E CHEGARON AS LETRAS DO 2024: LUÍSA VILLALTA
Todo o que conmove, transforma...
... poesía, un ruído provocado, un rito de resistencia
ACTIVIDADES: REALIZAR UNHA BIOGRAFÍA DE LUíSA VILLALTA usando dúas referencias iniciais e un complemento (os seus propios textos):
1- A EXPOSICIÓN: LUISA VILLALTA, DÍA DAS LETRAS DO 2024. Ler os 10 paneis e ir anotando datos necesarios para esa vida e obra da autora.
2- O SETESTRELO. Analizando a través de sete conceptos a súa pegada.
3- SELECCIÓN DE VERSOS E TEXTOS DE LUíSA VILLALTA
“Nacín enfronte de min mesma
cando a Pescadería era un leito de sereas”
“E falo tamén dos xardíns que organizan
estratexias
para que a nena que aínda teño de chegar a
ser
desconfíe dos lugares abertos
que non teñen saída...”
“Faga o que faga algo me lembra sempre que
son unha muller”
"Mírame, mírate, mírame en ti
e escólleme para soñarte."
“Destes nosos corpos, o único que somos”
“A inmensidade do espazo que temos para
voar”
"O feminismo ten un campo de análise e
actuación renovado na medida en que parte da súa mensaxe está a ser reutilizada
como un novo meio de aclimatar unha nova feminidade, isto é, mudar o necesario
para que nada mude.”
“Desta idade media burguesa que me separa
do coñecimento e intenta dirixirme á trapela do bon gosto”.
“Formalmente libres pero substancialmente
impotentes até a exasperación”
“ A
música que brota como río da existencia”
“O estado de conciencia a que me refiro
parte en min da interpretación musical (...) A melodía que soa no violino xorde
dun acto continuo da vontade (...) Desta mesma vontade nace a palabra”.
“Un día saín do meu violino, lembro, e
enxordecín a escala da corda por lle facer nós de palabras que me permitisen
baixar aos camiños”.
“A poesía, un camiño de coñecemento”
“Baixei os sonidos ao silencio da
necesidade e púxenme a escoitar.
Quixen traer a poesía ao chan e edificar a
memoria de promisión de que falan
os soñadores corazóns que me rodean na
Historia.
Procurei a concreción.”
“Restituír a primitiva unidade da música e
a poesía desenvolvendo un punto de vista inédito na interpretación dos textos
literarios”
“Ao outro lado da música, a poesía”
“Haberá poesía en que salvar-se?”
“Isto
é poesía, un ruído provocado”
“Isto é tamén unha muller que resiste”
PARA AFONDAR: Só para quen queira profundar e saber máis sobre a obra de Luísa Villalta e a súa compoñente feminista:

.jpeg)
Comentarios
Publicar un comentario