Proposta de lectura para a 2ª e 3ª avaliacións

A adolescencia é unha etapa crucial xa que nesta banda de idade é cando se produce a opción lingüística que logo tenderá a perpetuarse. Van dedicadas estas páxinas a vós rapaces e rapazas da ESO. Trátase dun texto que procura combater as simplificacións e os prexuízos vixentes aínda no século XXI, opinións lingüísticas baseadas en xuízos erróneos de poderosa inercia que malia estaren superadas, demostrada a súa falsidade, seguen tendo un eco notable na opinión pública de hoxe, especialmente entre os sectores máis novos da sociedade, unha das razóns da perda de falantes entre a mocidade. O futuro do galego está na xente nova, sodes os falantes do mañá, a continuidade da lingua está condicionada porque a acollades conservedes e usedes libres de simplificacións e prexuízos.

As ideas e opinións sobre a lingua galega que temos os galegos son moi variadas. Tamén é verdade que moitas veces as opinións que posuímos non son nosas, son prestadas. Adoptamos a que soe ser maioritaria ou que cremos que comparten a maioría das persoas (se todos pensan así, debe ser o correcto).Iso afórranos traballo.  Pero coidado, porque iso pódenos enganar moi facilmente, adoptar unha opinión que cremos maioritaria non é garante de que sexa certa e nin tan sequera opinión da maioría (durante cantos séculos se pensou que a terra era plana?).

Este libro repara na importancia de convidar á reflexión. a pensar honradamente sobre o galego, esperando que nestas páxinas descubras elementos que che permitan crear unha opinión propia, túa, sen simplificacións , sen prexuízos sobre a lingua galega.

PREGUNTAS SOBRE O LIMIAR, Capítulo 1 e 2:

1-No primeiro capítulo na procura da verdade que se pretende combater: As _____________
2- Que tipo de exercicios usa o autor para axudar a evitalas?
3- Outro problema que se pretende resolver dende o inicio é a influencia das distorsións sobre a realidade. Con que exercicio intenta axudar a superar este problema? Cres que é válido este método?
4- No capítulo segundo debes cubrir un pequeno recadro que aparece na páxina 29 antes de seguir lendo.
5- Despois de ler o capítulo podes ir respondendo en base a ese cadro as seguinytes cuestións:
 - Que teñen en común as linguas da primeira columna? e que comparten as da segunda?
6- Como se orixinaron as palabras bárbaro e bérbere?  Cal é a etimoloxía da palabra algarabia?
7- Lembras algunha pelícual , ademas da que se comenta na lectura, onde existan prexuízos lingüísticos evidentes? Explica polo menos un caso.

Comentarios

Publicacións populares deste blog

CONTIDOS 1ª Avaliación

CONTIDOS DA 2ª Avaliación

PROBA DE RECUPERACIÓN DE XUÑO