. Estuda no “Liceo de la Juventud”  en Santiago qu eo pon en contacto coa intelectualidade progresista de Galicia,  Aurelio Aguirre, Murguía  e Rosalía participando do Banquete de Conxo (confraternización entre estudantes e artesáns) Pondal naceu en Ponteceso o 8 de febreiro de 1835.

En 1856 asiste ao Banquete do Conxo. En 1860 remata os seus estudos de Medicina e en 1862 aparece no Álbum de la Caridad o seu primeiro poema galego: A campana de Anllóns.

En 1863 ingresa no Corpo de Sanidade Militar, que deixa ao pouco tempo, abandonando a medicina para se dedicar só á poesía.

•       En 1867 coñece, por medio de Murguía, os poemas ossiánicos de James Macpherson. A partir de aquí, Galicia empezará a ser o eixe da súa poesía e el converterase no bardo do pobo galego.

Na Cova Céltica, Pondal era considerado o Bardo, pois estes homes compartían o amor á fala e a cosmovisión poética de Pondal.

•        Publica pouco polo seu afán perfeccionista. En 1886 publica Queixumes dos pinos, colección de 21 poemas que están escritos todos en galego agás dous deles.

•       Outra obra de Pondal é Os Eoas que é un poema épico no cal se enxalza a conquista de América por parte do pobo ibérico, unha versión de Os Lusíadas de Camoens, pero acorde coas correntes masónicas pregaleguistas polo que se resiste a publicala. Pondal morre no ano 1917 na Coruña.

 

Características  temáticas da súa poesía

Poesía cívica- patriótica:

•       Ossianismo: Copia de Macpherson o sentimento da Terra unido ao heroico

A partir do descubrimento, en 1867, dos poemas de Ossián (falso poeta celta do século III, creado polo poeta prerromántico Macpherson, no século XVIII), Pondal xirará en torno a un único tema central na súa produción poética: Galicia é a patria celta e el o bardo, o poeta da patria galega, autoenxalzado como home superior ao resto da tribo, pois el é a consciência.

•       Bardismo: El é un vate memoria do pasado e que dirixe ao pobo no “despertar” un camiño superador do presente cara a un futuro glorioso.

•       Helenismo: Ton épico e referencias a virilidade rexa e forte espartana)

•       Celtismo: Introduce a Breogán e os topónimos célticos como heroes., referentes do pasado heroico de Galicia.

 

Poesía Lírica: Dúas liñas percibimos nesta temática

•      A natureza: Cargada de simbolismo e evocación da paisaxe de Bergantiños

*   Machismo: Insiste a cousificación da muller como presa do home e a súa debilidade.



 O Galego e o estilo de Pondal:

•       O galego era para el a lingua antiga que revelaba o pasado e a natureza. A lingua da Galicia celta, da que non coñecía o cristianismo, da anterior á romanización, da Galicia rústica onde a paisaxe e os seres que a poboaban cobran vida propia.

•       Ademais esta lingua antiga é o escudo contra o avance do castelán e o maior sinal de identidade do pobo galego, porque é o elo que une a Galicia co seu pasado máis nobre. Como lingua de Breogán, o galego de Pondal, sostén X. L. Méndez Ferrín, practica a virtude dunha dición rigorosa e sabia, divórciase das formas lingüísticas máis familiares, arróupase brillantemente de cultismos, procura perífrases clásicas…

•       Teñen un fondo clásico:  O abundante uso de cultismos, a ansia de perfeccionismo estilístico, os moldes versificadores, o modelo épico, o ton asseverativo, os epítetos e o uso das esdrúxulas, ademais do tratamento do mundo rural, o tratamento da muller…

 TEXTOS DE PONDAL

OS PINOS, o  poema que  logo foi o Himno Galego.

O noso himno

Outros textos.

Comentarios

Publicacións populares deste blog

TRADICIONAL E TROBADORESCO

COMENTAR UNHA CANTIGA MEDIEVAL

CONTIDOS 2ª AVALIACIÓN